jueves, 17 de septiembre de 2009

Entrevista inicial aos pais dos nenos de tres anos

Durante o mes de setembro teño unha entrevista con cada un dos pais dos alumnos de tres anos.Esta primeira entrevista ten unhas características especiais:
1º.- Non é demandada polos pais
2º.- Coa maioría dos casos trabállase coa presunción de normalidade

ANTES DA ENTREVISTA
  • Os pais son informados que haberá unha entrevista co Orientador e que o motivo desta é de obter información sobre os seus fillos para así poder axudarlles no seu desenvolvemento
  • Os pais xa me coñecen antes da entrevista porque estou presente na primeira reunión e ademais me ven na entrada e na saída do colexio xa que deliberadamente estou durante o período de adaptación

DURANTE A ENTREVISTA

A finalidade da entrevista é coñecer a dinámica do neno e os seus vínculos familiares sen ningún fin terapéutico.

Procuro esta primeira vez xerar un vínculo onde sexan eles os protagonistas e que se dé un clima na relación que tenda a que se sintan cómodos e distendidos.

Durante a entrevista utilizo o reforzamento positivo e ao final, como pechando a entrevista, pregunto se hai algo máis que non comentásemos, algo que lles pareza importante que saibamos no colexio; e aquí, en ocasións aparece a verdadeira preocupación dos pais.

Con esta entrevista fágome unha idea de como é o neno, como son os seus pais, que tipo de funcionamento prima no neno, que tipos de vínculos existen.

DESPOIS DA ENTREVISTA

  • Quedou aberta unha canle para que poidamos ter outras tanto si son demandas dos pais ou do colexio
  • A información obtida axúdame á hora de pensar en estratexias a seguir con cada familia
  • Este primeiro contacto cos pais logra posteriormente que haxa demandas pola súa parte
  • Algúns aspectos da información recollida é transmitida á mestra co fin de brindar un coñecemento que poida serlle útil no seu quefacer diario e entendan dende outra perspectiva a conduta do neno

lunes, 14 de septiembre de 2009

ASPANAEX: marcha solidaria

A Asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con minusvalidez intelectual da provincia de Pontevedra) organiza dende hai 26 anos, na cidade de Vigo, unha MARCHA SOLIDARIA, camiñando 9 quilómetros pola cidade para defender os dereitos das persoas con minusvalidez intelectual.

A marcha solidaria, este ano, sairá do parque de Castrelos ás 10,30 horas do domingo día 4 de outubro, regresando ao parque de Castrelos e procedendo a un sorteo de regalos entre os participantes.

martes, 8 de septiembre de 2009

¿cómo voltamos ao cole?

No blog bibliotics atopei esta imaxe que nos adianta como chegarán os nenos e nenas o próximo xoves ao colexio



lunes, 7 de septiembre de 2009

O primeiro día de escola

O próximo xoves 10 empezará unha nova etapa na vida de moitos nenos: a súa vida escolar.

Os pais deben prepararse para este momento evitando transmitir a súa angustia ao neno

Estes son algún consellos para estes primeiros días de colexio:

  1. Non lle transmita ao seu fillo medo nin ansiedade. Se o fai, el vaina sentir e o seu comportamento será de inseguridade.
  2. Manteña un ambente tranquilo na casa. É normal que o seu fillo exprese medo e ansiedade por ir ao colexio e que vostede tamén estea nervioso. Fale co seu fillo sobre ir ao colexio e sobre o que fará alí. Se ten fillos, nenos de amigos ou sobriños máis grandes, pídalles que lles conten algunhas das súas experiencias ao seu fillo. Trate de que estas conversacións sexan informais para que o seu fillo non se sinta intimidado ou abrumado
  3. Prepare ao seu fillo realizando a rutina que fará dende o primeiro día de clases: levánteo cedo, báñelo, acompáñelo a almorzar e realice con el varias actividades lúdicas.
  4. Teña todo preparado para o día definitivo: non permita que a vostede se lle faga tarde, poña o espertador. Os nenos angustíanse cando os seus pais berran ou teñen que correr porque están pasados de tempo.
  5. Evite dar instrucións como: non fales, non pelexes, non grites. Esto xera angustia.
  6. Conte ao neno quen estará o primeiro día de clase, a que hora irá a recollelo. Dígalle situacións concretas, para que se sinta tranquilo.
  7. Cumpra o que promete.
  8. Dígalle o importante que é que asista ao colexio a aprender e que estea con outros nenos.
  9. Acompáñelo ata a porta do colexio e dígalle o moito que o quere e o importante que é para vostede.
  10. Se o neno queda chorando, o conveniente é deixalo alí, porque co tempo el se irá adaptando e comprenderá que esa é a súa misión. Ademais, é unha resposta á ansiedade que está a manexar e canto máis cedo se acostume, menos traumático.
  11. Os pais deben recibilo con abrazos e bicos. Ademais, deben preguntarlle sobre o que fixeron, os amigos que conseguiu

