jueves, 17 de junio de 2010

Coñecendo o instituto


Hoxe, o alumnado de sexto foi ao IES de Beade onde cursarán o próximo ano primeiro da ESO.

Fomos camiñando dende o noso colexio e ás 10,30 chegamos ao IES onde nos xuntamos co alumnado de Coutada-Beade, Sárdoma e Mestres Goldar que tamén estarán o próximo ano neste instituto.

No salón de actos esperábannos antigos alumnos destes centros, a orientadora e o director do IES.

Despois das pertinentes presentacións os alumnos bombardearon os membros da mesa a preguntas que contestaban amablemente e cando había dúbidas era ou o director ou a orientadora os que respondían aos rapaces

Unha vez respondidas todas as dúbidas dos alumnos dividímonos en dous grupos e pasamos a coñecer as instalacións: a cafetaría, a clase de educación física, o pavillón de deportes, a aula de informática, a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o laboratorio de química e algunha máis que seguro que se me esquece.

Antes de regresar, compartiron o recreo das 12 co alumnado do IES.

Unha visita que realizamos todos os anos e que axuda aos nenos e nenas de sexto a perder o medo do paso ao instituto.

Picar na imaxe para coñecer cousas sobre o IES de Beade

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.