A proba se pasou en maio a 57.000 nenos de 12 anos de 1208 colexios públicos, privados e concertados ( todos menos un que decidiron obxectar). Quedaron exentos os nenos chamados de compensatoria: inmigrantes que non coñecen o idioma, nenos de incorporación tardía, xitanos que estaban sen escolarozar e nenos con necesidades educativas especiais.
Suspenderon dous de cada cinco nenos.
Nestes resultados non se teñen en conta variables como: a situación do profesorado, a situación do colexio, o absentismo, as condicións socioeconómicas do entorno, a porcentaxe de inmigrantes; só avalían coñecementos.
Os dous colexios que obtiveron un 100% de aprobados foron un público e outro privado. O público tiña unha clase de 6º con 25 alumnos dos cales 7 eran de compensatoria e 3 faltaron ese día; os 15 que realizaron a proba aprobaron. No privado aprobaron os 60 alumnos de 6º, colexio cun alumnado de fillos ou netos de militares ou persoal civil do Ministerio de Defensa; centro sen inmigrantes onde o seu lema é "esixencia de esforzo"
Os dous peores centros son dous guetos con pouco profesorado, por suposto públicos; un co 80% de alumnado xitano e o 20% restante inmigrante, aínda que o profesorado di que este non é o problema senón a situación socioeconómica, cun altísimo nivel de absentismo, nula motivación e normas de comportamento social; no outro non acoden ao colexio xa que os levan ao mercado e se están matriculados é por obriga.
Con estes datos, a Conselleira de Educación, di que "é unha axuda máis para elixir centros" para os pais
Para os sindicatos "é un erro con pésimas consecuencias para os centros que obtiveron as peores notas"
Eu considero:
- Estas probas deberían servir para a mellora do sistema, do centro e de cada profesor
- A avaliación require certas condicións
- No ensino non é posible a comparación, xa que as condicións non son iguais e polo tanto non é posible facer "rankings"
- Como dixen antes os resultados deberían servir para mellorar. Os resultados sabíanse en xuño; pois aos dous centros con peores notas reducíronlle profesorado en setembro, segundo os seus xefes de estudios.
Segundo a LOE, este curso deberanse pasar, aos alumnos de 4º de primaria, probas similares a estas en todos os centros de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario