A primeira actuación sería a de prevención; os pais van descubrindo as situacións ou circunstancias que provocan unha rabecha e polo tanto poden evitalas. Reforzar e eloxiar o seu bo comportamento é un xeito de mostrarlle como esperamos que actúe, especialmente cando o facemos en situacións que poden rematar nestes comportamentos negativos.
Outra medida preventiva é evitar someter o neno a situacións insoportables para el: un neno pode estar un anaco nun centro comercial, pero élle insoportable pasar unha mañá de compras coa súa nai. Sería interesante previr a rabecha establecendo un pacto co neno ao anticiparlle que imos pasar un anaco longo no súper e que vai poder comer unhas lambetadas.
Un neno de entre 5 e 7 anos resúltalle insoportable unha viaxe de tres horas, seguro que na metade do traxecto provoque unha rabieta. Evitaremos a rabecha se preparamos uns lapis de cores, uns contos, uns crebacabezas para que a viaxe sexa máis levadeira
A pesar das medidas preventivas, os pais por experiencia perciben que a rabecha está a punto de explotar. Neste momento pódense empregar algunhas técnicas:
- Intentar desviar a atención do neno cara a outro obxecto ou situación que o atraia cambiando o foco de atención do que pode provocar a rabecha
- Recordarlle a recompensa que lle espera. Un neno pode provocar unha rabecha cando o tempo do parque remata; os pais poden intentar evitar a súa explosión recordándolle que ao chegar á casa se van bañar e vanlle contar un conto
- Tamén lle podemos recordar as normas e as consecuencias
Cando a rabecha explota xa é imposible razoar co neno nin dialogar. Neste caso a técnica que hai que utilizar é ignorala. É a técnica máis efectiva para tratar as rabechas: ignoralas dunha forma sistemática, xa que a maioría solo perseguen chamar a atención aos seus pais. Cando isto ten lugar, o pai apártase do neno, retírao do lugar se pode facerse dano e segue actuando sen atendelo coma se non pasase nada. Se o neno está nun lugar seguro podemos apartarnos do seu lado; normalmente les perseguira porque a rabecha necesita público.Os pais non deben facer ningún comentario nin mirar ao neno xa que unha breve mirada pode prolongar a pataleta.Cando a rabecha remata, tampouco se debe se facer ningún comentario, porque sería outra forma de poñer atención. Acóllese o neno coma se non pasase nada.
Ás veces non podemos ignoralo como é o caso dos lugares públicos; neste caso emprégase o "tempo fóra" que consiste en apartar o neno de calquera actividade durante un tempo limitado; colócase o neno nun lugar apartado, aburrido e seguro: por exemplo unha cadeira.
Despois da rabecha pódese utilizar "retirada de privilexios". A retirada de privilexios vai en función da idade: ver debuxos animados, xogar co seu xoguete preferido, facer unha actividade que le gusta...La retirada de privilexios debe ser por un tempo determinado (o ideal en pequenos é unha tarde ou unha mañá) xa que retiradas dunha semana deixan de ter efectividade.
En resumo, as técnicas a empregar son: previr as situacións que poden provocalas, actuar cando está a punto de explotar desviando a atención, recordando normas, consecuencias e recompensas, e unha vez que explota, tratar de ignorala, a técnica do tempo fóra ou a retirada de privilexios
No hay comentarios:
Publicar un comentario