Con este blog, pretendo dar resposta a toda a Comunidade Educativa. Queremos que o blog convértase nun medio de participación, colaboración e apoio mutuo, así como un motivo para realizar proxectos conxuntos e sentir que os Colexios perténcenos a todos e todas e todos e todas debemos colaborar na súa mellora. Benvidos e esperamos que vos sexa de axuda.
Tamén agradeceremos moito que deixedes os vosos comentarios
Onte rematamos os talleres. Cando estabamos en pleno traballo levamos a grata sorpresa da visita da Concelleira na Área de Benestar Social María Xosé Méndez Piñeiro que explicounos por riba o que é o PLDA (Plan Local sobre Drogodependencias e outras adiccións)
Traballamos aspectos como os límites, as normas, a autoridade, estilos educativos (autoritarios, demacráticos sobreprotectores, permisivos) efectos dos estilos educativos nos fillos, cómo levamos a cabo todo isto nas nosas casas,.....todo moi interesante e productivo.
Por a miña parte, cada vez máis animado xa que estas actividades para pais e nais cada vez teñen máis éxito.
Agora que o noso seleccionador deu a lista dos xogadores que irán ao mundial anímovos a que vos unades á campaña 1GOL que ten como fin de informar sobre a necesidade de escolarización de nenas e nenos africanos.
Hai 72 millóns de nenos e nenas sen escolarizar en todo o mundo, unha cifra que supera a de todos os alumnos de primaria de Europa, EUA, Canadá e Australia. O mundo ten a oportunidade de lograr que todos os nenos teñan acceso á educación e saian da pobreza.
"En 2010, a Copa Mundial da FIFA de Sudáfrica representa unha ocasión crucial: será a primeira vez que a Copa Mundial se celebre no continente africano. Cando todas as miradas estean postas en África o próximo xuño, esixiremos a todos os dirixentes mundiais que fagan posible 1 GOL: Educación para Todos e Todas.
Os dirixentes mundiais teñen o poder, os recursos e os coñecementos para que este obxectivo se faga realidade. Neste vídeo sobre a 'Educación para Todos e Todas' realizado por Richard Curtis, terás oportunidade de coñecer máis.
1 GOL esixirá a todos os dirixentes que fagan realidade a Educación para Todos e Todas. Para que poidamos conseguir o noso obxectivo, 1 GOL, necesitamos da túa axuda e apoio. Únete a 1 GOL e axúdanos a conseguir o noso obxectivo de 'Educación para poñer fin á pobreza".
Onte tivemos un taller dirixido por David (pedagógo e traballador de Érguete) onde entre todos traballamos durante dúas horas temas como: a educación, normas, límites, os nosos fillos e fillas,......
Todos participamos e dimos as nosas opinións sobre os diversos temas tratados.
Un taller, penso, que ameno pero moi que moi produtivo......ademáis acompañado duns ricos bombóns.
O próximo taller será o día 25 ás 5 da tarde xa que o día 18 non hai clase.
Os próximos martes 11, 18 e 25 de 17 a 19 horas teremos un programa preventivo para pais e nais co fin de axudar a que a actuación familiar evite a aparición de problemas relacionados coas drogas.
O programa será desenvolvido por PLDA (Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións do Concello de Vigo) e utilizarán unha metodoloxía de dinámicas de grupo, debates, análise de casos e postas en común e os seus contidos serán:
Normas e límites: educar para previr
Comunicación pais/nais/titores – fillos/as
Resolución de conflitos
Como sempre pedimos que non se traian nenos pequenos.
As sesións serán na aula de música situada na primeira planta.
Estamos programados para cambiar, para aprender e para deixar que o noso ámbito moldee o substrato dos nosos pensamentos: o cerebro. Se queremos mellorar o noso comportamento cos demais e co noso ámbito natural haberá que traballar niso dende os primeiros anos, como facemos para aprender a falar ou a tocar un instrumento. En Redes, escoitamos as propostas de Richard Davidson, neuropsicólogo da Universidade de Wisconsin-Madison, para mellorar a educación. Co psicólogo Daniel Goleman, tamén descubriremos como consumir no futuro para ser uns mellores hóspedes deste planeta.
