domingo, 27 de junio de 2010

Memoria final de curso

Chega o final de curso e antes de marcharnos de vacacións é momento de facer balance do departamento de orientación.
Fixemos a memoria do departamento e a aprobamos o 24-06-2010 e tan so queda aprobala, xunto coa memoria do centro no Claustro e no Consello Escolar o día 28.
Se queredes votarlle unha ollada picar no enlace e veredes que a gran diferencia coa do ano pasado é que como non comparto Orientación co colexio Mestres Goldar as diferentes actuacións aumentaron moitísimo con respeto ao curso pasado, moi especialmente as intervencións con pais e nais e polo tanto os asesoramentos aos titores e titoras.

MEMORIA FIN DE CURSO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2009-2010


Bo verán

jueves, 17 de junio de 2010

Coñecendo o instituto


Hoxe, o alumnado de sexto foi ao IES de Beade onde cursarán o próximo ano primeiro da ESO.

Fomos camiñando dende o noso colexio e ás 10,30 chegamos ao IES onde nos xuntamos co alumnado de Coutada-Beade, Sárdoma e Mestres Goldar que tamén estarán o próximo ano neste instituto.

No salón de actos esperábannos antigos alumnos destes centros, a orientadora e o director do IES.

Despois das pertinentes presentacións os alumnos bombardearon os membros da mesa a preguntas que contestaban amablemente e cando había dúbidas era ou o director ou a orientadora os que respondían aos rapaces

Unha vez respondidas todas as dúbidas dos alumnos dividímonos en dous grupos e pasamos a coñecer as instalacións: a cafetaría, a clase de educación física, o pavillón de deportes, a aula de informática, a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o laboratorio de química e algunha máis que seguro que se me esquece.

Antes de regresar, compartiron o recreo das 12 co alumnado do IES.

Unha visita que realizamos todos os anos e que axuda aos nenos e nenas de sexto a perder o medo do paso ao instituto.

Picar na imaxe para coñecer cousas sobre o IES de Beade

viernes, 11 de junio de 2010

Resultados das probas do alumnado de 2º, 4º e 6º

O pasado mes de maio aplicámoslle ao alumnado de 2º, 4º e 6º  unha proba (BADyG) que intenta medir as aptitudes, tanto xerais como diferenciais, dos nenos e nenas.


O vindeiro martes 15 de xuño, no salón de actos do colexio, explicaremos en que consistiu a proba e que aptitudes xerais e diferenciais miden, para poder así entender os resultados que obtiveron os nosos fillos.

O horario da reunión será:
  • Segundo................16,30 horas
  • Cuarto...................17 horas
  • Sexto.....................17,30 horas
Os resultados só se darán, en sobre pechado, aos pais ou nais que acudan á reunión-explicativa.

QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?

  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.
QUE NON É CONVENIENTE FACER
  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.
¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?
  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.
Para ver máis información das probas:

domingo, 6 de junio de 2010

Aclaracións sobre as axudas a NEE

*A Orde podedes lela na seguinte dirección:  http://www.boe.es/boe/dias/2010/06/05/pdfs/BOE-A-2010-9019.pdf

*A necesidade específica de apoio educativo derivada de minusvalidez ou trastornos graves de conduta ten que estar acreditada por algunha das seguintes vías:

  • Certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Maior e de Servizos Sociais ou órgano correspondente da comunidade autónoma.
  • Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependentes da administración educativa correspondente.
  • Certificado de minusvalía.
*O alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a minusvalidez ou a trastornos graves de conduta poderá obter axuda para os seguintes conceptos e nas seguintes contías máximas:

  • Ensino: ata 862,00 euros.
  • Transporte escolar: ata 617,00 euros.
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros.
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
  • Transporte urbano: ata 308,00 euros.
  • Libros e material didáctico:
  • Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, e Formación para a transición á vida adulta: ata 105,00 euros.
  • Resto de niveis do ensino postobrigatorio: ata 204,00 euros.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: a que en cada caso se fixe como necesaria e suficiente, en aplicación das regras do apartado 6 do presente artigo, cun límite máximo de 913,00 euros para cada unha delas.
*Os subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a minusvalidez ou trastornos de conduta poderán concederse unicamente para os conceptos de transporte escolar ou urbano e comedor e polas mesmas contías sinaladas para estes nas axudas.

