miércoles, 25 de noviembre de 2009

Nenos sobreprotexidos

Ultimamente están acudindo moitas nais ao meu despacho que sobreprotexen aos seus fillos ou fillas.
Pero que é un pai ou nai sobreprotector.
Déixovos un pequeno resumo de http://www.youtube.com/user/hectoramadormatehual e un vídeo dun programa de televisión da República Dominicana, que aínda que ten algún ton machista, dános bastantes claves sobre este tema

"Os pais sobreprotectores son aqueles que se pasan horas cavilando e preocupándose dos seus fillos. Non é necesariamente consentir a un fillo, é unha implicación emocional intensa e excesiva, e que, ademais, leva á necesidade de controlar ao fillo. Todo isto leva a unha dependencia tanto dos pais cara aos fillos como dos fillos cara aos pais, aínda que aparentemente poida parecer unha relación estupenda, isto pode traer graves problemas no futuro dos fillos, que se manifestará de forma palpable na súa idade adulta, aínda que ninguén saberá cales foron as causas desas características, que poden chegar a converterse en problemas de personalidade"

Os pais pensan que amar, é facer o camiño máis fácil aos fillos, cando en realidade ademais de amor os nenos necesitan:
  • Adaptación e recoñecemento do que realmente son
  • Respecto e tolerancia das súas ideas e sentimentos
  • Liberdade para tomar decisións
  • Apontoar as calidades e aceptar as limitacións
  • Potenciar a creatividade
  • Sentimento de contribuír a facer algo
  • .....

¿Que leva a un pai a sobreprotexer ao seu fillo?

  • Para apoiar a súa propia autoestima: unha persoa que nunca se sinte ben consigo mesmo intenta compensarse demostrando que pode ser un bo paai ou unha boa nai
  • Compensar unha privación anterior: unha típica frase "non quero que o meu fillo sufra todo o que eu sufrín"
  • Aliviar a culpa: as veces as fustracións do neno levan aos pais a revivir os seus propios fracasos e tratan de evitar esas frustracións ao neno
  • "Dar" para encher o vacio interior. Moitas veces matrimonios que fracasan vólcanse nos seus fillos para darlles todo aquelo que lles falta ou lles faltou na súa infancia
  • Para compensar a ausencia do outro pai. Un dos pais pode ser alcohólico, estar enfermo, ser indiferente, tratar mal ao neno, ...entón o outro sentese culpable e teme que o neno creza con problemas emocionais se esta falta non é compensada
  • Dar para compensar a propia ausencia. Os pais están moi ocupados no traballo e pasan pouco tempo na casa; para compensar esta ausencia os colman de agasallos e conséntenlles en exceso
  • Dar a cambio do comportamento do neno. Cada vez que o neno ten unha rabecha, para tranquilizalos e non escoitalos conséntelle o que quere. Así o neno aprende a cambiar o seu comportamento a cambio de subornos e aprende a manipular aos seus pais; cada vez as rabechas serán máis grandes para conseguir máis.

Se un neno sofre enfermidade, discapacidade ou calquera outro problema non é razón para pensar que hai que actuar con el de forma diferente, porque independentemente do problema que o neno sufra, pode levar unha vida saudable, conseguir a súa independencia e autonomía como outro neno calquera



No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.