Agora que se abriu de novo o debate sobre o "hiyab" póñovos a curtametraxe que xa hai tempo colguei neste blog
¿Que está a acontecer coa nena do instituto madrileño? Simplemente que no centro educativo, o regulamento de réxime interno non permite que ningún alumno leve a cabeza tapada e cúmprese o regulamento.
Repasando o regulamento de réxime interno do noso centro, non aparece nada que impida aos alumnos ir coa cabeza cuberta, polo que no noso centro podería estar.
É tí ¿que opinas?
Onte, Luisa Jonte brindounos unha interesante charla onde analizamos as diferenzas entre autoestima e autoconcepto, vimos como é a imaxe dun mesmo nas distintas idades, cales son os compoñentes da autoestima, como repercute no rendemento escolar e ao final nos deu dez suxestións para estimular a autoestima
O próximo xoves 15, ás 18 horas haberá no salón de actos do colexio, unha charla impartida por LUISA JONTE pedagoga, especialista en Pedagoxía Emocional e actualmente exercendo a xefatura do Departamento de Orientación nos colexios "Mestres Goldar" e "Sárdoma-Moledo" cuxo título será: “APRENDER A QUERERSE” e tratará sobre os seguintes puntos:
Que é a autoestima
A imaxe de si mesmo nas distintas idades.
Cómo repercute a autoestima no rendemento escolar.
Cómo se constrúe a autoestima.
A sesión vai ser interactiva.
Como sempre pedimos que non se traian nenos pequenos.
Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, tivo nos últimos anos unha importante difusión tanto en España coma en numerosos países dos cinco continentes. Este ano está previsto que arredor desta data se celebren diversos actos culturais, lúdicos e institucionais (entre eles unha recepción no Parlamento Europeo e en varios parlamentos autonómicos españois).
A comunidade xitana está constituída por máis de 10 millóns de persoas que habitan en numerosos países de todo o mundo. En Europa constitúe a minoría étnica máis importante e numerosa, con máis de 8 millóns de persoas. Precisamente este ano adoptouse por oito gobernos da Europa central e do Leste a "Década para a Inclusión dos Xitanos 2005-2015" auspiciada polo Banco Mundial e a Fundación Soros1.
A celebración do Día Internacional dos Xitanos supuxo nos últimos anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura. Se ben durante un tempo foi unha celebración que pasaba desapercibida, actualmente é conmemorada en países dos cinco continentes, como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións aínda sofre esta comunidade.
No noso Centro temos unha poboación xitana do 5% estando plenamente integrados derrubando todos os prexuízos que tiñamos sobre o mundo xitano
Resolución aprobada por la Asamblea General de la ONU, en la 76ª sesión plenaria 18 de diciembre de 2007 por la que se aprueba que:
“Consciente de que el autismo es una discapacidad permanente del desarrollo que se manifiesta en los tres primeros años de edad y se deriva de un trastorno neurológico que afecta al funcionamiento del cerebro, de que afecta principalmente a los niños de muchos países, con independencia de su sexo, raza o condición socioeconómica, y de que se caracteriza por deficiencias en la interacción social, problemas en la comunicación verbal y no verbal y patrones de comportamiento, intereses y actividades restringidos y repetitivos.
Profundamente preocupada por la prevalencia y la elevada incidencia del autismo en los niños de todas las regiones del mundo y por los consiguientes problemas de desarrollo que afectan a los programas a largo plazo de salud, educación, capacitación e intervención emprendidos por los gobiernos, las organizaciones no gubernamentales y el sector privado, así como por sus terribles consecuencias en los niños, sus familias, las comunidades y la sociedad.
