viernes, 16 de octubre de 2009

Economía de fichas

No blog "En la escuela caben todos" escriben sobre a "economía de fichas". A economía de fichas é un sistema de reforzo positivo para cambiar a conduta dos nenos; en moitas ocasións o recomendo ás nais e ás mestras, tendo unha alta porcentaxe de éxito.

Case todas as nais xa oiron falar deste sistema gracias ao programa de TV "supernani" pero necesitan unha serie de explicacións para levalo adiante con certas garanías de éxito

Se queres visitar a páxina "En la escuela caben todos" pica na imaxe

Se queres coñecer máis sobre cambio de conduta pica no enlace seguinte:

http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_43v3c6vg2g

miércoles, 14 de octubre de 2009

Autonomía e hábitos

A autonomía ten moito que ver coa madurez persoal e é determinante no comportamento en diferentes situacións escolares, familiares ou sociais ao longo da vida do individuo.

A autonomía posibilita que o individuo tome decisións e resolva de forma activa os requirimentos e as esixencias coas que se encontra, baseándose na análise da realidade e dos factores que a determinan.

A autonomía non se logra só cos hábitos, xa que existen persoas que, sen ter uns hábitos nas idades correspondentes, a partir de certa idade teñen autonomía e son capaces de tomar decisións e resolver calquera situación que se lles presente.

Tampouco se pode dicir que os hábitos garantan o proceso madurativo e a adquisición absoluta da autonomía en todos os seus aspectos xa que, ademais das variables ambientais, coa idade, o individuo chegará a asumila ou rexeitala

O que se pode afirmar é que, dende as primeiras idades, a autonomía é un factor favorecedor da madureza persoal, que permite previr posibles dificultades e inadaptacións, e que os hábitos constitúen un elemento positivo e, pola súa cotianidade, un aspecto educativo que é imprescindible abordar e cuxas repercusións en todos os casos serán positivas

COMELLAS, M.J. Los hábitos de autonomía. Proceso de adquisición. Ceac.2002

viernes, 9 de octubre de 2009

Plan Anual de Orientación para o curso 09-10

Como nestes dous últimos anos a Circular 18/2007 marca as liñas prioritarias de actuación do Plan Anual de Orientación:

  1. Actuación referidas á actualización e elaboración dos distintos documentos que integran os distintos documentos que integran o Proxecto Educativo do Centro
  2. Actuacións propias da Orientación Educativa

Como actuacións propias da Orientación Educativa a Circular prioriza:

  • Promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflictos
  • Desenvolvemento do Plan de acción titorial
  • Atención a toda a diversidade presente no Centro
  • Actuacións que promovan unha maior participación e implicación das familias na vida do centro
  • Propostas de medidas encamiñadas a diminuír o absentismo escolar
  • Formación permanente, investigación e innovación

Como obxectivos xerais marcamos:
1 Obxectivos referidos ó Centro:
a) Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa.
b) Cooperar co Equipo directivo e profesorado
c) Colaborar na revisión dos PEC, PCC.
2 Obxectivos referidos ó profesorado:
a) Apoiar a actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos, medios materiais, didácticos e estratexias metodolóxicas que poidan favorecer o seu labor docente e titorial.
b) Coordinar a actuación do profesorado titor e a profesora de apoio a necesidades educativas especiais, de cara a dar resposta as NEE do alumnado.
c) Colaborar na resolución das necesidades que teñan os/as titores/as para levar a cabo a función titorial.
3 Obxectivos referidos ó alumnado:
a) Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con necesidades educativas especiais, concretando as pautas de actuación e medidas para a súa atención
b) Contribuír á personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe (medidas de atención á diversidade)
c) Procurar a integración e normalización do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar
d) Desenvolver programas de adquisición de estratexias de aprendizaxe, incardinadas no propio currículo.
e) Fomentar no alumnado as actitudes cooperativas.
4 Obxectivos referidos á familia:
a) Proporcionarlles información referente ó Centro, á educación dos seus fillos e o DO.
b) Informar e asesorar as familias do alumnado con n.e.e.
c) Favore-la comunicación familia-colexio para intercambiar inquedanzas e buscar solucións conxuntas, despois dunha actitude reflexiva.
d) Potencia-la participación dos pais/nais nas actividades do Centro.

