viernes, 31 de diciembre de 2010

Acompañar: navega cos teus fillos

No canal da páxina do ministerio de educación LEER.ES no seu apartado de familias atopamos varios videos moi interesantes:
Un é este onde da uns prácticos consellos aos pais por se lles regalan un ordenador nestas festas




Acompañar: navega cos teus fillos


domingo, 12 de diciembre de 2010

Informe PISA 2009

O Informe do Programa Internacional para a Avaliación de Estudantes ou Informe PISA polas súas siglas en inglés (Programme for International Student Assessment)  baséase na análise do rendemento de estudantes a partir duns exames mundiais que se realizan cada tres anos e que teñen como fin a valoración internacional dos alumnos. Este informe é levado a cabo pola OCDE, que se encarga da realización de probas estandarizadas a estudantes de 15 anos.  Aínda que é considerado como un sistema "obxectivo" de comparación, a súa formulación está suxeita a moitas críticas, por canto é unha análise meramente cuantitativa.
Na páxina do MEC podedes ver o informe completo con todo tipo de gráficos e as preguntas que se fixeron aos alumnos: http://www.educacion.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/20101207-pisa2009-informe-espanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

Neste gráfico podedes ver a comparativa entre paises nas tres competencias que se analizan


Gráfico comparativo entre Comunidades Autónomas

Hai moitas cousas que analizar, á miña chámame a atención varias cousas:
1º. -Toda a campaña que se fixo contra as matemáticas en galego; resulta que nesa competencia e nas ciencias (tamén en galego) Galicia obtén mellores resultados que a media de España e en Ciencias superior mesmo á media de OCDE.
2º.-¿Por qué o alumnado dos Países Asiáticos superar por moito ao resto dos demáis países ?
3º.-Déixovos un artigo publicado no País o día 11-12-2010 de PELAYO MOLINERO GETE
.........
"Los adolescentes terminan hartos de sujetos, predicados, simples, compuestas, adjetivas y adverbiales. ¿Por qué no nos limitamos a dar, cuando corresponda, uno o dos cursos de gramática en condiciones, dejando, así, de repetir año tras año la misma copla y nos centramos después en leer, comprender y redactar?

Hace ya años que Luis Landero dijo que un alumno español puede ser capaz de descomponer un editorial de cualquier periódico en todas sus oraciones, simples o compuestas, decirnos si son sustantivas, de relativo o adverbiales propias o impropias, pero que posiblemente si le preguntamos por la posición del editorial ante el problema que se plantea se quede en blanco. Pues en esas estamos. Oscilando entre sesudos análisis oracionales-textuales y triviales lecturas "juveniles"."

martes, 7 de diciembre de 2010

Orientacións para a estimulación da linguaxe (educación infantil)

A mestra de Audición e linguaxe, Miriam García,  redactou estas pequenas recomendacións para estimular a linguaxe.

Pica na imaxe para ver as recomendacións

viernes, 19 de noviembre de 2010

Día Internacional da Infancia

A Asamblea Xeral da ONU aprobou, en 1959, a Declaración sobre os Dereitos do Neno e da Nena.
Por esta razón o 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas
Se queres podes ver a versión dos Dereitos dos nenos e nenas de MAFALDA picando no dibuxo (visto no outeiro de Matilda)


miércoles, 17 de noviembre de 2010

Unha faluza a tempo.......

Acabo de ler o País e encontreime un artigo moi interesante: "EL CACHETE DUELE, PERO NO FUNCIONA"