Recordando que el diagnóstico precoz y la investigación y la intervención apropiadas son vitales para el crecimiento y el desarrollo de la persona, decide designar el 2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, que se observará todos los años a partir de 2008”.
No blog http://mara.blog.zm.nu/2010/03/24/light-it-up-blue/ nos informa que a noite do 1 de abril diversos edificios emblemáticos en EUA e o mundo, incluíndo o Empire State Building de Nova York e a Torre CN de Toronto, Canadá iluminaranse coa cor azul, co obxecto de sensibilizar sobre o autismo e como conmemoración o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Venres, 2 de abril.
Tamén nos piden que fagamos algunhas cousas para poder concienciar a xente:
Use un PIN coa figura da peza dun crebacabezas durante todo o mes de Abril, e fala á xente sobre o significado deste.
Cambia a imaxe do teu perfil de Facebook polo logotipo de Light It Up Blue e convence os teus amigos de que fagan o mesmo.
Pon un escrito no teu blog sobre este tema para aumentar a difusión
Agrega o logotipo de Light It Up Blue en todos os teus correos electrónicos e escribe os teus correos en azul!
O 2 de abril leva roupa de cor azul e convence os teus compañeiros de traballo e amigos que vistan de azul tamén. Toma fotos e engádeas á galería de Flickr.
A familia constitúe pola súa propia natureza o principal e primeiro núcleo de educación dos fillos. A ela correspóndelle un importante papel educativo aínda que teña que delegar parte das súas tarefas e haxa de compartir a responsabilidade da educación e o crecemento dos fillos con outras institucións, como son os centros educativos.
A sociedade actual esixe dos seus novos membros un tal cúmulo de coñecementos e preparación que dificilmente unha familia é capaz de atendelos só cos seus recursos. É por iso polo que os pais delegan parte das súas funcións educativas na escola, os institutos e a universidade.
Por suposto, tampouco, a escola por se soa pode cubrir todas as necesidades educativas. É absolutamente imprescindible, polo tanto, que entre a familia e a escola haxa un alto grao de comunicación e cooperación nas tarefas educativas.
Nas primeiras etapas educativas a colaboración entre os pais e a escola adoita ser máis alta que en etapas posteriores, se ben isto ten unha clara explicación dada: a maior complexidade dos estudios no instituto, as mesmas esixencias dos fillos, que non se queren ver acompañados polos pais, e, por último, a multiplicidade de profesores que imparten as diferentes materias aos nosos fillos.
Necesidade e importancia da educación familiar.
Razóns de tipo biolóxico, psicolóxico e social, así como de formación da personalidade e o carácter dos fillos xustifican a importancia e a necesidade da función educadora da familia. Pero ademais a familia achega un proxecto vital común onde hai un forte compromiso emocional e unha rede de apoios, que permite á familia aparecer como o mellor lugar para acompañar a persoa na superación dos cambios e dificultades da súa vida.
Os verdadeiros valores humanos e sociais apréndense en familia. Apréndense día a día, minuto a minuto. Os valores do traballo, do esforzo, a capacidade de ser responsables, ... atopan no ambiente familiar o primeiro e máis esencial dos lugares para o seu desenvolvemento.
Que entendo por familia?
Familia é cando un home e unha muller casan e teñen fillos. Esta non é unha definición válida, o que define unha familia non se a súa composición nin os lazos biolóxicos, senón as relacións de afecto e coidado mutuo que se dan no seu seo. É a asociación creada polas leis da natureza.
A necesidade da colaboración familia - centro educativo no proceso educativo.
A difícil tarefa, que a ambos os dous nos atinxe: a educación dos fillos, seranos máis proveitosa e satisfactoria se partimos dunha predisposición á colaboración e apoio mutuo. Esa relación de colaboración que debe existir entre o centro educativo e familia esixe unha forte coordinación, un intenso intercambio de información e apoios continuados.