Si queres velo documento completo pica en:

Plan de Orientación 09-10

viernes, 2 de octubre de 2009

Recomendacións para pais e nais de nenos e nenas movidos


RECOMENDACIÓNS PARA DAR INSTRUCIÓNS

a. Manter contacto visual

b. Dar instrucións claras e concisas

c. Simplificar instrucións complexas

d. Evitar múltiples ordes á vez

e. Asegurarse que entendeu as instrucións antes de comezar a tarefa

f. Repetir con calma, e de xeito positivo, se é necesario

g. A maioría destes nenos non preguntan, hai que axudarlles a sentirse cómodos pedindo axuda

h. Requiren axuda durante máis tempo para conseguir autonomía

i. A súa principal dificultade é a desorganización, requiren supervisión diaria.

RECOMENDACIÓNS PARA AXUDARLLES A REMATAR AS SÚAS TAREFAS

a. Darlle as tarefas unha por unha e non varias á vez

b. Supervisión continua. Manter unha actitude de axuda

c. Modificar as tarefas ou deberes se é necesario

d. Aproveitar os puntos fortes do neno e axudarlle nos débiles

e. Dalo un tempo extra para determinadas tarefas, ás veces traballan máis devagar

f. Ter en conta que son nenos que se frustran doadamente. Estrés, presión e cansazo poden conducilos a perder o control e inducilos a un mal comportamento

g. Recoñecer todos os seus esforzos, recordar que estes nenos se esforzan moito, aínda que non o pareza.

h. Necesitan decatarse de que poden cumprir obxectivos

i. Ensinar o neno a manexar auto instrucións e fomentar o seu uso

RECOMENDACIÓNS PARA MODIFICAR O COMPORTAMENTO E MELLORAR A SÚA AUTOESTIMA

a. Manter a calma. Non discutir co neno

b. Ter as consecuencias do mal comportamento preestablecer

c. Administrar as consecuencias deseguida e recoñecer o seu bo comportamento, asi reforzásense os comportamentos axeitados

d. Evitar ridiculizar e criticar, facelo pode danar gravemente a súa autoestima.


Podedes ver os métodos de cambio de conducta en:
http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_43v3c6vg2g

jueves, 17 de septiembre de 2009

Entrevista inicial aos pais dos nenos de tres anos

Durante o mes de setembro teño unha entrevista con cada un dos pais dos alumnos de tres anos.Esta primeira entrevista ten unhas características especiais:
1º.- Non é demandada polos pais
2º.- Coa maioría dos casos trabállase coa presunción de normalidade

ANTES DA ENTREVISTA
  • Os pais son informados que haberá unha entrevista co Orientador e que o motivo desta é de obter información sobre os seus fillos para así poder axudarlles no seu desenvolvemento
  • Os pais xa me coñecen antes da entrevista porque estou presente na primeira reunión e ademais me ven na entrada e na saída do colexio xa que deliberadamente estou durante o período de adaptación

DURANTE A ENTREVISTA

A finalidade da entrevista é coñecer a dinámica do neno e os seus vínculos familiares sen ningún fin terapéutico.

Procuro esta primeira vez xerar un vínculo onde sexan eles os protagonistas e que se dé un clima na relación que tenda a que se sintan cómodos e distendidos.

Durante a entrevista utilizo o reforzamento positivo e ao final, como pechando a entrevista, pregunto se hai algo máis que non comentásemos, algo que lles pareza importante que saibamos no colexio; e aquí, en ocasións aparece a verdadeira preocupación dos pais.

Con esta entrevista fágome unha idea de como é o neno, como son os seus pais, que tipo de funcionamento prima no neno, que tipos de vínculos existen.

DESPOIS DA ENTREVISTA

  • Quedou aberta unha canle para que poidamos ter outras tanto si son demandas dos pais ou do colexio
  • A información obtida axúdame á hora de pensar en estratexias a seguir con cada familia
  • Este primeiro contacto cos pais logra posteriormente que haxa demandas pola súa parte
  • Algúns aspectos da información recollida é transmitida á mestra co fin de brindar un coñecemento que poida serlle útil no seu quefacer diario e entendan dende outra perspectiva a conduta do neno

lunes, 14 de septiembre de 2009

ASPANAEX: marcha solidaria

A Asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con minusvalidez intelectual da provincia de Pontevedra) organiza dende hai 26 anos, na cidade de Vigo, unha MARCHA SOLIDARIA, camiñando 9 quilómetros pola cidade para defender os dereitos das persoas con minusvalidez intelectual.