*Moita xente ve na faluza algo eficaz pero utilizado de forma moi puntual e como último recurso, para marcar claramente un límite a un neno ou a un preadolescente.
*Outros rexéitano xa que "Se non o xustificamos no ámbito da parella, por que si cos nenos, que están indefensos?"
*Falamos soamente da pequena faluza xa que os que reciben golpes máis severos (exemplo co cinto) si están condenadas e case ninguén as defende, polo menos en voz alta pero unha faluza "a tempo" está amplamente aceptado a nivel social
* Cando chegou o límite? Cando a hora de utilizar o último recurso? Como se sabe que non foi demasiado? Hai moitos matices que convén ter en conta, xa que non é o mesmo a faluza puntual que tomalo como norma cada que vez que se queira conducir o menor
*O filósofo José Antonio Marina defende dar unha faluza pero ""sempre nun contexto de cariño e non nun arrebato de nervios" O xuíz de menores de Granada Emilio Calatayud dixo en numerosas ocasións que o azoute se pode dar sempre que sexa no momento oportuno e coa intensidade axeitada. Pero é moi difícil que se dean estes contextos, no 90 % dos casos van acompañados de berros, de ameazas, de intentos de humillar ao menor
*A faluza  explicitar a impotencia e a incapacidade do adulto", di o pedagogo e doutor en Ciencias da Educación Joan Josep Sarrado. Así o percibe o neno e, polo tanto, víveo como unha "vinganza" do pai ou da nai, e non pode ter efectos educativos positivos, asegura
*A faluza ten efectos a moi corto prazo pero a longo prazo, o que acontecerá é que probablemente o pai terá que aplicalo cada vez con máis frecuencia para obter o mesmo resultado
*Sempre oímos que non se traumatiza" aos nenos" "para toda a vida". A cuestión, non obstante, é que convén descartar castigos físicos, simplemente, porque "son innecesarios non teñen ningún obxectivo educativo", e non funcionan", é dicir, non van corrixir o comportamento do menor.
*Pero as outras ferramentas requiren tempo, esforzo e paciencia. "En educación, nada se improvisa". Os procesos de diálogo, de comunicación, de respecto deben empezar moi pronto, canto antes.
*Moitos pais quéixanse de que non son pedagogos e que non saben poñer en práctica as ferramentas educativas pero hoxe en día hai moitos recursos, hai escolas de pais, pódese facer un seguimento moi de preto cos profesores dos centros educativos.....


As alternativas á fazula

- O diálogo. Aínda que poida antollarse inútil, é importante empezar a explicar as decisións que toman os nenos dende que son pequenos, aínda que teñan sete ou oito anos, para ir poñendo os cimentos dunha relación de diálogo.
- A firmeza. É moito máis interesante dicir as cousas con firmeza que berrando.
- O castigo. O castigo debe estar pegado á acción, non esperar, e debe ser contundente dende o principio; castigar se se decide castigar sen ameazar durante moito tempo. Ademais, debe ser axustado e serse mantido a pesar da presión do fillo. Pode ser dende mandalo de cara á parede ou a outro cuarto, ata privalo da tele ou dun xoguete.
- A atención. Os pais deben procurar dedicarlle atención ao neno cando faga as cousas ben, non só cando as faga mal. Hai que saber ignorar algúns comportamentos cos que o menor só quere chamar a atención,


martes, 16 de noviembre de 2010

Deporte e dieta para un cerebro máis san

Dende moi antigo díxose que o exercicio ten un impacto positivo e moi saudable sobre o cerebro; pero isto nunca se puidera probar cientificamente ata agora.
No programa REDES, Eduardo Punset entrevista ao neurocientífico  Fernando Gómez-Pinilla que o exercicio é un escudo protector do noso cerebro e un estimulador da nosa aprendizaxe e da nosa memoria.
O video dura media hora pero merece a pena.
 http://www.redesparalaciencia.com/3918/redes/redes-72-deporte-para-un-cerebro-mas-sano

viernes, 12 de noviembre de 2010

Que é un mestre?

Nenos, estudantes e profesores móstranche que é ser mestre e os valores que leva consigo a profesión

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Comprensión lectora. ACL

A próxima semana empezarei a pasar unha proba de compresión lectora a todo o alumnado de primaria.
A proba que utilizo é ACL unha ferramenta que permite ser aplicada individualmente, aínda que a súa forma máis habitual é a aplicación colectiva a un grupo-clase. Así, permite ter unha visión detallada da comprensión lectora de cada un dos alumnos, como tamén do nivel global do grupo
  ACL é un proba que vai dirixida a valorar a comprensión lectora dun xeito amplo, a partir de textos de tipoloxía diversa, con temáticas que se refiren ás diferentes áreas curriculares.


As preguntas recollen as principais dimensións da comprensión lectora: literal, inferencial, reorganizativa e crítica.
Nestas probas os nenos han de inferir, relacionar, sacar conclusións, resumir, secuenciar, prever, emitir xuízos, etc
A partir de textos breves, o alumno ten que responder preguntas en relación co escrito, podendo elixir entre diversas alternativas que lle obrigarán facer un esforzo de aproximación moi grande para seleccionar a que cre máis adecuada, máis próxima ao sentido do texto, á intención do autor, ao contido global ou específico dos termos. obrigaralle a elaborar, non a contestar por simple recordo inmediato, senón a comprender profundamente, dando valor aos xiros, ás intencións non explícitas pero se suxeridas, inferindo o sentido implícito ou deducindo o que se desprende de devandito texto.


COMPRENSIÓN
Comprensión literal
Se concentra en ideas e informacións explicitamente manifestas no texto. As tarefas a realizar son:
-recoñecemento de detalles
-recoñecemento das ideas principais
-recoñecemento dunha secuencia
-recoñecemento comparativo
-recoñecemento da causa e o efecto das relacións
-recoñecemento dos trazos de carácter
Reorganización
Requiere que o alumno analice, sintetice e/ou organice ideas sobre a información explicitamente manifesta no texto que debe ler. Xa que se trata de manipular información explícita algúns inclúena na comprensión literal. As tarefas de reorganización son:
-Clasificar
-Esquematizar
-Resumir
-Sintetizar
Comprensión inferencial
É manifestada polo alumno cando utiliza simultaneamente as ideas e a información explícita do texto por un lado e, por outro, pon en funcionamento a súa intuición e a súa experiencia persoal como base para facer conxecturas e elaborar hipótese. Esixe que o raciocinio e a imaxinación vaian máis alá da páxina imprimida. As tarefas de comprensión inferencial son:
-Dedución dos detalles de apoio
-Dedución das ideas principais
-Dedución dunha secuencia
-Dedución de comparacións
-Dedución de relacións causa e efecto
-Dedución de trazos e carácter
-Dedución de características e aplicación a unha situación nova
-Predición de resultados
-Hipótese de continuidade
-Interpretación da linguaxe figurativa
Comprensión crítica
Requiere que o alumno de respostas que indiquen que fixo un xuízo avaliativo por comparación de ideas presentadas no texto cun criterio externo proporcionado polo profesor, outras persoas competentes ou outras fontes escritas, ou ben por un criterio interno proporcionado polas experiencias, coñecementos ou valores do lector. O alumno pode facer os seguintes xuízos:
-Xuízo de realidade ou fantasía
-Xuízo de feitos ou opinións
-Xuízo de suficiencia e validez
-Xuízo de propiedade
-Xuízo de valor, conveniencia e aceptación.


Os tipos de texto cos que se traballan son
*Narrativo.
*Expositivo.
*Interpretación de datos.
*Interpretación de gráficos.
*Poético.

jueves, 21 de octubre de 2010

Plan Xeral Anual

Este curso, 2010-2011 comezámolo con algunha novidade:
  1. Publicaron unha nova Circular de accións prioritarias para os Departamentos de Orientación. http://www.edu.xunta.es/web/node/1458 
  2. Imos colaborar cunha tese doutoral sobre superdotación
  3. Houbo axustes de recursos humanos e a profesora de Audición e Linguaxe estará dous días no noso colexio en vez dos tres que estaba o ano pasado
  4. Este ano revisaremos o Plan de atención a diversidade
Podes ver o Plan no seguinte enlace:
https://docs.google.com/document/edit?id=1C5moW8c8zRx8GEfOh04nyOMn79vEEqGHt9NL2HD2Ff0&hl=es&authkey=CJqwv7AJ

domingo, 17 de octubre de 2010

Protesta

O sábado 9 de outubre, houbo unha protesta ante as oficinas da Dependencia en Santiago de Compostela fartos de andar entre papeis sen que nada cambie.


Este video saqueino do blog "PENSANDO EN IMÁGENES" blog de Alberto, neno diagnosticado con autismo.
Outro video moi interesante é "EL SONIDO DE LA HIERBA AL CRECER"  espazo para a reflexión e coñecer como viven felices co autismo Anabel e Erik  

sábado, 16 de octubre de 2010

O ordenador na aula

O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA) de Peñaranda preparou unha guía práctica sobre o papel do ordenador na aula para que os profesores aproveiten ao máximo o seu grao de competencia.
Partindo de que o ordenador non é un obxecto invasor nin un foco de atención, senón un elemento máis que debe ser integrado na estratexia de ensino-aprendizaxe na forma e medida que facilite a acción educativa ou estimule unha competencia concreta, entre outras suxestións, aconséllase aos profesores:
  1. Establece na túa aula tres momentos diferentes
    1. Ordenador pechado (non pode utilizarse o ordenador)
    2. O ordenador é un complemento e pode utilizarse para consulta, clarificación, etc.
    3. A tarefa esixe ordenador.
  2. Non te metas en camisa de once varas. Incorpora o ordenador a tarefas nas que o teu grao de competencia che permita facer o seguimento do traballo dos teus alumnos.
  3. A todo hai que afacerse. Ata que o ordenador sexa un elemento máis do ambiente educativo, planifica cada momento en que vaia utilizarse, de forma concreta e para todo un trimestre. Faino progresivamente. No comezo, o uso do ordenador será menor que cando exista o hábito tanto pola túa banda coma por parte dos alumnos.
  4. O ordenador non che fai as tarefas que ti non saibas facer. Só che facilita o camiño. Acostuma os teus estudantes a realizar esquemas ou bosquexos antes de poñerse directamente cunha aplicación. Na medida que as túas destrezas e as súas o permitan, eses pasos previos poden realizarse en papel ou co mesmo ordenador.
  5. Ás veces necesitamos desaprender. Nos primeiros días, prepara algunha sesión cos teus alumnos na que os hábitos dubidosos, as manías ou conceptos equivocados sobre o ordenador na aula, poidan aflorar.
Visto en http://www.lecturalab.org/story/Tips-para-profesores-que-quieren-introducir-el-ordenador-en-el-aula_1841

martes, 12 de octubre de 2010

Problemas de aprendizaxe

¿Que son os problemas de aprendizaxe?
Un problema de aprendizaxe é un trastorno neurolóxico. Un xeito sinxelo de explicar a natureza dun problema de aprendizaxe é que provén dunha diferenza na forma en que os "cables" do cerebro están "conectados". Aínda que os nenos/as con problemas de aprendizaxe son tan intelixentes ou máis intelixentes que os compañeiros/as da súa idade, se se lles educa mediante os métodos convencionais de ensino e aprendizaxe, ou se se lles deixa sós para resolver certos problemas e entender certas tarefas, pode que teñan dificultades para ler, escribir, deletrear, razoar, recordar e/ou organizar información e as matématicas.
¿Cales son os sinais dun problema de aprendizaxe?
Non hai ningún sinal único que indique que unha persoa teña un problema da aprendizaxe.
  • Pode ter problemas en aprender o alfabeto, facer rimar as palabras ou conectar as letras cos seus sons;
  • Pode cometer erros ao ler en voz alta, e repetir ou deterse a miúdo;
  • Pode non comprender o que le;
  • Pode ter dificultades con deletrear palabras;
  • Pode ter unha letra desordenada ou tomar o lapis torpemente;
  • Pode loitar para expresar as súas ideas por escrito;
  • Pode aprender a linguaxe en forma atrasada e ter un vocabulario limitado;
  • Pode ter dificultades en recordar os sons das letras ou escoitar pequenas diferenzas entre as palabras;
  • Pode ter dificultades en comprender bromas, historietas cómicas ilustradas, e sarcasmo;
  • Pode ter dificultades en seguir instrucións;
  • Pode pronunciar mal as palabras ou usar unha palabra incorrecta que soa similar;
  • Pode ter problemas en organizar o que el ou ela desexa dicir ou non pode pensar na palabra que necesita para escribir ou conversar;
  • Pode non seguir as regras sociais da conversación, tales como tomar quendas, e pode achegarse demasiado á persoa que o escoita;
  • Pode confundir os símbolos matemáticos e ler mal os números;
  • Pode non poder repetir un conto en órden (o que aconteceu primeiro, segundo, terceiro); o
  • Pode non saber onde comezar unha tarefa ou como seguir dende alí.
Consellos par pais e nais
  • Aprenda máis sobre os problemas da aprendizaxe. Mentres máis sabe, máis pode axudarse a si mesmo e ao seu neno.
  • Eloxie o seu neno cando a el ou ela lle vaia ben. Os nenos con problema da aprendizaxe renden ben nunha variedade de cousas. Descubra cales cousas lle gustan ao seu neno, tales como bailar, xogar fútbol, ou traballar cos ordenadores. Déalle bastantes oportunidades ao seu neno para perseguir as súas fortalezas e talentos.
  • Descubra como o seu neno aprende mellor. Aprende por medio de experiencias prácticas, ou por medio de mirar ou escoitar? Axude ao seu neno a aprender por medio das súas áreas de fortaleza.
  • Deixe que o seu neno axude coas tarefas domésticas. Estas poden aumentar a súa confianza e destrezas concretas. Manteña as instrucións simples, divida as tarefas en pasos pequenos, e recompense os esforzos do seu neno con eloxios.
  • Faga as tarefas escolares unha prioridade. Lea máis acerca de como pode axudar ao seu neno a ter éxito coas tarefas.
  • Poña atención á saúde mental do seu neno . Estea disposto a recibir asesoramento, o cal pode axudar ao seu neno a tratar coas frustracións, o cal sentirse mellor acerca de si mesmo e aprender máis sobre as destrezas sociais.
  • Fale con outros pais cuxos nenos teñen problemas da aprendizaxe. Os pais poden compartir consellos prácticos e apoio emocional.
  • Reúnase co persoal escolar e axude a desenvolver un plan educacional para tratar coas necesidades do seu neno. Planifique as acomodacións que o seu neno necesita.
  • Estableza unha relación de traballo positiva co mestre do seu neno. Por medio da comunicación regular, poden intercambiar información sobre o progreso do seu neno na casa e na escola.
Consellos para mestres e mestras
  • Aprenda o que máis poida sobre os diferentes tipos de problemas da aprendizaxe.
  • Descubra cales son as potencialidades e intereses do alumno e concéntrese nelas. Proporcione ao alumno respostas positivas e bastante oportunidades para practicar.
  • Revise os arquivos de avaliación do alumno para identificar as áreas específicas nas cales ten dificultade. Fale co Orientador da escola.  Acomode a enseñanza para tratar as necesidades especiais do alumno. Algúns exemplos inclúen:
    • Dividir as tarefas en etapas máis pequenas e proporcionar instrucións verbais e por escrito;
    • Proporcione ao alumno máis tempo para completar o traballo escolar ou probas;
    • Use con estes rapaces as novas tecnoloxías
    • Ensine destrezas para a organización, destrezas de estudo, e estratexias para a aprendizaxe. Estas axudan a todos os alumnos, e en particular a áquellos con problemas da aprendizaxe.
    • Traballe cos pais do alumno para crear un plan educacional especial para cumprir coas necesidades do alumno. Por medio da comunicación regular con eles, poden intercambiar información sobre o progreso do alumno na escola.
Recursos
http://www.ldonline.org/features/espanol

lunes, 4 de octubre de 2010

Decálogo para formar un novo delincuente

O xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud propón este decálogo para que os nosos fillos se convertan en delincuentes

 

1. Comience desde la infancia dando a su hijo todo lo que pida. Así crecerá convencido de que el mundo entero le pertenece.
2. No se preocupe por su educación ética o espiritual. Espere a que alcance la mayoría de edad para que pueda decidir libremente.
3. Cuando diga palabrotas, ríaselas. Esto lo animará a hacer cosas más graciosas.
4. No le regañe ni le diga que está mal algo de lo que hace. Podría crearle complejos de culpabilidad.
5. Recoja todo lo que él deja tirado: libros, zapatos, ropa, juguetes. Así se acostumbrará a cargar la responsabilidad sobre los demás.
6. Déjele leer todo lo que caiga en sus manos. Cuide de que sus platos, cubiertos y vasos estén esterilizados, pero no de que su mente se llene de basura.
7. Riña a menudo con su cónyuge en presencia del niño, así a él no le dolerá demasiado el día en que la familia, quizá por su propia conducta, quede destrozada para siempre.
8. Déle todo el dinero que quiera gastar. No vaya a sospechar que para disponer del mismo es necesario trabajar.
9. Satisfaga todos sus deseos, apetitos, comodidades y placeres. El sacrificio y la austeridad podrían producirle frustraciones.
10. Póngase de su parte en cualquier conflicto que tenga con sus profesores y vecinos. Piense que todos ellos tienen prejuicios contra su hijo y que de verdad quieren fastidiarlo.


miércoles, 8 de septiembre de 2010

Carta a un mestre. Elisa M. Mosser

Mestre; a ti diríxome. Ti que has de pulir a miña alma e moldear o meu corazón, compadécete da súa fraxilidade.

Non me mires con cello adusto. Se non te comprendo aínda, ten paciencia. Non reprima sempre o teu xesto os meus impulsos. Non che moleste a miña buliciosa alegría; compártea. Non ateigues a miña débil intelixencia con nocións superfluas.