Artigo relacionado: "UN NOVO COMPROMISO: A VOLTA AO COLE"

lunes, 31 de agosto de 2009

Gratuidade dos libros de texto



A Xunta de Galicia cambiou o sistema de gratuidade de libros de texto para este curso 2009-2010.
  • Este novo sistema vai dirixido aos pais con fillos/as que comenzan 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial.
  • O prazo de presentación é dende o 1 ata o 30 de setembro (no propio centro escolar)
  • A documentación a presentar é: unha fotocopia dos DNI dos pais, unha fotocopia do libro de familia, o volante/certificado de empadroamento (só será necesario cando sexa preciso acreditar algunha circunstancia non recollida no Libro de Familia), unha certificación bancaria dun número de conta corrente e o formulario cumprimentado. O formulario poderáse recoller no centro escolar, nas sedes da Xunta ou baixar aquí:
    Formulario de solicitude - Anexo I
    Formulario de solicitude - Anexo II
  • O importe da axuda se ingresará en 15-20 días, desde a data da solicitude, por transferencia bancaria
  • Os importes das axudas son:

*180 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 euros per cápita (5.400 euros por cada un dos membros da unidade familiar).
*104 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 9.000 euros per cápita (é dicir, 9.000 euros por cada un dos membros da familia).
*250 € para cada neno de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar

Convocatoria no DOGA: Diario Oficial de Galicia

Información na páxina da Xunta: Gratuidade solidaria

lunes, 13 de julio de 2009

Pensa e xoga no verán

Nesta páxina encontrarás moitos xogos de habilidade, puzzles, xogos de mesa.... que te axudarán a pasar as vacacións e desarrollar a intelixencia





Para xogar pica na imaxe

viernes, 3 de julio de 2009

Vacacións



Rematou o curso e é momento de desconectar e de gozar dos fillos.
Eu penso pasar un verán marabilloso coa miña filla Uxía e cos meus dous mozos David e Alex e poñendome sempre ás ordes da xefa Viki.
No mes de setembro voltaremos con forzas renovadas

sábado, 27 de junio de 2009

Memoria de final de curso

Chega o final de curso e antes de marcharnos de vacacións é momento de facer balance do departamento de orientación. Fixemos a memoria do departamento e so queda presentala ao Claustro e ao Consello Escolar para súa aprobación. Se queredes votarlle unha ollada picar no enlace:

http://docs.google.com/View?id=dnxqcjt_466fnhn4jdm

lunes, 22 de junio de 2009

Despedida do curso no Mestres Goldar

Isto de estar en dous colexios é unha marabilla: dobres festivais, dobres alegrías, pero tamén dobres tristuras. Hoxe tocoume unha tristura: o meu último festival no colexio Mestres, que pena, un colexio onde me sentín feliz, onde os alumnos sen dúbida: o mellor e sen esquecer os compañeiros: estupendos, nunca me encontrei un centro coa dedicación do profesorado como este: Alfonso un encanto, a Anpa sempre aí. Eu simplemente teño que dicir "GRAZAS" por todo: FIXÉSTESME SENTIR UN VERDADEIRO PROFESIONAL.
Deixémonos de melancolías e ao gran. Como sempre Toniño preparounos algo espectacular: o festival xirou en torno a dous grandes eixes: os alumnos de infantil que se fan maiores e os alumnos de sexto que nos deixan.Estas son as fotos do festival:








Toniño exercendo de mestre de cerimonias:


Os de Infantil romperon a bailar:


E logo os de tres anos entregaron os diplomas aos de cinco:

O protagonismo pasou aos alumnos de sexto. A súa mestra "Luz" entregoulle os diplomas:


Nos deleitaron con cantigas:


E a festa rematou cun baile de todos os nenos de Primaria e agasallos do ANPA

sábado, 20 de junio de 2009

viernes, 19 de junio de 2009

Rematou

Tanto Infantil de 5 anos como 6º de primaria remataron dúas etapas moi importantes na súa vida.

