jueves, 29 de octubre de 2009

Aprendizaxe cooperativo

Na nosa aula podemos adoptar (exposto de forma esquemática) tres formas de organizar aos alumnos para realizar as actividades ou experiencias programadas:
a) aprendizaxe competitiva: a actividade estrutúrase en forma de competición.
Pódese competir:
  • en tempo, ¿quen é o que antes soluciona un exercicio...?,
  • en calidade ¿quen é o que mellor fai...?,
  • en cantidade ¿quen é o que máis problemas resolve...?

En calquera caso o éxito do alumno/a está unido ao fracaso dos outros. «Se eu o consigo é porque os outros non o han conseguido», os outros convértense en competidores e se conseguen os seus obxectivos é porque algún non o logrou.

b) aprendizaxe individualizada: a estrutura da actividade na aprendizaxe individualizado, como o seu propio nome indica, é individual.
Os alumnos/ás realizan as actividades que se propoñen e cada un funciona como punto de referencia para si mesmo. Os criterios de progreso son persoais e están baseados no rendemento propio. Estase con outros pero non se traballa con eles.
Obviamente a organización da aula que mellor favorece este tipo de aprendizaxe é a de alumnos coas súas mesas colocadas en fila un detrás do outro. Interesa esta forma de colocalos para reducir ao máximo a posibilidade de que se molesten uns a outros no seu traballo.

c) aprendizaxe cooperativa: falamos de estrutura de aprendizaxe cooperativa cando se organizan tarefas nas que a cooperación é a condición para realizalas. Son tarefas de aprendizaxe que non se poden realizar se non é colaborando entre os compañeiros. Non se pode ter éxito se os compañeiros non o teñen. Lígase o éxito propio ao éxito do resto.

Os tres tipos de estrutura de aprendizaxe descritas son modelos que exemplifican formas de organizar as actividades de ensino/aprendizaxe na aula. Pero, non todas as actividades responden a unha soa estrutura, nin o fan de forma tan clara como a que se explicou. Iso non quita para que poidan valorarse segundo o modelo (competitivo, individualizado ou cooperativo) que prioritariamente desenvolven.
Todas elas están pensadas para posibilitar unha mellor aprendizaxe nos alumnos e alumnas. Son estruturas que adoptan as actividadades de ensino/aprendizaxe para que os alumnos/ás aprendan máis e mellor.

Aprender implica relacionar aquilo que se coñece con aquilo que se descoñece. O que se descoñece non se pode descoñecer completamente, «o novo» non pode ser totalmente novo ten que haber «algo» no suxeito, ou mellor, na estrutura cognoscitiva do suxeito, que o recoñeza en parte pero que, en outra parte, non estea de acordo ou entre en colisión para que mobilice o suxeito na busca do equilibrio, no aprender.

Tense que dar un conflito entre«o que sabe» e o que se propón «como novo». É o que se chama conflito cognitivo e está considerado como condición sen a cal non se produce verdadeira aprendizaxe, «non se constrúen novos coñecementos».
Pódese aprender de forma mecánica ou memorística pero, neste caso, máis que aprender estariamos falando de reproducir. Para poder reproducir sen aprender a práctica pedagóxica máis efectiva sería a repetición: a maior número de veces que se repita, maior probabilidade de recordalo, pero se se deixa de repetir, de practicar a repetición, o recordo extínguese, esquécese ese contido.

De acordo a esa importancia do conflito cognitivo para construír aprendizaxes poderemos entender mellor a estrutura da aprendizaxe cooperativa. O organizar as actividades de forma que os alumnos/ás cooperen para solucionar a tarefa posibilita o que eses procesos descritos no parágrafo anterior (esa colisión entre o que se sabe, os coñecementos previos que se teñen e o novo) se compartan no seo do grupo cando os seus compoñentes explican ou defendenos seus puntos de vista, propostas de solución, hipótese, etc.