*As axudas de ensino teñen por obxecto o pagamento dos gastos que ocasionen a inscrición e asistencia do alumno a un centro, e non poderán concederse cando as unidades ou seccións do devandito centro estean atendidas por profesorado dependente das administracións educativas ou sexan sostidas con fondos públicos. (no noso centro non se poden pedir)
*Poderán concederse axudas para transporte urbano, cando así se xustifique polo tipo de deficiencia do alumno e a distancia do domicilio familiar ao centro educativo.
*As axudas de residencia unicamente se concederán para alumnos que fagan uso deste servizo, e son incompatibles coas axudas de comedor e de transporte.
*As axudas de trasporte escolar non se poden pedir xa que o temos gratuito
*As axudas de comedor escolar se poden pedir
*Para a asignación das axudas de reeducación pedagóxica ou da linguaxe, que serán compatibles coas demais, observaranse as seguintes regras:
  • Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación no que se detalle a asistencia educativa que se considere necesaria para a súa corrección, a duración previsible da asistencia e as condicións que garantan a súa prestación.
  • Certificación expedida polo inspector da zona ou do equipo de orientación dependente das administracións educativas no que se indique a necesidade de recibir estes tratamentos ademais da atención pedagóxica proporcionada polo centro no que está escolarizado. (encárgase o colexio)
  • Certificación acreditativa do custo do servizo expedida polo centro ou reeducador que o preste. (O firma o Gabinete)

jueves, 3 de junio de 2010

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

http://www.boe.es/boe/dias/2010/06/05/pdfs/BOE-A-2010-9019.pdf

Xa teño os impresos das axudas para os alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. Normalmente chamo persoalmente a  estas familias pero pode existir algún caso que non estea baixo o meu control como poden ser aalumnos que teñen certificado de minusvalía e non o comunicaron o centro porque non lle afecta escolarmente esta minusvalía.
Fago un pequeno resumo desta convocatoria:
1.-TIPOS DE AXUDAS
*AXUDAS DIRECTAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS ASOCIADAS A DISCAPACIDADE O TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA.
  • Enseñanza
  • Transporte escolar
  • Comedor escolar
  • Residencia escolar
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos
  • Transporte urbano
  • Libros e material didáctico
  • Reeducación pedagóxica e da lingiaxe
*SUBSIDIOS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS ASOCIADAS A DISCAPACIDADE O TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA E PERTENECIENTE A FAMILAS NUMEROSAS.
  • Transporte escolar
  • Transporte urbano
  • Comedor
*AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO ASOCIADA A ALTAS CAPACIDADES INTELECTUAIS
  • Programa específico
2.-REQUISITOS
*XERAIS
  • Ter necesidade específica de apoio educatico asociada a discapacidade ou trastorno grave de conducta, acreditada por un equipo de valoración dos Servicios Sociais ou polo departamento de orientación do centro
  • Ter cumpridos 2 anos
  • Estar matriculado nun centro de específico ou ordinario que escolaricen alumnos con NEE.
*ECONÓMICOS
  • Non se pode superar certos umbrais de renta
Umbrais da renta familiar:

*Familias dun membro: 11.937,00 euros.
*Familias de dous membros: 19.444,00 euros.
*Familias de tres membros: 25.534,00 euros.
*Familias de catro membros: 30.287,00 euros.
*Familias de cinco membros: 34.370,00 euros.
*Familias de seis membros: 38.313,00 euros.
*Familias de sete membros: 42.041,00 euros.
*Familias de oito membros: 45.744,00 euros.
A partir do oitavo membro se engdirán 3.672 euros por cada novo membro computable da familia.
*Nos subsidios, ser membro de familia numerosa  non se esixen requisitos económicos
3.-¿ONDE SE OBTEÑEN OS IMPRESOS?
No centro escolar ou descargarlo na paxina do MEC
4.-DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
  • Fotocopia do DNI do solicitante e dos membros da familia maiores de 14 anos
  • Datos identificaativos da conta na que desexa percibir a axuda. Debe figurar como titular o alumno que solicita a axuda.
  • Certificado de minusvalía ou certificado do Departamento de Orientación do Centro
  • Se presenta algunhaa outra circunstancia(ex : familia numerosa) fotocopia
5.- ¿ONDE SE PRESENTA?
No centro docente donde vaia a cursar os estudios durante o curso 2010/11

Algo pequeñito

Se a canción de Eurovisión que representaba a España lle puxesen esta letra: seguro que tivésemos gañado.



E na escola, xa sabedes: un 5% menos


Visto en http://bibliotics.blogspot.com/

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.