A marcha solidaria, este ano, sairá do parque de Castrelos ás 10,30 horas do domingo día 4 de outubro, regresando ao parque de Castrelos e procedendo a un sorteo de regalos entre os participantes.

martes, 8 de septiembre de 2009

¿cómo voltamos ao cole?

No blog bibliotics atopei esta imaxe que nos adianta como chegarán os nenos e nenas o próximo xoves ao colexio



lunes, 7 de septiembre de 2009

O primeiro día de escola

O próximo xoves 10 empezará unha nova etapa na vida de moitos nenos: a súa vida escolar.

Os pais deben prepararse para este momento evitando transmitir a súa angustia ao neno

Estes son algún consellos para estes primeiros días de colexio:

  1. Non lle transmita ao seu fillo medo nin ansiedade. Se o fai, el vaina sentir e o seu comportamento será de inseguridade.
  2. Manteña un ambente tranquilo na casa. É normal que o seu fillo exprese medo e ansiedade por ir ao colexio e que vostede tamén estea nervioso. Fale co seu fillo sobre ir ao colexio e sobre o que fará alí. Se ten fillos, nenos de amigos ou sobriños máis grandes, pídalles que lles conten algunhas das súas experiencias ao seu fillo. Trate de que estas conversacións sexan informais para que o seu fillo non se sinta intimidado ou abrumado
  3. Prepare ao seu fillo realizando a rutina que fará dende o primeiro día de clases: levánteo cedo, báñelo, acompáñelo a almorzar e realice con el varias actividades lúdicas.
  4. Teña todo preparado para o día definitivo: non permita que a vostede se lle faga tarde, poña o espertador. Os nenos angustíanse cando os seus pais berran ou teñen que correr porque están pasados de tempo.
  5. Evite dar instrucións como: non fales, non pelexes, non grites. Esto xera angustia.
  6. Conte ao neno quen estará o primeiro día de clase, a que hora irá a recollelo. Dígalle situacións concretas, para que se sinta tranquilo.
  7. Cumpra o que promete.
  8. Dígalle o importante que é que asista ao colexio a aprender e que estea con outros nenos.
  9. Acompáñelo ata a porta do colexio e dígalle o moito que o quere e o importante que é para vostede.
  10. Se o neno queda chorando, o conveniente é deixalo alí, porque co tempo el se irá adaptando e comprenderá que esa é a súa misión. Ademais, é unha resposta á ansiedade que está a manexar e canto máis cedo se acostume, menos traumático.
  11. Os pais deben recibilo con abrazos e bicos. Ademais, deben preguntarlle sobre o que fixeron, os amigos que conseguiu

Artigo relacionado: "UN NOVO COMPROMISO: A VOLTA AO COLE"

lunes, 31 de agosto de 2009

Gratuidade dos libros de texto



A Xunta de Galicia cambiou o sistema de gratuidade de libros de texto para este curso 2009-2010.
  • Este novo sistema vai dirixido aos pais con fillos/as que comenzan 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial.
  • O prazo de presentación é dende o 1 ata o 30 de setembro (no propio centro escolar)
  • A documentación a presentar é: unha fotocopia dos DNI dos pais, unha fotocopia do libro de familia, o volante/certificado de empadroamento (só será necesario cando sexa preciso acreditar algunha circunstancia non recollida no Libro de Familia), unha certificación bancaria dun número de conta corrente e o formulario cumprimentado. O formulario poderáse recoller no centro escolar, nas sedes da Xunta ou baixar aquí:
    Formulario de solicitude - Anexo I
    Formulario de solicitude - Anexo II
  • O importe da axuda se ingresará en 15-20 días, desde a data da solicitude, por transferencia bancaria
  • Os importes das axudas son:

*180 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 euros per cápita (5.400 euros por cada un dos membros da unidade familiar).
*104 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 9.000 euros per cápita (é dicir, 9.000 euros por cada un dos membros da familia).
*250 € para cada neno de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar

Convocatoria no DOGA: Diario Oficial de Galicia

Información na páxina da Xunta: Gratuidade solidaria

lunes, 13 de julio de 2009

Pensa e xoga no verán

Nesta páxina encontrarás moitos xogos de habilidade, puzzles, xogos de mesa.... que te axudarán a pasar as vacacións e desarrollar a intelixencia





