Mostrando entradas con la etiqueta test. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta test. Mostrar todas las entradas

viernes, 11 de junio de 2010

Resultados das probas do alumnado de 2º, 4º e 6º

O pasado mes de maio aplicámoslle ao alumnado de 2º, 4º e 6º  unha proba (BADyG) que intenta medir as aptitudes, tanto xerais como diferenciais, dos nenos e nenas.


O vindeiro martes 15 de xuño, no salón de actos do colexio, explicaremos en que consistiu a proba e que aptitudes xerais e diferenciais miden, para poder así entender os resultados que obtiveron os nosos fillos.

O horario da reunión será:
  • Segundo................16,30 horas
  • Cuarto...................17 horas
  • Sexto.....................17,30 horas
Os resultados só se darán, en sobre pechado, aos pais ou nais que acudan á reunión-explicativa.

QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?

  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.
QUE NON É CONVENIENTE FACER
  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.
¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?
  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.
Para ver máis información das probas:

lunes, 25 de enero de 2010

¿Sabes poñer límites aos teus fillos?

Da páxina psicoactiva.com os deixo este test para realizar on line e e comprobedes se sabedes poñer límites aos vosos fillos

miércoles, 6 de mayo de 2009

Text de expresión facial de Paul Ekman

Paul Ekman creou unha proba rápida para identificar as emocións na expresión facial.
Este investigador das emocións desenvolveu un método a través do estudo do movemento muscular do rostro para detectar emocións, estados afectivos e mesmo mentiras nas persoas. Este test rápido de expresión facial está baseado no xa famoso programa METT "Micro Expresion Training Tool".

Instrucións:
  1. Dálle click a un dos números que aparecen na pantallita para ver imaxes de persoas.

  2. Estas imaxes cambiarán rapidamente mostrando unha expresión.

  3. Unha vez que se presentou esta expresión, debes darlle click á palabra que segundo ti, describe a expresión mostrada pola persoa.

  4. Estas son as opcións (por se non entendes inglés):

Fear = Medo

Sad = Tristura

Disgust = Desgusto

Angry = Anoxo

Contempt = Desprezo

Surprise = Sorpresa

Happy = Felicidade

Se non lle atinas, podes elixir outra ata que acertes

Este é o enlace : http://www.cio.com/article/facial-expressions-test


Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.