A participación dos pais no proceso educativo dos seus fillos, ademais de repercutir de forma beneficiosa sobre o neno, ten grandes vantaxes para os propios pais, pois, ademais de facerlles coñecer e comprender mellor ao seu fillo, failles sentirse útiles ante el ao ser capaces de axudalos a afrontar os seus problemas.
Formas de colaborar. 1.-Co titor e por suposto co resto do profesorado. Para
Intercambio de información.
Seguimento do proceso educativo.
Colaboración para a mellora do rendemento.
Corrección de malos hábitos de estudio ou aprendizaxes non alcanzadas.
O podemos facer:
Realizando visitas periódicas ao titor, ou chamándoo por teléfono.
Tomando co titor ou o profesor acordos de traballo a realizar polo alumno e realizando o seu seguimento.
2.-Co traballo na casa para:
Control do horario de estudio diario.
Facilitación das condicións desexables de estudio.
Seguimento das tarefas de estudio. Revisión dos seus cadernos e da súa axenda.
O podemos facer:
Revisando todos os días o seu horario de clase, preguntándolle polo realizado e polo que lle queda por facer.
Contactando con frecuencia co profesorado para coñecer as dificultades e necesidades de estudio do fillo.
3.-Coas actividades complementarias para:
Facilitación de oportunidades de enriquecemento cultural e formativo.
Seguimento e control destas.
O podemos facer:
Apuntándoo a asociacións ou clubs (deportivos e culturais).
Aproveitando as ocasións de visita a exposicións e actos culturais.
4.-Co resto da familia.
Cunha actitude de asesoramento e apoio permanente
Responsabilizándoos nas tarefas de casa.
O podemos facer:
Establecendo co alumno un diálogo continuado sobre as súas preocupacións e desexos.
Obrigándoo a responsabilizarse de colaborar nalgunha tarefa da casa.
Os trastornos da aprendizaxe defínense en base a un rendemento escolar por debaixo do esperado nas capacidades para a lectura, o cálculo e/ou a expresión escrita tendo en conta: *a idade cronolóxica do alumno/a *a súa escolarización *o seu nivel intelectual
O TRASTORNO DA LECTURA Inclúe as dificultades de acceso ás competencias lectoras que se dan nestes tres aspectos:
Na exactitude lectora, tanto dificultyades relativas ao código lingüístico (confusións, omisións, adicións, inversións, alteracións no proceso lector) como as que fan referencia á mecánica lectora (soletreo, detencións, atascos, saltos de liñas)
Na velocidade lectora
Na comprensión lectora,
O TRASTORNO DO CÁLCULO
É a dificultade de acceso ás competencias matemáticas en relación a:
Os procesos básicos, relativos á comprensión da conservación, reversibilidade, realización de clasificacións, seriacións e outras operacións lóxicas matemáticas
O sistema numérico, en canto ás dificultades nos principios de estabilidade dos números, á cardinalidade, á abstracción, á irrelevancia da orde e ás dificultades no sistema de numeración
A realización de cálculos numéricos, tales como comprensión das operacións, a mecánicadas operacións e as vinculadas aos erros conceptuais
A lectura simbólica numérica
A resolución de problemas matemáticos
O TRASTORNO DA ESCRITURA Fai referencia ás dificultades no acceso ás competencias gráficas nos seguintes aspectos:
Proceso grafomotriz ou disgrafía, en referencia aos sinistroxiros, déficits na presión, dificultades na direccionalidade, regularidade e lexibilidade dos grafismos e ao emprego do espazo gráfico
Ortofrafía ou disortografía, realizar substitucións, omisións, engadir e/ou invertir os grafemas, facer unións, separacións inadecuadas de sílabas, palabras ou frases, e erros na ortografía regrada.
Procesos de expresión e composición, dificultades relativas ao formato da escritura, expresividade e dominio das técnicas de expresión: descrición, narración, exposición, ...