Fonte: "El aprendizaje cooperativo". Milagros Ortega, Mikel Melero

domingo, 25 de octubre de 2009

Xornadas de Bibliotecas Escolares

No colexio, como xa sabedes, estamos intentado darlle un pouco de vida á nosa biblioteca.

Durante este fin de semana celebráronse en Santiago as xornadas de bibliotecas escolares co tema central "novas lecturas, novos lectores"
Xuntámonos no "pazo de congresos" de Santiago preto de 1200 mestres e mestras comprometidos coas bibliotecas e con moitas gañas de aprender.

Eu, sendo novato nestes temas, debín ser o que máis aprendín, xa que case todo era novo para min e por suposto que, se xa estaba convencido de que a lectura debe ser o motor que faga funcionar un colexio, agora o estou plenamente.

O tema central, "novas lecturas, novos lectores", trataba de facernos ver que o novo contexto social e tecnolóxico que vivimos na actualidade require duns cambios metodolóxicos moi profundos.

Así Daniel Cassany falounos dos "nativos dixitais" (os nacidos despois do 93) e dos "inmigrantes dixitais" (os nacidos antes do 93). Os "nativos dixitais" len e escriben de maneiras diferentes a como o facemos os "inmigrantes dixitais" e polo tanto a biblioteca escolar ten que ter en conta estes cambios profundos.

Luis Iza , Inspector de Educación de Navarra, falounos de como o "plan lector "debe contemplar a mellora da competencia lectora dos alumnos e alumnas tendo en conta o contexto actual onde a información dispoñible é inmensa e en soportes novos.

Guadalupe Jover redefiniu o lugar da lectura literaria na escola do século XXI que non pode quedar en mans do azar ou do mercado.

Tíscar Lara defendeu que a linguaxe dixital, coas súas propiedades de hipertextualidade e multimedialidade, combindas coa conectitividade e mobilidade permiten a construción de narrativas antes inimaxinables a través da fragmentación dos contidos, a actualización constante de información e a interacción entre múltiples actores do proceso comunicativo.

Gloria Durban afirma que a biblioteca da escola ha de facilitar a calidade da acción docente e a consecución do currículo promovendo a realización in situ de intervencións didácticas concretas, debendo ser un espazo diferenciado no centro, distinto á aula e complementario aos ámbitos virtuais de aprendizaxe dispoñibles na Rede.

Tamén houbo unhas exposicións das prácticas lectoras dos centros, en concreto nos falaron de:
"Proxectos lectores en desenvolvemento": o IES TERRA DE SONEIRA de Vimianzo e CEIP STO PAIO DE ABAIXO de Redondela
"Clubs de lectura": IES DE ALLARIZ e CEIP XOSÉ Mª BREA SEGADE de Rianxo
"Hora de ler" IES RIO MIÑO de rábade e o CEIP A PEDRA de Bueu

Como peche das xornadas, poideron disfrutar, eu non porque tiven que marchar, do humorista Carlos Blanco que segundo me contan fixo rir a todo o mundo.

Parabéns a organización que foron capaces de organizar durante dous días a 1.200 persoas.
Temos unha completa reportaxe no SEGREL DO PENEDO

lunes, 19 de octubre de 2009

domingo, 18 de octubre de 2009

Solidariedade coa escola ANSE-A-PITRE



Este blog tamén se une á cadea solidaria que nos chegou de "Bibliotics"

É para axudar a unha escola de nenos de 3 a 5 anos en Haití .

A iniciativa parte do blog Crea e aprende con Laura, onde nos explican a historia desta escola e deste selo.

NORMAS DO SELO:
1) Pasa este selo polo menos a 5 blogs e se queres, resume a información aquí contida, engade outra ou enlaza este post.
2) Pasa esta información a todos os lugares ou organizacións que creas que poidan colaborar co proxecto da escola (colexios, organizacións, farmacéuticas...).
3) Están invitados a colaborar todos aqueles blogs ou persoas aos que chegue esta información indirectamente ou a vexan colgada.
4) Achega o teu pequeno granito de area, que vai dende colgar e pasar este selo ao que o teu queiras.

Se queres e podes achegar algunha axuda económica pódelo facer nesta conta:A conta do Movemento é: CAIXA 2100 4252 68 2200097687Asunto: escola

Los blogs a los que envío este sello son:
  1. RADIOTECA
  2. TERAPIAS ALTERNATIVAS PARA EL DESARROLLO INFANTIL
  3. EN LA ESCUELA CABEN TODOS
  4. EL SONIDO DE LA HIERBA AL CRECER
  5. MI MAMI ES LOGOPEDA

viernes, 16 de octubre de 2009

Economía de fichas

No blog "En la escuela caben todos" escriben sobre a "economía de fichas". A economía de fichas é un sistema de reforzo positivo para cambiar a conduta dos nenos; en moitas ocasións o recomendo ás nais e ás mestras, tendo unha alta porcentaxe de éxito.

Case todas as nais xa oiron falar deste sistema gracias ao programa de TV "supernani" pero necesitan unha serie de explicacións para levalo adiante con certas garanías de éxito

Se queres visitar a páxina "En la escuela caben todos" pica na imaxe

Se queres coñecer máis sobre cambio de conduta pica no enlace seguinte:

http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_43v3c6vg2g

miércoles, 14 de octubre de 2009

Autonomía e hábitos

A autonomía ten moito que ver coa madurez persoal e é determinante no comportamento en diferentes situacións escolares, familiares ou sociais ao longo da vida do individuo.

A autonomía posibilita que o individuo tome decisións e resolva de forma activa os requirimentos e as esixencias coas que se encontra, baseándose na análise da realidade e dos factores que a determinan.

A autonomía non se logra só cos hábitos, xa que existen persoas que, sen ter uns hábitos nas idades correspondentes, a partir de certa idade teñen autonomía e son capaces de tomar decisións e resolver calquera situación que se lles presente.

Tampouco se pode dicir que os hábitos garantan o proceso madurativo e a adquisición absoluta da autonomía en todos os seus aspectos xa que, ademais das variables ambientais, coa idade, o individuo chegará a asumila ou rexeitala

O que se pode afirmar é que, dende as primeiras idades, a autonomía é un factor favorecedor da madureza persoal, que permite previr posibles dificultades e inadaptacións, e que os hábitos constitúen un elemento positivo e, pola súa cotianidade, un aspecto educativo que é imprescindible abordar e cuxas repercusións en todos os casos serán positivas

COMELLAS, M.J. Los hábitos de autonomía. Proceso de adquisición. Ceac.2002

viernes, 9 de octubre de 2009

Plan Anual de Orientación para o curso 09-10

Como nestes dous últimos anos a Circular 18/2007 marca as liñas prioritarias de actuación do Plan Anual de Orientación:

  1. Actuación referidas á actualización e elaboración dos distintos documentos que integran os distintos documentos que integran o Proxecto Educativo do Centro
  2. Actuacións propias da Orientación Educativa

Como actuacións propias da Orientación Educativa a Circular prioriza:

  • Promoción da convivencia e a resolución pacífica de conflictos
  • Desenvolvemento do Plan de acción titorial
  • Atención a toda a diversidade presente no Centro
  • Actuacións que promovan unha maior participación e implicación das familias na vida do centro
  • Propostas de medidas encamiñadas a diminuír o absentismo escolar
  • Formación permanente, investigación e innovación

