Sabemos o que queremos, pero ¿como conseguimos que sexa aceptado por todos?, ¿que podemos facer para que se converta realmente nunha norma?
Na maioría dos casos as normas non se cumpren por algunha das seguintes causas (ou por varias delas):
- Porque non houbo consecuencias positivas nin negativas. Imaxínate que dinche no teu traballo que non se pode fumar. Acendes o primeiro cigarro e ninguén te di nada. ¿Que fas coa norma? Esquecela e seguir como ata ese momento.
- Porque os modelos de referencia non as cumpren. Supón que na túa casa establecedes a norma de que hai que ducharse todos os días, pero ti non o fas. Para os teus fillos deixará de ser unha norma porque alguén tan importante como a túa nai non acumpre.
- Porque hai unha contradición entre normas. Se a túa parella di que na casa non se berra, pero ti falo continuamente, ou se ti decides que hai que comerse todo o do prato, pero a túa parella retírallo cando o neno di que non quere máis, entón non existe unha norma clara, polo que deixará de ter efecto sobre o teu fillo.
- Porque a norma é inconsistente, é dicir, só hai que cumprila en determinados casos. Como agora estou cansa para insistir, permito que o meu fillo se levante da mesa; pero mañá non o deixo erguerse ata que non o coma todo. Esta inconsistencia ensina ao neno que as normas non son importantes, porque todo depende de como se encontren papá ou mamá nese momento.
O teu fillo debe saber que as normas axudan porque:.
- Facilitan a convivencia.
- Permiten que nos levemos ben e que non haxa discusións.
- Axúdannos a crecer e a facernos maiores.
- Déixannos tempo para facer cousas divertidas.
Los niños vienen sin manual de instrucciones. Montserrat Giménez
No hay comentarios:
Publicar un comentario