viernes, 16 de mayo de 2008

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xosé María Álvarez Blázquez, Letras Galegas 2008
Xosé María Álvarez Blázquez foi o editor, escritor e animador cultural que adicou a súa vida á difusión e pretixio da nosa cultura e das nosa literatura.
É homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008. A súa obra abrangue a poesía, a novela e o teatro; investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia.
Máis información no "RECANTO DE MIK" e na "REAL ACADEMIA GALEGA"

Suso Vaamonde no disco "Santiago mar de pedra" (ca. 1975; CD de 1997) púxolle música ao poema "romance do pescador peleriño"

Antonio I. Paz Valverde púxolle música ao poema "Era un airiño soave" e gravado pola "Coral do Centro Social de Teis"

"Ao ver que non tiñas nome", musicado tamén por Antonio I. Paz Valverde, e executada pola Coral Polifónica "Novos Aires" de Nigrán

Esta información foi obtida na páxina web http://www.udc.es/dep/lx/cac/xmab/index.htm

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.