Os de Infantil xa son maiores, o seu mandilón pasou a historia, aquelo de colgar, descolgar das perchas, abotoar, levalo a lavar........"NUNCA MÁIS".

Pois desta forma mostráronnolo

Cos de sexto a historia é diferente: van ao instituto. Os mestres e mestras do Colexio quixemos facerlles esta pequena homenaxe: unha pequena recopilación de fotos da súa vida escolar.

Pouco a pouco iremos poñendo os videos e fotos do festival

martes, 16 de junio de 2009

Polo sendeiro da nosa herdanza

Os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo do CEIP "Mestres Goldar" elaboraron carteis para expresar a idea que son beneficiarios dunha gran riqueza "A NOSA LINGUA".
Podedes ver as fotos dos carteis na páxina do "RECANTO DE MIK"

Tamén a mesa da normalización lingüística elaborou un manifiesto a prol da convivencia lingüística e de igualdade de dereitos para o galego.
Podedes ler o manifesto e asinalo se asé o considerades no seguinte enlace:
http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm

sábado, 13 de junio de 2009

Xubilación

Graciela, Charo Agudo e Manoli, tres fenomenais orientadoras e mellores persoas, xubílanse e como non podía ser doutra forma, organizamos unha cea para darlle unha homenaxe a estas tres fantásticas profesionais.
No restaurante "Gaivota" gozamos duns estupendos arrozoces pero sobre todo gozamos da presenza de Graciela, Charo e Manoli.
Sorte na vosa nova etapa da vida

Jubilación on PhotoPeach

viernes, 5 de junio de 2009

O gastos infantís

Algúns estudos cifran en 3.500 millóns de € o diñeiro gastado en os nenos directamente, en España, en 2003, o que supón arredor de 8.000.ano/fillo.

Os nenos inflúen en preto dun 43% das decisións de compra que se toman nunha casa.
Á semana véndense 500.000 Barbies no mundo.
En España existen 1.130 marcas de xoguetes e 157 de xeados.
Os nenos españois gastan unha media de 420 € ao ano en roupa.
O 73% da poboación menor de 13 anos en España ten unha videoconsola. Nintendo vendeu 1.600.000 unidades en Españade Game Boy.
Un 20% dos nenos en todo o mundo entre 8 e 14 anos teñen teléfono móbil.
Un 30% dos adolescentes manda mais de 4 sms ao día.
Toys 'R' Us, recibiu 30 millóns de visitantes nos seus primeiros sete anos de vida en España.


O mercado directo é aquel co neno xestiona os seus propios cartos e toma decisións sobre a compra de produtos de pequena contía con total autonomía: Xeados, chuches,chocolate, etc. ; son os principais produtos que se compran"por impulso", sen apenas reflexión. Son só caprichos.


Estes caprichos son:
  1. 48,5% BEBIDAS: augas, refrescos.

  2. 12,5% CHUCHES: caramelos, gomas de mascar, lambetadas.

  3. 8,4% CHOCOLATE: chocolatinas, bombóns.

  4. 13,4% XEADOS

  5. 17,2% PICAR bolería doce, patacas, snacks.

Este diñeiro de peto vai aumentado cada vez más. Segundo algunhas fontes un 54% dos nenos españois recoñecen recibir unha paga mentres que un 45% recibeo diñeiro cando o pide. Só un 19% aforra parte dos seus ingresos.



¿Cómo actuar?

  1. Ensinar a administrar e repartir o diñeiro ao longo do tempo. A paga semanal pode ir, a medida que vai crecendo o neno, converténdose en quincenal, mensual... facendo, iso si, fincapé en que debe ser repartida ao longo do tempo e non gastada inmediatamente. É importante facer ver ao neno que o diñeiro non é ilimitado, que se pode esgotar e rematar senón se dispón ben del.

  2. Traballar sobre o que un neno necesita, sobre cales son as súas necesidades e cales son os seus caprichos. Xogar a preguntarse ¿por que é necesario? ¿y para que vou utilizalo? Debuxar catro ou cinco cousas sen as que poderías vivir e serías igual de feliz. Substituír obxectos comprados por obxectos fabricados por as súas propias mans.

  3. Educar en hábitos saudables de alimentación. Sen chegar a prohibir determinadas compras si é importante non facer costume alimenticia das lambetadas, os xeados, os chocolates, os refrescos. Facer ver que ese tipo de produtos son algo especial, extraordinario, que non se poden comer a miúdo porque son malos para a saúde.

