Como nestes dous últimos anos a Circular 18/2007 marca as liñas prioritarias de actuación do Plan Anual de Orientación:
- Actuación referidas á actualización e elaboración dos distintos documentos que integran os distintos documentos que integran o Proxecto Educativo do Centro
- Actuacións propias da Orientación Educativa
Como actuacións propias da Orientación Educativa a Circular prioriza:
- Promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflictos
- Desenvolvemento do Plan de acción titorial
- Atención a toda a diversidade presente no Centro
- Actuacións que promovan unha maior participación e implicación das familias na vida do centro
- Propostas de medidas encamiñadas a diminuír o absentismo escolar
- Formación permanente, investigación e innovación
Como obxectivos xerais marcamos:
1 Obxectivos referidos ó Centro:
a) Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa.
b) Cooperar co Equipo directivo e profesorado
c) Colaborar na revisión dos PEC, PCC.
2 Obxectivos referidos ó profesorado:
a) Apoiar a actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos, medios materiais, didácticos e estratexias metodolóxicas que poidan favorecer o seu labor docente e titorial.
b) Coordinar a actuación do profesorado titor e a profesora de apoio a necesidades educativas especiais, de cara a dar resposta as NEE do alumnado.
c) Colaborar na resolución das necesidades que teñan os/as titores/as para levar a cabo a función titorial.
3 Obxectivos referidos ó alumnado:
a) Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con necesidades educativas especiais, concretando as pautas de actuación e medidas para a súa atención
b) Contribuír á personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe (medidas de atención á diversidade)
c) Procurar a integración e normalización do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar
d) Desenvolver programas de adquisición de estratexias de aprendizaxe, incardinadas no propio currículo.
e) Fomentar no alumnado as actitudes cooperativas.
4 Obxectivos referidos á familia:
a) Proporcionarlles información referente ó Centro, á educación dos seus fillos e o DO.
b) Informar e asesorar as familias do alumnado con n.e.e.
c) Favore-la comunicación familia-colexio para intercambiar inquedanzas e buscar solucións conxuntas, despois dunha actitude reflexiva.
d) Potencia-la participación dos pais/nais nas actividades do Centro.
Si queres velo documento completo pica en:
4 comentarios:
No logro ver el documento, ¿qué ocurre?
Agora débese ver. Un saúdo. Ubaldo
OK! Gracias.
Hola Ubaldo. Me llamo Andrés y soy compañero de tu mujer. Si quieres ver mi web es http://www.freewbes.com/maestroandres
Si tienes algún niño de altas capacidades avísame que estoy haciendo la tesis en ese tema.
Saludos Andrés
Publicar un comentario