Para xogar pica na imaxe

viernes, 3 de julio de 2009

Vacacións



Rematou o curso e é momento de desconectar e de gozar dos fillos.
Eu penso pasar un verán marabilloso coa miña filla Uxía e cos meus dous mozos David e Alex e poñendome sempre ás ordes da xefa Viki.
No mes de setembro voltaremos con forzas renovadas

sábado, 27 de junio de 2009

Memoria de final de curso

Chega o final de curso e antes de marcharnos de vacacións é momento de facer balance do departamento de orientación. Fixemos a memoria do departamento e so queda presentala ao Claustro e ao Consello Escolar para súa aprobación. Se queredes votarlle unha ollada picar no enlace:

http://docs.google.com/View?id=dnxqcjt_466fnhn4jdm

lunes, 22 de junio de 2009

Despedida do curso no Mestres Goldar

Isto de estar en dous colexios é unha marabilla: dobres festivais, dobres alegrías, pero tamén dobres tristuras. Hoxe tocoume unha tristura: o meu último festival no colexio Mestres, que pena, un colexio onde me sentín feliz, onde os alumnos sen dúbida: o mellor e sen esquecer os compañeiros: estupendos, nunca me encontrei un centro coa dedicación do profesorado como este: Alfonso un encanto, a Anpa sempre aí. Eu simplemente teño que dicir "GRAZAS" por todo: FIXÉSTESME SENTIR UN VERDADEIRO PROFESIONAL.
Deixémonos de melancolías e ao gran. Como sempre Toniño preparounos algo espectacular: o festival xirou en torno a dous grandes eixes: os alumnos de infantil que se fan maiores e os alumnos de sexto que nos deixan.Estas son as fotos do festival:








Toniño exercendo de mestre de cerimonias:


Os de Infantil romperon a bailar:


E logo os de tres anos entregaron os diplomas aos de cinco:

O protagonismo pasou aos alumnos de sexto. A súa mestra "Luz" entregoulle os diplomas:


Nos deleitaron con cantigas:


E a festa rematou cun baile de todos os nenos de Primaria e agasallos do ANPA

sábado, 20 de junio de 2009

viernes, 19 de junio de 2009

Rematou

Tanto Infantil de 5 anos como 6º de primaria remataron dúas etapas moi importantes na súa vida.

Os de Infantil xa son maiores, o seu mandilón pasou a historia, aquelo de colgar, descolgar das perchas, abotoar, levalo a lavar........"NUNCA MÁIS".

Pois desta forma mostráronnolo

Cos de sexto a historia é diferente: van ao instituto. Os mestres e mestras do Colexio quixemos facerlles esta pequena homenaxe: unha pequena recopilación de fotos da súa vida escolar.

Pouco a pouco iremos poñendo os videos e fotos do festival

martes, 16 de junio de 2009

Polo sendeiro da nosa herdanza

Os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo do CEIP "Mestres Goldar" elaboraron carteis para expresar a idea que son beneficiarios dunha gran riqueza "A NOSA LINGUA".
Podedes ver as fotos dos carteis na páxina do "RECANTO DE MIK"

Tamén a mesa da normalización lingüística elaborou un manifiesto a prol da convivencia lingüística e de igualdade de dereitos para o galego.
Podedes ler o manifesto e asinalo se asé o considerades no seguinte enlace:
http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

sábado, 13 de junio de 2009

Xubilación

Graciela, Charo Agudo e Manoli, tres fenomenais orientadoras e mellores persoas, xubílanse e como non podía ser doutra forma, organizamos unha cea para darlle unha homenaxe a estas tres fantásticas profesionais.
No restaurante "Gaivota" gozamos duns estupendos arrozoces pero sobre todo gozamos da presenza de Graciela, Charo e Manoli.
Sorte na vosa nova etapa da vida

Jubilación on PhotoPeach

viernes, 5 de junio de 2009

O gastos infantís

Algúns estudos cifran en 3.500 millóns de € o diñeiro gastado en os nenos directamente, en España, en 2003, o que supón arredor de 8.000.ano/fillo.

