lunes, 20 de abril de 2009

Causas do fracaso escolar

Existen diversas e numerosas causas do fracaso escolar, pois este pode darse por cuestións:
  • persoais, tanto do neno coma do mestre;

  • funcionais, métodos e programas levados a cabo polo centro escolar;

  • ou materiais, se neno e aula contan ou non co equipamento e as instalacións axeitadas para a correcta aprendizaxe.
Pero, ¿cando podemos falar realmente de fracaso escolar? Moita xente tende a identificar o fracaso escolar cos suspensos, idea totalmente errónea, posto que se existe unha consonancia entre as capacidades intelectuais e o rendemento persoal, non se pode falar de fracaso escolar, aínda que as notas sexan baixas.Podemos falar de fracaso escolar cando o alumno non consegue as competencias básicas propostas para o seu nivel e idade e existe un desaproveitamento real dos seus recursos intelectuais. Isto, inevitablemente adoita ter como consecuencia unha aptitude negativa ante a aprendizaxe.

O fracaso escolar tamén pode darse como consecuencia das dificultades na aprendizaxe acumuladas polo neno ao longo de varios cursos; e mesmo pode ser un síntoma claro da inadaptación do neno ao centro escolar. Por iso, se queremos achar a causa ou causas do fracaso escolar, teremos que realizar unha análise profunda do neno, a nivel persoal, familiar, social, cultural, económico e como non, escolar.

Causas endóxenas

Son as causas persoais ou que afectan ao neno case de xeito exclusivo. Entre elas encontramos as seguintes causas:.
  • Orgánicas: son as que afectan ao neno de xeito físico ou sensorial, como problemas visuais ou auditivos (miopía, hipoacusia, etc.), problemas de orientación espazo-temporal, ou problemas como a dislalia, a dislexia, etc. En ocasións, un problema físico que provoque certo grao de absentismo escolar ou unha enfermidade crónica que provoque certo grao de cansazo no neno, pode obstaculizar o seu correcto rendemento escolar. Tamén está comprobado que aqueles nenos que dormen pouco ou mal, e os que non son alimentados correctamente, especialmente no almorzo, renden menos do que sería desexable.
  • Intelectuais: xorden como consecuencia dun desaxuste entre a idade cronolóxica e a intelectual, e dáse tanto en nenos con algún tipo de deficiencia mental, que dende o principio da súa escolarización irán sufrindo atrasos respecto aos seus compañeiros, como en nenos superdotados, que ao non se sentir motivados acaban perdendo interese pola clase. Tamén pode darse como consecuencia dunha falta de base sólida nos cursos anteriores.

  • Afectivas: adoita darse tanto en nenos con carencias afectivas como en nenos excesivamente sobreprotexidos, así como en nenos hiperactivos, inseguros ou con exceso de fantasía ou algún sentimento de inferioridade, nenos que sufrisen a perdida dun ou ambos os dous proxenitores, nenos con pais moi severos, etc.
Causas exóxenas
Son todas aquelas causas que rodean o neno pero que son alleas a el, como a familia, a propia escola ou a sociedade en xeral.
  • Programación inadecuada: en ocasións existen fallos na programación, pois se esixe ao neno tarefas moi difíciles para o seu nivel de maduración intelectual. Os temarios adoitan ser longos, polo que é habitual que estes queden inacabados ou mirados de pasada.

  • Rixidez do sistema: esíxese a todos os nenos do curso escolar por igual, sen ter en conta se naceron en xaneiro ou decembro, debería haber unha maior flexibilidade no sistema.

  • Falta de motivación: non existe unha correlación real entre os contidos impartidos pola escola e as necesidades reais da nosa cambiante sociedade. Isto é coñecido perfectamente polos nosos alumnos, saben que moitos dos seus esforzos realizados durante a aprendizaxe non lles vai servir de nada na vida real, que o éxito académico non lles asegura en absoluto o éxito na súa vida profesional futura. Todo iso unido ás elevadas taxas de paro xuvenil, é unha causa máis que evidente de desinterese escolar, abrigo a idades máis avanzadas.

  • Falta de método: moitos son os escolares que realmente non saben como estudar, ninguén lles ensina como se traballa ou como se estuda.

  • Falta de coordinación: en ocasións existe unha falta de coordinación entre os distintos cursos ou ciclos escolares, ou discrepancias moi manifestas entre os distintos educadores, ou entre os educadores e os pais, que poden chegar a confundir o neno.

  • Instalacións inadecuadas: aínda que se avanzou moito neste sentido, seguen existindo colexios que sofren escaseza de materiais ou cuxas instalacións necesitan unha reforma (mala iluminación, pouca ventilación, zonas de recreo reducidas... etc.).

  • O profesorado: en ocasións, o mestre, xa sexa de xeito intencionado ou non, pode transmitir ao alumno sentimentos de inseguridade e infravaloración de si mesmo, hai que ter en conta que a sensación de fracaso é unha vivencia moi subxectiva. Non debemos esquecer que en ocasións o profesorado se ve desbordado por clases moi numerosas, nin que moitas veces non están preparados nin se ven avalados por especialistas que lles axuden a resolver, ou mellor dito, a axudar a aqueles nenos con problemas ou dificultades na aprendizaxe. Moitas veces a confianza do titor no alumno pode chegar a determinar o posible éxito ou fracaso deste.

Artículo publicado por YOLANDA BARBERÁN / MUJERACTUAL

1 comentario:

Anónimo dijo...

El tema me interesa, pero no he podido entenderlo bien, una lástima.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.