Orientación e respostas educaticas. ALUMNADO CON TRASTORNOS DA APRENDIZAXE. Xunta de Galicia
A avaliación é o proceso sistemático e continuo mediante o cal se determina o grao en que se están a lograr os obxectivos de aprendizaxe. O devandito proceso ten unha función primordial dentro do proceso de ensino-aprendizaxe, pois por medio dela se retroalimentar o devandito proceso. Se como resultado da avaliación descubrimos que os obxectivos se están a alcanzar nun grao moito menor que o esperado ou que non se están a alcanzar, inmediatamente xurdirá unha revisión da programación, das actividades que se están a realizar, da actitude do mestre, da actitude dos alumnos e da oportunidade dos obxectivos que se están a pretender. Todo este movemento traerá como resultado un reaxuste, unha adecuación que fortalecerá o proceso ensino-aprendizaxe, que se vén realizando; é así como a avaliación desempeña a súa función retroalimentadora. Avaliar, noutras palabras, é reunir todas as evidencias posibles que en forma obxectiva poidamos encontrar a favor ou en contra de cada unha das actividades que se están a desenvolver dentro do proceso ensino-aprendizaxe. A avaliación é un proceso que implica descricións cuantitativas e cualitativas da conduta do alumno, a interpretación das devanditas descricións e por último a formulación de xuízos de valor baseados na interpretación das descricións.
Hay diferentes tipos de avaliación: *Según a súa finalidade e función: formativa e sumativa *Según a súa extensión: global e parcial *Según os axentes avaliadores: interna (autoavaliación, heteroavaliación, coavaliación) e externa *Según o momento da aplicación: inicial, procesual e final *Según o criterio de comparación: autoreferencia, heteroreferencia (criterial e normativa)
Pero.......como agora na escola traballamos con oito competencias básicas, estas competencias básicas ¿pódense avaliar?
Agora que na escola traballamos as oito competencias básicas
As habilidades sociais son as condutas necesarias para interactuar e relacionarse cos demais de forma efectiva e mutuamente satisfactoria. Polo tanto é importante destacar que: - Trátase de condutas, isto quere dicir que son aspectos observables, medibles e modificables; non é un trazo innato dun suxeito, determinado polo seu código xenético - Entra en xogo o outro. Non se refiren a habilidades de autonomía persoal como lavar os dentes ou manexar o caixeiro automático, senón a aquelas situacións nas que participan polo menos dúas persoas - Esta relación co outro é efectiva e mutuamente satisfactoria. A persoa con habilidades sociais defende o que quere e expresa o seu acordo ou desacordo sen xerar malestar na outra persoa.
Pero non só é importante ter habilidades sociais, senón poñelas en práctica na situación axeitada. Esta adecuación das condutas ao contexto é o que se denomina Competencia social.
Cando a persoa carece de habilidades sociais pode que afronte as situacións de dúas maneiras diferentes: - Evitando as situacións ou accedendo ás demandas dos demais coa finalidade de non se expoñer a enfrontamentos -conduta pasiva-. - Elixindo por outros e infrinxindo os dereitos dos demais para obter as súas metas -conduta agresiva-.
As habilidades sociais ou o que tecnicamente se coñece como conduta asertiva consiste en pedir o que queres e negarte ao que non queres dun modo axeitado. Conseguir as túas metas sen danar a outros. Expresar sentimentos e pensamentos, realizar eleccións persoais e sentirse ben conun mesmo.
Na páxina do Departamento de Orientación Andújar preséntanos unha serie de contos proporcionados polo Ministerio de Educación para potenciar o desenvolvemento das habilidades lingüísticas, á súa vez traballan valores culturais e sociais, como a sensibilidade cara ás persoas con minusvalidez e as persoas maiores.
Picando na foto abriranos unha presentación dos contos indicándonos os obxectivos que se pretenden, as idades axeitadas e os obxectivos específicos de cada conto.