Os nenos inflúen en preto dun 43% das decisións de compra que se toman nunha casa.
Á semana véndense 500.000 Barbies no mundo.
En España existen 1.130 marcas de xoguetes e 157 de xeados.
Os nenos españois gastan unha media de 420 € ao ano en roupa.
O 73% da poboación menor de 13 anos en España ten unha videoconsola. Nintendo vendeu 1.600.000 unidades en Españade Game Boy.
Un 20% dos nenos en todo o mundo entre 8 e 14 anos teñen teléfono móbil.
Un 30% dos adolescentes manda mais de 4 sms ao día.
Toys 'R' Us, recibiu 30 millóns de visitantes nos seus primeiros sete anos de vida en España.


O mercado directo é aquel co neno xestiona os seus propios cartos e toma decisións sobre a compra de produtos de pequena contía con total autonomía: Xeados, chuches,chocolate, etc. ; son os principais produtos que se compran"por impulso", sen apenas reflexión. Son só caprichos.


Estes caprichos son:
  1. 48,5% BEBIDAS: augas, refrescos.

  2. 12,5% CHUCHES: caramelos, gomas de mascar, lambetadas.

  3. 8,4% CHOCOLATE: chocolatinas, bombóns.

  4. 13,4% XEADOS

  5. 17,2% PICAR bolería doce, patacas, snacks.

Este diñeiro de peto vai aumentado cada vez más. Segundo algunhas fontes un 54% dos nenos españois recoñecen recibir unha paga mentres que un 45% recibeo diñeiro cando o pide. Só un 19% aforra parte dos seus ingresos.



¿Cómo actuar?

  1. Ensinar a administrar e repartir o diñeiro ao longo do tempo. A paga semanal pode ir, a medida que vai crecendo o neno, converténdose en quincenal, mensual... facendo, iso si, fincapé en que debe ser repartida ao longo do tempo e non gastada inmediatamente. É importante facer ver ao neno que o diñeiro non é ilimitado, que se pode esgotar e rematar senón se dispón ben del.

  2. Traballar sobre o que un neno necesita, sobre cales son as súas necesidades e cales son os seus caprichos. Xogar a preguntarse ¿por que é necesario? ¿y para que vou utilizalo? Debuxar catro ou cinco cousas sen as que poderías vivir e serías igual de feliz. Substituír obxectos comprados por obxectos fabricados por as súas propias mans.

  3. Educar en hábitos saudables de alimentación. Sen chegar a prohibir determinadas compras si é importante non facer costume alimenticia das lambetadas, os xeados, os chocolates, os refrescos. Facer ver que ese tipo de produtos son algo especial, extraordinario, que non se poden comer a miúdo porque son malos para a saúde.

  4. Fomentar o gasto en cousas importantes para o neno, e non en meros caprichos impulsivos. Ensinar a desexar as cousas, asoñalas, e a aforrar para conseguir o que se desexa. Regalar un peto . Os tempos de este desexo-aforro deberían estar en todo momento axeitado á idade do neno, para non cansar nin aburrir con excesivos prazos inalcanzables. Non esquezamos que para un neno o importante é o inmediato.Xogar co neno a buscar información sobre o produto desexado.

  5. Facer consciente ao neno do que custa gañar o diñeiro, pero sen que supoña o pagamento dun salario por un traballo. Recompensar e completar con diñeiro extra algúns recados ou tarefas. ¡Ollo! Hai tarefas no seo da familia que deben facerse polo mero feito de ser e participar na convivencia familiar (facerse a cama, poñer ou recoller a mesa), pero outros como o lavado do coche ou baixar a polo xornal, si poderían ser motivo dunha remuneración adicional que en todo caso debe manter (e contarllo así aos nenos) ese carácter de extraordinario. Ensinar a desexar as cousas, a soñalas, e a aforrar para conseguir o quedeséxase"

CONSEJERÍA DE LA FAMILIA Y ASUNTOS SOCIALES DE LA COMUNIDAD DE MADRID.GUIAS DE LA FAMILIA EN MOMENTOS DIFÍCILES.AUTOR: Carlos ballesteros García

martes, 2 de junio de 2009

Joshua Bell

Despois de varios anos sen facer uso do talonario de baixas, o día de onte, o meu médico de cabeceira asinoume unha, debido, segundo el ao lamentable estado da miña garganta e a miña alta febre.

Isto para mi é insoportable, ademais de suar a gota gorda, abúrrome moito. Como non teño moitas forzas para postear algo deixovos isto:






Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.