Como obxectivos xerais marcamos:
1 Obxectivos referidos ó Centro:
a) Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa.
b) Cooperar co Equipo directivo e profesorado
c) Colaborar na revisión dos PEC, PCC.
2 Obxectivos referidos ó profesorado:
a) Apoiar a actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos, medios materiais, didácticos e estratexias metodolóxicas que poidan favorecer o seu labor docente e titorial.
b) Coordinar a actuación do profesorado titor e a profesora de apoio a necesidades educativas especiais, de cara a dar resposta as NEE do alumnado.
c) Colaborar na resolución das necesidades que teñan os/as titores/as para levar a cabo a función titorial.
3 Obxectivos referidos ó alumnado:
a) Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con necesidades educativas especiais, concretando as pautas de actuación e medidas para a súa atención
b) Contribuír á personalización dos procesos de ensino-aprendizaxe (medidas de atención á diversidade)
c) Procurar a integración e normalización do alumnado no seu grupo e no conxunto da dinámica escolar
d) Desenvolver programas de adquisición de estratexias de aprendizaxe, incardinadas no propio currículo.
e) Fomentar no alumnado as actitudes cooperativas.
4 Obxectivos referidos á familia:
a) Proporcionarlles información referente ó Centro, á educación dos seus fillos e o DO.
b) Informar e asesorar as familias do alumnado con n.e.e.
c) Favore-la comunicación familia-colexio para intercambiar inquedanzas e buscar solucións conxuntas, despois dunha actitude reflexiva.
d) Potencia-la participación dos pais/nais nas actividades do Centro.

Si queres velo documento completo pica en:

Plan de Orientación 09-10

viernes, 2 de octubre de 2009

Recomendacións para pais e nais de nenos e nenas movidos


RECOMENDACIÓNS PARA DAR INSTRUCIÓNS

a. Manter contacto visual

b. Dar instrucións claras e concisas

c. Simplificar instrucións complexas

d. Evitar múltiples ordes á vez

e. Asegurarse que entendeu as instrucións antes de comezar a tarefa

f. Repetir con calma, e de xeito positivo, se é necesario

g. A maioría destes nenos non preguntan, hai que axudarlles a sentirse cómodos pedindo axuda

h. Requiren axuda durante máis tempo para conseguir autonomía

i. A súa principal dificultade é a desorganización, requiren supervisión diaria.

RECOMENDACIÓNS PARA AXUDARLLES A REMATAR AS SÚAS TAREFAS

a. Darlle as tarefas unha por unha e non varias á vez

b. Supervisión continua. Manter unha actitude de axuda

c. Modificar as tarefas ou deberes se é necesario

d. Aproveitar os puntos fortes do neno e axudarlle nos débiles

e. Dalo un tempo extra para determinadas tarefas, ás veces traballan máis devagar

f. Ter en conta que son nenos que se frustran doadamente. Estrés, presión e cansazo poden conducilos a perder o control e inducilos a un mal comportamento

g. Recoñecer todos os seus esforzos, recordar que estes nenos se esforzan moito, aínda que non o pareza.

h. Necesitan decatarse de que poden cumprir obxectivos

i. Ensinar o neno a manexar auto instrucións e fomentar o seu uso

RECOMENDACIÓNS PARA MODIFICAR O COMPORTAMENTO E MELLORAR A SÚA AUTOESTIMA

a. Manter a calma. Non discutir co neno

b. Ter as consecuencias do mal comportamento preestablecer

c. Administrar as consecuencias deseguida e recoñecer o seu bo comportamento, asi reforzásense os comportamentos axeitados

d. Evitar ridiculizar e criticar, facelo pode danar gravemente a súa autoestima.


Podedes ver os métodos de cambio de conducta en:
http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_43v3c6vg2g

jueves, 17 de septiembre de 2009

Entrevista inicial aos pais dos nenos de tres anos

Durante o mes de setembro teño unha entrevista con cada un dos pais dos alumnos de tres anos.Esta primeira entrevista ten unhas características especiais:
1º.- Non é demandada polos pais
2º.- Coa maioría dos casos trabállase coa presunción de normalidade

ANTES DA ENTREVISTA
  • Os pais son informados que haberá unha entrevista co Orientador e que o motivo desta é de obter información sobre os seus fillos para así poder axudarlles no seu desenvolvemento
  • Os pais xa me coñecen antes da entrevista porque estou presente na primeira reunión e ademais me ven na entrada e na saída do colexio xa que deliberadamente estou durante o período de adaptación

DURANTE A ENTREVISTA

A finalidade da entrevista é coñecer a dinámica do neno e os seus vínculos familiares sen ningún fin terapéutico.