  4. Fomentar o gasto en cousas importantes para o neno, e non en meros caprichos impulsivos. Ensinar a desexar as cousas, asoñalas, e a aforrar para conseguir o que se desexa. Regalar un peto . Os tempos de este desexo-aforro deberían estar en todo momento axeitado á idade do neno, para non cansar nin aburrir con excesivos prazos inalcanzables. Non esquezamos que para un neno o importante é o inmediato.Xogar co neno a buscar información sobre o produto desexado.

  5. Facer consciente ao neno do que custa gañar o diñeiro, pero sen que supoña o pagamento dun salario por un traballo. Recompensar e completar con diñeiro extra algúns recados ou tarefas. ¡Ollo! Hai tarefas no seo da familia que deben facerse polo mero feito de ser e participar na convivencia familiar (facerse a cama, poñer ou recoller a mesa), pero outros como o lavado do coche ou baixar a polo xornal, si poderían ser motivo dunha remuneración adicional que en todo caso debe manter (e contarllo así aos nenos) ese carácter de extraordinario. Ensinar a desexar as cousas, a soñalas, e a aforrar para conseguir o quedeséxase"

CONSEJERÍA DE LA FAMILIA Y ASUNTOS SOCIALES DE LA COMUNIDAD DE MADRID.GUIAS DE LA FAMILIA EN MOMENTOS DIFÍCILES.AUTOR: Carlos ballesteros García

martes, 2 de junio de 2009

Joshua Bell

Despois de varios anos sen facer uso do talonario de baixas, o día de onte, o meu médico de cabeceira asinoume unha, debido, segundo el ao lamentable estado da miña garganta e a miña alta febre.

Isto para mi é insoportable, ademais de suar a gota gorda, abúrrome moito. Como non teño moitas forzas para postear algo deixovos isto:






jueves, 28 de mayo de 2009

Probas aos alumnos de 2º, 4º e 6º

Estes días estamos a realizar unhas probas aos alumnos de 2º, 4º e 6º.
Esta proba é o BadyG que é un un test colectivo, é dicir, que se realiza con todos os alumnos da clase ao mesmo tempo e serve para coñecer aspectos de aptitude básica como habilidades estreitamente relacionadas co aprendizaxe curricular dos nenos en idade escolar.
Pasamos esta proba porque coñecendo o seu potencial intelectual podémoslle axudar ou esixir segundo as súas posibilidades.

¿QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?
  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.

QUE NON É CONVENIENTE FACER

  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.

¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?

  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.

Para ver máis información das probas:

Sexto curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_240c4k3x3cc

Cuarto curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_238pd8rfrhn

Segundo curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_236hghhg5gp

lunes, 25 de mayo de 2009

Mecanismos de adaptación nas familias con nenos con necesidades educativas especiais



Resulta moi difícil entender dende fóra o enorme impacto emocional que supón para unha familia a existencia dunha persoa con minusvalidez no seu seo. Entre outros sentimentos, poden aparecer gran desorientación, estrés, sobrecarga e sensación de incompetencia.


Cando nace un neno con minusvalidez, ou ben sobrevenlle posteriormente, os mecanismos que necesita a familia para tratar de compensar o impacto emocional son moi variados e diverxen cuantitativa e cualitativamente en cada caso. Eses mecanismos defensivos son lexítimos e necesarios, pero poden influír en o desenvolvemento do neno e condicionar a relación co centro educativo. Cando empeza a escolarización a familia ten que poñer o seu fillo en mans de persoas descoñecidas, podendo aparecer sentimentos de inseguridade e dúbidas sobre se estas saberán atender as necesidades do neno. Ademais, os pais non poderán evitar establecer comparacións cando se relacionen con outros pais e outros nenos (con minusvalidez ou sen ela). Algunhas veces pode resultar difícil entender algunhas reaccións da familia fronte aos profesionais (médicos, profesores, coidadores...) ante os quepoden mostrar dende unha relación deintenso apego, idealización e dependencia,ata reaccións de desconfianza oureceo. O mesmo pode suceder coasinstitucións (colexios, asociacións...).


