jueves, 18 de diciembre de 2008

NENOS E ADOLESCENTES DIFÍCILES

Andrea Fiorenza, no seu libro "Niños y adolescentes difíciles" sostén que moitos dos problemas de comportamento dos nenos se forman sobre a base de respostas e tentativas de solución que os adultos poñen en práctica. Estas respostas cando non son eficaces, rematan por alimentar a dificultade que deberían resolver. Isto non quere dicir que as dificultades se vaian converter en sempre en verdadeiros problemas de difícil solución. Para que isto se verifique é necesario que sexan satisfeitas dúas solucións:
  1. A dificultade afróntase dun modo inadecuado
  2. Diante da persistencia da dificultade aplícase máis da mesma solución, aínda que non funcione

En moitos casos necesitaríase actuar pero non se actúa; négase que o problema sexa un problema que haxa que resolver. Nalgunhas familias unha actitude deste tipo podería derivar do desexo de manter a calquera prezo unha fachada social aceptable. Antes de afrontar o problema, evítase, xa que o etiquetamiento de "familia con problema" é visto como algo máis grave que o problema que habería que afrontar. Négase a idea mesma de ter un fillo con problemas, xa que asumila significaría aceptar a idea de non ser pais capaces de ter e educar a un fillo "normal" e sen problemas e compórtanse coma se o problema non existise. O problema simplifícase dentro dunha visión "optimista desesperada", limitada e simple e así a un neno con dislexia considérase que non é un neno cun problema senón como un neno pouco atento no colexio.

Outro caso é cando se afronta de modo non adecuado cando se actúa, e pola contra non se debería. É dicir advírtese de xeito urxente unha dificultade e inténtase remedialo cando non se debería facelo. Non hai dificultade e solo está na cabeza dos adultos e convertemos a solución nun problema. É o caso de segundo a cal, os pais, convencidos que un neno querido e ben educado debe ser necesariamente un neno feliz e sen problemas, esixen ao seu fillo un permanente estado de alegría. Ante calquera momento de tristura do neno, farán todo o posible por "levantarlle" a moral, impedíndolle desta forma ser espontáneo nas súas reaccións e acabaremos facendo dun neno cos sentimentos que os maiores queremos e non outros pero con sentimentos de derrota e poden chegar a converter unha tristura momentánea nun problema duradeiro consecuencia dos pais preocupados máis do necesario.

Finalmente, está o caso de cando realmente o problema existe pero a intervención que se intenta para buscar remedio eféctuase nun nivel equivocado. Así o profesor que non utiliza a súa autoridade senón que espera que o neno realice os seus deberes de xeito espontáneo.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.