Procuro esta primeira vez xerar un vínculo onde sexan eles os protagonistas e que se dé un clima na relación que tenda a que se sintan cómodos e distendidos.

Durante a entrevista utilizo o reforzamento positivo e ao final, como pechando a entrevista, pregunto se hai algo máis que non comentásemos, algo que lles pareza importante que saibamos no colexio; e aquí, en ocasións aparece a verdadeira preocupación dos pais.

Con esta entrevista fágome unha idea de como é o neno, como son os seus pais, que tipo de funcionamento prima no neno, que tipos de vínculos existen.

DESPOIS DA ENTREVISTA

  • Quedou aberta unha canle para que poidamos ter outras tanto si son demandas dos pais ou do colexio
  • A información obtida axúdame á hora de pensar en estratexias a seguir con cada familia
  • Este primeiro contacto cos pais logra posteriormente que haxa demandas pola súa parte
  • Algúns aspectos da información recollida é transmitida á mestra co fin de brindar un coñecemento que poida serlle útil no seu quefacer diario e entendan dende outra perspectiva a conduta do neno

lunes, 14 de septiembre de 2009

ASPANAEX: marcha solidaria

A Asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con minusvalidez intelectual da provincia de Pontevedra) organiza dende hai 26 anos, na cidade de Vigo, unha MARCHA SOLIDARIA, camiñando 9 quilómetros pola cidade para defender os dereitos das persoas con minusvalidez intelectual.

A marcha solidaria, este ano, sairá do parque de Castrelos ás 10,30 horas do domingo día 4 de outubro, regresando ao parque de Castrelos e procedendo a un sorteo de regalos entre os participantes.

martes, 8 de septiembre de 2009

¿cómo voltamos ao cole?

No blog bibliotics atopei esta imaxe que nos adianta como chegarán os nenos e nenas o próximo xoves ao colexio



lunes, 7 de septiembre de 2009

O primeiro día de escola

O próximo xoves 10 empezará unha nova etapa na vida de moitos nenos: a súa vida escolar.

Os pais deben prepararse para este momento evitando transmitir a súa angustia ao neno

Estes son algún consellos para estes primeiros días de colexio:

  1. Non lle transmita ao seu fillo medo nin ansiedade. Se o fai, el vaina sentir e o seu comportamento será de inseguridade.
  2. Manteña un ambente tranquilo na casa. É normal que o seu fillo exprese medo e ansiedade por ir ao colexio e que vostede tamén estea nervioso. Fale co seu fillo sobre ir ao colexio e sobre o que fará alí. Se ten fillos, nenos de amigos ou sobriños máis grandes, pídalles que lles conten algunhas das súas experiencias ao seu fillo. Trate de que estas conversacións sexan informais para que o seu fillo non se sinta intimidado ou abrumado
  3. Prepare ao seu fillo realizando a rutina que fará dende o primeiro día de clases: levánteo cedo, báñelo, acompáñelo a almorzar e realice con el varias actividades lúdicas.
  4. Teña todo preparado para o día definitivo: non permita que a vostede se lle faga tarde, poña o espertador. Os nenos angustíanse cando os seus pais berran ou teñen que correr porque están pasados de tempo.
  5. Evite dar instrucións como: non fales, non pelexes, non grites. Esto xera angustia.
  6. Conte ao neno quen estará o primeiro día de clase, a que hora irá a recollelo. Dígalle situacións concretas, para que se sinta tranquilo.
  7. Cumpra o que promete.
  8. Dígalle o importante que é que asista ao colexio a aprender e que estea con outros nenos.
  9. Acompáñelo ata a porta do colexio e dígalle o moito que o quere e o importante que é para vostede.
  10. Se o neno queda chorando, o conveniente é deixalo alí, porque co tempo el se irá adaptando e comprenderá que esa é a súa misión. Ademais, é unha resposta á ansiedade que está a manexar e canto máis cedo se acostume, menos traumático.
  11. Os pais deben recibilo con abrazos e bicos. Ademais, deben preguntarlle sobre o que fixeron, os amigos que conseguiu

