domingo, 12 de abril de 2009

O fracaso escolar, ¿cuestión de sexo?

No país dixital, do 12-04-2009, publican unha reportaxe onde se preguntan se o fracaso escolar é cuestión de sexo.

O profesor Antonio Matamala, pedagogo, director de Bacharelato do colexio Liceo Europeo de Madrid, afirma que o problema é que boa parte dos alumnos varóns se mostran incapaces de cumprir con esas esixencias mínimas.


Di que o desastre do elevado fracaso educativo español (30,8% en 2006) e o abandono escolar temperán son un asunto esencialmente masculino. Sen a avultada contribución dos varóns a esa desfeita, no que a inmigración contribúe só nunha porción mínima, as alumnas españolas non estarían moi por debaixo da media educativa dos países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), establecida no Informe PISA. E o que temos, na antesala da sociedade do coñecemento, é que máis do 36% dos rapaces e o 25% das rapazas saen do sistema escolar sen nin sequera cubrir o Ensino Secundario Obrigatoria (ESO).
Nos últimos anos, a porcentaxe de licenciaturas universitarias conseguida polas mulleres sitúase en torno ao 61%.

O Centro de Matamala, que cobre os catro cursos da ESO e os dous de Bacharelato, mostra que nos seis exercicios académicos o número de varóns suspendidos en máis de tres materias superou sempre o das rapazas. Os propios estudos do Ministerio de Educación establecen que entre os estudantes que rematan a ESO a porcentaxe de varóns repetidores (49%) dobra, practicamente, ao das mulleres (26%).

Pero é que, ademais, os premios extraordinarios por rendemento académico ou esforzo persoal pertencen ás mulleres de forma tan abafadora que, nalgúns centros, se priman os méritos masculinos para evitar que os varóns se sentan convidados de pedra na festa

A porcentaxe de rapazas que se gradúan no ensino postobrigatorio (Bacharelato, na rama académica) supera en 12 puntos o dos homes. O 58,25% dos alumnos que se matricularon na Universidade en 2007 foron mulleres

Enquisas levadas a cabo nunha serie de institutos mostran que na ESO e o Bacharelato os rapaces estudan unha media de tres horas semanais, mentres que as rapazas dedican a esa tarefa ao redor de oito. Á vista destes datos, está claro que demasiados nenos pasan demasiado tempo cos videoxogos e matan as horas ante o televisor en lugar de facer os seus deberes e tamén que as rapazas traballan e se esforzan máis.

Os estudos do colexio Montessori e a experiencia doutros centros mostran que máis do 80% dos alumnos conflitivos adoitan ser chicos. Eles acaparan os partes de incidencia e as expulsións, protagonizan a gran maioría dos actos de indisciplina e as agresións. En contraste con esa característica física, algúns pedagogos detectan entre as rapazas unha "agresividade psicolóxica alta" de efecto igualmente pernicioso

O que parece claro é que o dominio temperán da lectura e a escritura -de acordo cunha serie de informes, nestas materias, as mulleres chegan a acumular unha vantaxe de ata ano e medio-, contribúe poderosamente ao mellor rendemento continuado. Segundo o Informe PISA 2006, as alumnas españolas avantaxan en 35 puntos aos rapaces na área de escritura, lingua e comprensión lectora, fronte aos nove puntos de atraso que arrastran en matemáticas.

Ficha do artículo
Titulo: El fracaso escolar, ¿cuestión de sexo? Autor: JOSÉ LUIS BARBERÍA


Se queres ver o artigo completo pica no anagrama do país

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.