domingo, 8 de marzo de 2009

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

A cantiga "CENTEÁS" de LUAR NA LUBRE é unha homenaxe ás mulleres traballadoras.
O porto de Cariño é un fermoso enclave da comarca de Ortegal que se abre ao sol nacente, entre o Cantábrico e as montañas. Nesta Galicia que cambia coa rapidez do mundo o grupo "LUAR NA LUBRE"quere render homenaxe ás mulleres traballadoras, ás da fábrica de conservas, ás redeiras, as que sostiñan o horto pequeno e o lavadoiro comunal. Certo día baixaron á costa de Centeás e colleron o autobús para a cidade. Levaron consigo a memoria da estirpe.
A nai do poeta Xabier Cordal, que torna sempre a Cariño a través do seu recordo, era unha delas.

Ven, miña mai, ao cabo Ortegal,

baila na festa da ermida do Trebo.

Se vés comigo heite levar

na proa do mundo perder o medo.

Volve a Centeás, escribe este orballo.

Volve a Centeás, escribe este orballo.

Se vés comigo heite levar

patria vella, norte mariñeiro.

Lava a ferida, cóntame o mar,

fala que dorme, nós espertaremos.

Volve a Centeás, escribe este orballo

Volve a Centeás, escribe este orballo.

Lava a ferida, cóntame o mar,

roupa ao clareo espiras na fonte.

Nada unha nena na luz do Peiral,

lévame a vida arribar da túa morte.

Volve a Centeás, escribe este orballo.

Volve a Centeás, escribe este orballo.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.