*A necesidade específica de apoio educativo derivada de minusvalidez ou trastornos graves de conduta ten que estar acreditada por algunha das seguintes vías:
- Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maior e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma.
- Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente.
- Certificado de minusvalía.
- Ensino: ata 862,00 euros.
- Transporte escolar: ata 617,00 euros.
- Comedor escolar: ata 574,00 euros.
- Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
- Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
- Transporte urbano: ata 308,00 euros.
- Libros e material didáctico:
- Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, e Formación para a transición á vida adulta: ata 105,00 euros.
- Resto de niveis do ensino postobrigatorio: ata 204,00 euros.
- Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: a que en cada caso se fixe como necesaria e suficiente, en aplicación das regras do apartado 6 do presente artigo, cun límite máximo de 913,00 euros para cada unha delas.
*As axudas de ensino teñen por obxecto o pagamento dos gastos que ocasionen a inscrición e asistencia do alumno a un centro, e non poderán concederse cando as unidades ou seccións do devandito centro estean atendidas por profesorado dependente das administracións educativas ou sexan sostidas con fondos públicos. (no noso centro non se poden pedir)
*Poderán concederse axudas para transporte urbano, cando así se xustifique polo tipo de deficiencia do alumno e a distancia do domicilio familiar ao centro educativo.
*As axudas de residencia unicamente se concederán para alumnos que fagan uso deste servizo, e son incompatibles coas axudas de comedor e de transporte.
*As axudas de trasporte escolar non se poden pedir xa que o temos gratuito
*As axudas de comedor escolar se poden pedir
*Para a asignación das axudas de reeducación pedagóxica ou da linguaxe, que serán compatibles coas demais, observaranse as seguintes regras:
- Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa que se considere necesaria para a súa corrección, a duración previsible da asistencia e as condicións que garantan a súa prestación.
- Certificación expedida polo inspector da zona ou do equipo de orientación dependente das administracións educativas no que se indique a necesidade de recibir estes tratamentos ademais da atención pedagóxica proporcionada polo centro no que está escolarizado. (encárgase o colexio)
- Certificación acreditativa do custo do servizo expedida polo centro ou reeducador que o preste. (O firma o Gabinete)
No hay comentarios:
Publicar un comentario