Matt Harding é un estadounidense de Seattle de 31 anos. Un bo día decidiu abandonar o seu traballo como programador de videoxogos en Brisbane (Australia) e gastar todo o diñeiro que gañara en dar a volta ao mundo. No camiño coñeceu un compañeiro de viaxe coa que facía un baile apto para torpes. Este amigo suxeriulle que gravase o seu baile. E iso foi o que fixo. Matt decidiu inmortalizarse coa súa cámara de vídeo facendo o seu peculiar baile diante dos monumentos que foi visitando. Cando chegou á súa casa montou o vídeo e colgouno en Internet. O resultado foi un éxito irresistible. Miles de persoas metéronse en Youtube para ver o extravagante bambeo das súas cadeiras
Fran Piñeiro, mestre do Colexio do Chouzo, baseándose en Matt Harding, foi capaz de facer bailar toda unha comunidade educativa con este "baile da amizade".
O único obxectivo de Fran facendo este video foi arrancar un sorriso a todos os que o viron, aínda que eu creo que hai outros obxectivos moito máis profundos. Parabén Fran por ser capaz de poñer de acordo a todos e todas.
http://chouzouno.blogspot.com/
1 comentario:
Fantástico!! Unha idea "copiable". Pode ser unha boa terapia para o estressssss, á par que unha divertida maneira de facer algo xuntos.
(Xa me imaxino a Ubaldo, Vicente, Carlos, Toniño e Alfonso facendo o "baile do ciclista" : MEMORABLE!!!)
Publicar un comentario