martes, 21 de abril de 2009

Televisión e hiperactividade

Os menores de dous anos que ven a televisión entre tres e catro horas ao día, teñen un risco entre o 30 e o 40% maior de sufrir un trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), unha patoloxía que afecta a entre o 7 e 15% dos nenos en España, segundo a Asociación Española de Pediatría (AEP).
Segundo o pediatra-psiquiatra Paulino Castells, autor do libro "Nunca quieto, sempre distraído. ¿O noso fillo é hiperactivo? " que se acaba de publicar, diversos estudos relacionan a cantidade de horas que pasan os nenos fronte ao televisor e a falta de atención. "Cada hora de consumo de televisión en nenos entre 1 e 3 anos incrementa un 10% as probabilidades de presentar trastornos de atención á idade de 7 anos. Esta cifra aumenta, ao mesmo tempo que o fan as horas de consumo de televisión. Así, nos nenos que ven a televisión de 3 a 4 horas, o risco se sitúa entre o 30% e 40 %respecto aos que non o fan", apuntou.

"Estes datos non serían alarmantes se non fose porque, segundo traballos realizados en Estados Unidos, máis do 35% dos menores dun ano ven a diario a televisión unha ou dúas horas, cifra que se incrementa ao 44% en menores de dous anos," engadiu.

A Asociación Española de Pediatría (AEP), ao igual que outras sociedades científicas como a American Academy of Pediatrics, aconsella que os nenos menores de dous anos non sexan expostos a ningún tipo de pantalla, nin de televisión nin de ordenador.

Factores psicosociais de risco

Xunto á televisión, identificáronse outros posibles factores psicosociais que poden xerar trastornos de atención, como vivir nun medio urbano desfavorecido ou de pobreza, a malnutrición, a exclusión social, os malos coidados nos primeiros días de vida ou problemas familiares ou de violencia doméstica. Así mesmo, na actualidade dáse importancia aos factores alimentarios, como as alerxias, as intolerancias, os aditivos ou os contaminantes, que poderían desencadear un TDAH, e aos tratamentos dietéticos, que poden mellorar este trastorno.

Detectáronse tamén factores biolóxicos que poden actuar negativamente, como as complicacións no embarazo e no parto. 'É fundamental coñecelos para poder previr, na medida do posible, este trastorno. A detección adóitase atrasar ata o momento da escolarización, a partir dos cinco anos, xa que é nesa fase cando a posible conduta de impulsividade, hiperactividade e a falta de atención se manifesta clara', concluíu.



No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.