Para entender todo iso é necesario ter en conta a enorme complexidade do mundo da minusvalidez, así como as dificultades de adaptación de calquera familia ante unha situación existencial moi difícil que leva aparellada unha gran carga de angustia. Se ben cada familia é única e ten seu dinámica particular e as súas necesidades concretas, existen algúns mecanismos de adaptación que son moi habituais nas distintas familias, e que forman parte do seu proceso de axuste ás circunstancias dun fillo con minusvalidez.


Os mecanismos de adaptación son:



  1. MECANISMOS DE NEGACIÓN. Tras o diagnóstico dunha minusvalidez no fillo, inicialmente poden aparecer nos pais procesos de negación ("non pode ser...se equivocaron no diagnóstico... "), o que pode levar a unha familia á peregrinación por distintos centros e á busca urxente de outros profesionais nun anhelo de encontrar aqueles que lle digan o contrario,ou ben que lle confirmen que o seu fillo non ten problema ningún. Este mecanismo é lexítimo, e durante un tempo reduce a angustia de base. Non obstante, a negación non é un mecanismo útil a longo prazo, xa que non axuda a resolver un problema senón que, contrariamente, dilátao no tempo e pode atrasar a súa axeitada abordaxe. Antes ou despois este mecanismo defensivo fracasa xa que é inevitable a confrontación coa realidade, polo que reaparecea angustia ao percibir a verdadeira situación. A familia envorcarase naqueles profesionaise métodos "terapéuticos" que apoien a negación do problema. A familia está angustiada e é extraordinariamente vulnerable, podendo converterse en vítima doada daqueles que venden solucións máxicas, curacións milagrosas, medicinas alternativas e métodos terapéuticos de dubidosa eficacia.

  2. MECANISMOS DE PROXECCIÓN. Ás veces, a familia proxecta a súa ansiedade no ámbito e intenta buscar responsables aos que atribuír a minusvalidez do neno. Con frecuencia cambian dun médico a outro e dun colexio a outro, xulgando insuficientes todos eles.Detrás desta actitude encóntrase a miúdo unha familia intensamente angustiada e coa sensación interna de que non están a facer todo o posible polo seu fillo e que poderían facer máis por el, a pesar de que realmente están a realizar todo o que está na súa man. En estes casos, os pais poden ter dúbidas sobre as súas propias capacidades para afrontar a minusvalidez do seu fillo.

  3. MECANISMOS PASIVO-DEPENDENTES. As familias con mecanismos dependentes depositan nos profesionais toda a responsabilidade no tratamento e educación do seu fillo. Como consecuencia do seu medo e inseguridade, prefiren delegar noutros algunhas funcións e decisións que lles corresponden a eles como pais, pero que lles custa asumir por temor a facelo mal ou simplemente porque lles resulta moi doloroso enfrontarse co problema do neno. Para estas familias todos os profesionais serán magníficos sempre que se ocupen das tarefas que a eles lles angustían. Moitas veces estas familias non protestarán aínda que teñan motivos para facelo,xa que o medo a ser abandonados polo persoal impídelles ser asertivos.

  4. OUTROS MECANISMOS DE ADAPTACIÓN. Sen dúbida ningunha existen tantos modelos distintos como familias. Con frecuencia aparecen mesturados dentro dunha mesma familia diferentes mecanismos como os descritos anteriormente. A inmensa maioría das familias cun membro con minusvalidez teñen un funcionamento adaptado e axeitado a pesar das dificultades engadidas da súa situación. Cada caso debe ser analizado individualmente, pero pode haber familiasmo noparentais, familias adoptivas, familias con escasos recursos económicos ou carencia sociocultural, familias desestruturadas (pais divorciados, dinámicas patóxenas...), etc. Cada unha delas terá un significado distinto sobre a minusvalidez do neno. Algunhas dinámicas familiares constitúen factor agravante da minusvalidez,e sobre elas hai que dirixir os maiores esforzos de apoio.Non debemos esquecer que cada familia posúe os seus propios recursos psicolóxicos para facer fronte ao problema do seu fillo. As familias fan todo o que poden polo seu fillo, e se os seus mecanismos non son os máis apropiados, a familia non é culpable diso.

Manual de pautasde intervención psicopedagógica .Colección Telefónica Accesible

viernes, 22 de mayo de 2009

Expo Campo

No colexio Mestres Goldar están a recordar como eran os utensilios e a vida no campo cunha exposición "EXPOCAMPO". Unha bonita forma de trasladarse ao pasado.

A exposición foi montada con materiais traídos tanto por profesores coma polas familias dos alumnos
expocampo on PhotoPeach


Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.