Mostrando entradas con la etiqueta Normas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Normas. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de noviembre de 2009

Por que non cumpren as normas?

A maioría de nós ten moi claro como queremos que se funcione na casa. Non desexamos berros, nin pelexas, nin que se tiren as cousas, nin que haxa que estar detrás de todo o mundo recordándolle o que ten que facer...

Sabemos o que queremos, pero ¿como conseguimos que sexa aceptado por todos?, ¿que podemos facer para que se converta realmente nunha norma?

Na maioría dos casos as normas non se cumpren por algunha das seguintes causas (ou por varias delas):
  • Porque non houbo consecuencias positivas nin negativas. Imaxínate que dinche no teu traballo que non se pode fumar. Acendes o primeiro cigarro e ninguén te di nada. ¿Que fas coa norma? Esquecela e seguir como ata ese momento.

  • Porque os modelos de referencia non as cumpren. Supón que na túa casa establecedes a norma de que hai que ducharse todos os días, pero ti non o fas. Para os teus fillos deixará de ser unha norma porque alguén tan importante como a túa nai non acumpre.

  • Porque hai unha contradición entre normas. Se a túa parella di que na casa non se berra, pero ti falo continuamente, ou se ti decides que hai que comerse todo o do prato, pero a túa parella retírallo cando o neno di que non quere máis, entón non existe unha norma clara, polo que deixará de ter efecto sobre o teu fillo.

  • Porque a norma é inconsistente, é dicir, só hai que cumprila en determinados casos. Como agora estou cansa para insistir, permito que o meu fillo se levante da mesa; pero mañá non o deixo erguerse ata que non o coma todo. Esta inconsistencia ensina ao neno que as normas non son importantes, porque todo depende de como se encontren papá ou mamá nese momento.

O teu fillo debe saber que as normas axudan porque:.

  • Facilitan a convivencia.

  • Permiten que nos levemos ben e que non haxa discusións.

  • Axúdannos a crecer e a facernos maiores.

  • Déixannos tempo para facer cousas divertidas.

Los niños vienen sin manual de instrucciones. Montserrat Giménez

domingo, 14 de diciembre de 2008

A NECESIDADE DE POÑER NORMAS

Os nosos fillos necesitan pautas e normas para sentirse seguros. Os pais, actualmente, sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir entre seguir a propia intuición, os modelos en que fomos educados e os exemplos que se ven noutros pais e nos medios de comunicación. O resultado é un comportamento contradictorio; resúltanos difícil esixir aos nosos fillos que cumpran coas normas e pautas polas seguintes razóns:
  • Asústanos defraudalos.
  • Non sabemos ou non queremos dicir "non".
  • Non os queremos frustrar,... "xa sufrirán cando sexan maiores".
  • Preocúpanos ser considerados autoritarios.
  • Non queremos que sufran o que nós sufrimos.
  • Compensamos a falta de tempo e dedicación cunha actitude indulxente (e culpable).
  • Temos medo ao conflito e ás súas malas caras
  • Parécenos que actuamos con egoísmo se impoñemos normas que nos faciliten a vida.

A educación perfecta non existe, sobre todo se a consideramos como un conxunto de normas utilizadas como unha receita; non hai un neno igual a outro nin sequera na mesma familia, así que máis que fórmulas estándar, podemos dispoñer de guías para orientarnos en situacións diversas.

É importante que os fillos teñan a oportunidade de ver que na casa hai outras necesidades: que traballan ou repousan. Teñamos presente algo importante, como reflexión final: esta é a única infancia que terán os seus fillos.

  • É importante ser espontáneos, a intuición é necesaria porque son os propios pais os que coñecen mellor aos seus fillos e o modo de axudarlles.
  • A nosa empatía, capacidade para poñernos no seu lugar, permítenos entender os motivos que eles teñen para actuar e reaccionar nunha determinada situación e, dende aí, podemos ensinarlles modos de afrontala. E tamén lles ensinamos iso tan importante para a súa vida que é saberse poñer no lugar do outro.
  • A coherencia é tamén moi importante porque un ten que crer aquilo que quere ensinar. A contradición entre o que se di e o que se fai invalida a norma que ou ben non se cumpre ou leva á mentira.
  • Por iso é tan importante que os pais actúen con seguridade e sen contradicións. É sobre todo cun estilo de comportamento co que os fillos se identifican e ao que imitan. A norma concreta pode ser máis ou menos discutida se se lle transmite unha forma de ser responsable e honesta.
  • Non se trata de adestralo, convertelo en algo que desexamos, terá máis éxito se o axudamos a descubrir as súas capacidades, personalidade,..., e el tamén.
  • Os castigos, en xeral, teñen poucos resultados, sobre todo as humillacións. Un neno criado nun ambiente de discusións, berros, pelexas, pode que reproduza o que viviu. Os castigos en forma de malos tratos físicos ou verbais, converten o neno nunha persoa agresiva ou, no outro extremo tamén insán, en alguén temeroso con serias dificultades para convivir.

Resumo do artigo de Javier Rodríguez publicado Instituto Superior de Formación y Recursos en Red

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.