Artigo relacionado: "UN NOVO COMPROMISO: A VOLTA AO COLE"

lunes, 31 de agosto de 2009

Gratuidade dos libros de texto



A Xunta de Galicia cambiou o sistema de gratuidade de libros de texto para este curso 2009-2010.
  • Este novo sistema vai dirixido aos pais con fillos/as que comenzan 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial.
  • O prazo de presentación é dende o 1 ata o 30 de setembro (no propio centro escolar)
  • A documentación a presentar é: unha fotocopia dos DNI dos pais, unha fotocopia do libro de familia, o volante/certificado de empadroamento (só será necesario cando sexa preciso acreditar algunha circunstancia non recollida no Libro de Familia), unha certificación bancaria dun número de conta corrente e o formulario cumprimentado. O formulario poderáse recoller no centro escolar, nas sedes da Xunta ou baixar aquí:
    Formulario de solicitude - Anexo I
    Formulario de solicitude - Anexo II
  • O importe da axuda se ingresará en 15-20 días, desde a data da solicitude, por transferencia bancaria
  • Os importes das axudas son:

*180 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 euros per cápita (5.400 euros por cada un dos membros da unidade familiar).
*104 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 9.000 euros per cápita (é dicir, 9.000 euros por cada un dos membros da familia).
*250 € para cada neno de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar

Convocatoria no DOGA: Diario Oficial de Galicia

Información na páxina da Xunta: Gratuidade solidaria

lunes, 13 de julio de 2009

Pensa e xoga no verán

Nesta páxina encontrarás moitos xogos de habilidade, puzzles, xogos de mesa.... que te axudarán a pasar as vacacións e desarrollar a intelixencia





Para xogar pica na imaxe

viernes, 3 de julio de 2009

Vacacións



Rematou o curso e é momento de desconectar e de gozar dos fillos.
Eu penso pasar un verán marabilloso coa miña filla Uxía e cos meus dous mozos David e Alex e poñendome sempre ás ordes da xefa Viki.
No mes de setembro voltaremos con forzas renovadas

sábado, 27 de junio de 2009

Memoria de final de curso

Chega o final de curso e antes de marcharnos de vacacións é momento de facer balance do departamento de orientación. Fixemos a memoria do departamento e so queda presentala ao Claustro e ao Consello Escolar para súa aprobación. Se queredes votarlle unha ollada picar no enlace:

http://docs.google.com/View?id=dnxqcjt_466fnhn4jdm

lunes, 22 de junio de 2009

Despedida do curso no Mestres Goldar

Isto de estar en dous colexios é unha marabilla: dobres festivais, dobres alegrías, pero tamén dobres tristuras. Hoxe tocoume unha tristura: o meu último festival no colexio Mestres, que pena, un colexio onde me sentín feliz, onde os alumnos sen dúbida: o mellor e sen esquecer os compañeiros: estupendos, nunca me encontrei un centro coa dedicación do profesorado como este: Alfonso un encanto, a Anpa sempre aí. Eu simplemente teño que dicir "GRAZAS" por todo: FIXÉSTESME SENTIR UN VERDADEIRO PROFESIONAL.
Deixémonos de melancolías e ao gran. Como sempre Toniño preparounos algo espectacular: o festival xirou en torno a dous grandes eixes: os alumnos de infantil que se fan maiores e os alumnos de sexto que nos deixan.Estas son as fotos do festival:








Toniño exercendo de mestre de cerimonias:


Os de Infantil romperon a bailar:


E logo os de tres anos entregaron os diplomas aos de cinco:

O protagonismo pasou aos alumnos de sexto. A súa mestra "Luz" entregoulle os diplomas:


Nos deleitaron con cantigas:


E a festa rematou cun baile de todos os nenos de Primaria e agasallos do ANPA

sábado, 20 de junio de 2009

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.