Ensina o útil, o verdadeiro e o belo. O belo! Mestre: que os meus ollos aprendan a ver e a miña alma a sentir. Desentraña a beleza de canto rodea e faima gustar.

Trátame con dozura, mestre, agora que son pequeno, quen sabe as dores que me deparará o destino e, no medio deles, o recordo da túa benevolencia será benfeitor estímulo.

Non me rifas inxustamente; descobre ben a causa da miña falta e verás sempre atenuada a miña culpabilidade.

Ámame, mestre, como ama o pai ás súas criaturas, que eu, tamén aínda que non saiba demostrarcho, amarei moito, mañá máis que hoxe.

Se me insignias con amor, as túas leccións serán proveitosas, pero se non me amas, non poderei comprenderte nunca.

Cultívame, mestre, como o xardineiro ás florecillas que lle dan encanto e aroma, eu tamén perfumarei a túa existencia no incenso perenne do recordo e a gratitude. Eu hei de ser a túa obra mestra, procura compracerte dela.

Mestre, bo mestre, que has de dar luz aos meus ollos, alento ao meu cerebro, bondade ao meu corazón, beleza á miña alma, verdade ás miñas palabras, rectitude aos meus actos. Pai intelectual, bendito sexas.

jueves, 2 de septiembre de 2010

De volta

De novo no cole e coa pilas renovadas.

Este ano comezamos sen preocupacións de saúde (gripe A) pero con preocupacións políticas (decreto do plurilingüismo).
Quero deixarvos uns documentos que me pasou a compañeira Luisa Jonte que dá recomendacións para os pais e nais.










domingo, 27 de junio de 2010

Memoria final de curso

Chega o final de curso e antes de marcharnos de vacacións é momento de facer balance do departamento de orientación.
Fixemos a memoria do departamento e a aprobamos o 24-06-2010 e tan so queda aprobala, xunto coa memoria do centro no Claustro e no Consello Escolar o día 28.
Se queredes votarlle unha ollada picar no enlace e veredes que a gran diferencia coa do ano pasado é que como non comparto Orientación co colexio Mestres Goldar as diferentes actuacións aumentaron moitísimo con respeto ao curso pasado, moi especialmente as intervencións con pais e nais e polo tanto os asesoramentos aos titores e titoras.

MEMORIA FIN DE CURSO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2009-2010


Bo verán

jueves, 17 de junio de 2010

Coñecendo o instituto


Hoxe, o alumnado de sexto foi ao IES de Beade onde cursarán o próximo ano primeiro da ESO.

Fomos camiñando dende o noso colexio e ás 10,30 chegamos ao IES onde nos xuntamos co alumnado de Coutada-Beade, Sárdoma e Mestres Goldar que tamén estarán o próximo ano neste instituto.

No salón de actos esperábannos antigos alumnos destes centros, a orientadora e o director do IES.

Despois das pertinentes presentacións os alumnos bombardearon os membros da mesa a preguntas que contestaban amablemente e cando había dúbidas era ou o director ou a orientadora os que respondían aos rapaces

Unha vez respondidas todas as dúbidas dos alumnos dividímonos en dous grupos e pasamos a coñecer as instalacións: a cafetaría, a clase de educación física, o pavillón de deportes, a aula de informática, a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o laboratorio de química e algunha máis que seguro que se me esquece.

Antes de regresar, compartiron o recreo das 12 co alumnado do IES.

Unha visita que realizamos todos os anos e que axuda aos nenos e nenas de sexto a perder o medo do paso ao instituto.

Picar na imaxe para coñecer cousas sobre o IES de Beade

viernes, 11 de junio de 2010

Resultados das probas do alumnado de 2º, 4º e 6º

O pasado mes de maio aplicámoslle ao alumnado de 2º, 4º e 6º  unha proba (BADyG) que intenta medir as aptitudes, tanto xerais como diferenciais, dos nenos e nenas.


O vindeiro martes 15 de xuño, no salón de actos do colexio, explicaremos en que consistiu a proba e que aptitudes xerais e diferenciais miden, para poder así entender os resultados que obtiveron os nosos fillos.

O horario da reunión será:
  • Segundo................16,30 horas
  • Cuarto...................17 horas
  • Sexto.....................17,30 horas
Os resultados só se darán, en sobre pechado, aos pais ou nais que acudan á reunión-explicativa.

QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?

  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.
QUE NON É CONVENIENTE FACER
  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.
¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?
  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.
Para ver máis información das probas:
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.