miércoles, 28 de mayo de 2008

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación convocou para o curso 08-09 as seguintes axudas:
1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidaes educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conducta
2.-Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conducta para familias numerosas.
3.-Axudas para programas específicos complementarios asociados a altas capacidades

Para obter axudas polos apartados 1 e 2 hai que reunir os seguintes requisitos:
1.-Ter unha necesidade educativa acreditada por algunha das seguintes vías:
*certificado de valoración e orientación da xunta
*certificado do departamento de orientación do centro
*certificado de minusvalía
2.-Ter cumpridos 2 anos a 31-12-07
3.-Para o apartado de subsidios se requerirá ser membro de familia numerosa

Existen umbrales de renta e patrimonio familiar en 2007 (consultar) que para o subsidio non se requirirá.

Axudas (as que poden pedir os alumnos dos nosos centros)
*Comedor.......ata 563 euros
*Reeducación pedagóxica ou de linguaxe (deberán contar coa certificación do coste do servicio expedida polo centro reeducador que o preste, informe e certificación do departamento de orientación).......ata 895 euros

Subsidios
*Comedor......ata 563 euros

Os impresos pedíranse nos centros educativos ou na páxina do mec

O prazo de presentación remata o día 13 de xuño de 2008

Tódala información que precisedes consultala con Ubaldo ou na páxina do MEC
Convocatoria de ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2008/09

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.