domingo, 14 de diciembre de 2008

A NECESIDADE DE POÑER NORMAS

Os nosos fillos necesitan pautas e normas para sentirse seguros. Os pais, actualmente, sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir entre seguir a propia intuición, os modelos en que fomos educados e os exemplos que se ven noutros pais e nos medios de comunicación. O resultado é un comportamento contradictorio; resúltanos difícil esixir aos nosos fillos que cumpran coas normas e pautas polas seguintes razóns:
  • Asústanos defraudalos.
  • Non sabemos ou non queremos dicir "non".
  • Non os queremos frustrar,... "xa sufrirán cando sexan maiores".
  • Preocúpanos ser considerados autoritarios.
  • Non queremos que sufran o que nós sufrimos.
  • Compensamos a falta de tempo e dedicación cunha actitude indulxente (e culpable).
  • Temos medo ao conflito e ás súas malas caras
  • Parécenos que actuamos con egoísmo se impoñemos normas que nos faciliten a vida.

A educación perfecta non existe, sobre todo se a consideramos como un conxunto de normas utilizadas como unha receita; non hai un neno igual a outro nin sequera na mesma familia, así que máis que fórmulas estándar, podemos dispoñer de guías para orientarnos en situacións diversas.

É importante que os fillos teñan a oportunidade de ver que na casa hai outras necesidades: que traballan ou repousan. Teñamos presente algo importante, como reflexión final: esta é a única infancia que terán os seus fillos.

  • É importante ser espontáneos, a intuición é necesaria porque son os propios pais os que coñecen mellor aos seus fillos e o modo de axudarlles.
  • A nosa empatía, capacidade para poñernos no seu lugar, permítenos entender os motivos que eles teñen para actuar e reaccionar nunha determinada situación e, dende aí, podemos ensinarlles modos de afrontala. E tamén lles ensinamos iso tan importante para a súa vida que é saberse poñer no lugar do outro.
  • A coherencia é tamén moi importante porque un ten que crer aquilo que quere ensinar. A contradición entre o que se di e o que se fai invalida a norma que ou ben non se cumpre ou leva á mentira.
  • Por iso é tan importante que os pais actúen con seguridade e sen contradicións. É sobre todo cun estilo de comportamento co que os fillos se identifican e ao que imitan. A norma concreta pode ser máis ou menos discutida se se lle transmite unha forma de ser responsable e honesta.
  • Non se trata de adestralo, convertelo en algo que desexamos, terá máis éxito se o axudamos a descubrir as súas capacidades, personalidade,..., e el tamén.
  • Os castigos, en xeral, teñen poucos resultados, sobre todo as humillacións. Un neno criado nun ambiente de discusións, berros, pelexas, pode que reproduza o que viviu. Os castigos en forma de malos tratos físicos ou verbais, converten o neno nunha persoa agresiva ou, no outro extremo tamén insán, en alguén temeroso con serias dificultades para convivir.

Resumo do artigo de Javier Rodríguez publicado Instituto Superior de Formación y Recursos en Red

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.