Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": abril 2009

miércoles, 29 de abril de 2009

Nenos e nenas lentos

Os nenos e as nenas lentos caracterízanse por:
  • Traballan ben pero a un ritmo moi lento
  • Necesitan moito máis tempo cos demais para realizar as tarefas
  • Se distraen con facilidade ou interrompen continuamente o traballo
  • Necesitan axuda continua
  • As veces, leva asociado dificultades específicas
  • Non ten hora límite para estudiar, o criterio para rematar soe ser “cando as actividades rematan”
    *Coa intención de facelo máis levadeiro, soen traballar con demasiadas distraccións cerca, xoguetes, tv,..
    *Non teñen estratexias para traballar de maneira organizada e sistemática
    *Renden mellor se o fan en tempos breves, repetidos con frecuencia.

¿COMO ACTUAR?

  • FACER UNHA VALORACIÓN DAS SÚAS DIFICULTADES
  • FALAR COS MESTRES
    § Considerar a cantidade de tarefa que levan para casa
    § A posibilidade de non ter que copiar os enunciados
    § Realizar actividades que non sempre sexan de “lápiz e papel”
    § Adecuar o tipo de actividades ao seu nivel de competencia
  • RESPECTAR O SEU HORARIO DE ESTUDIO
    Pódese ampliar un pouco máis pero ten que ter unha hora de comezo e unha hora de fin. A limitación de tempo fai co ritmo de traballo aumente
  • TEMPOS BREVES
    Traballar tempos breves con pequenos descansos.
  • ENSINARLLE ALGUNHA TÉCNICA DE ESTUDIO
  • ADOPTAR AS MEDIDAS XERAIS
    Sobre todo reducir os distractores

lunes, 27 de abril de 2009

Feira do libro

Tamén no Colexio "Otero Pedrayo" celebramos o "día do libro" organizando unha feira. Os nenos e as nenas trouxeron libros para a actividade; por cada libro recibía un bono. Cada Ciclo montou o seu posto cos libros aportados polos alumnos. O día da Feira podían cambiar os bonos por libros e asi levalos para ler. Disfrutaron moito con esta actividade.BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

jueves, 23 de abril de 2009

Día do libro

O CEIP " MESTRES GOLDAR" celebrou o "DÍA DO LIBRO" con diferentes actividades. Unha delas foi a participación das familias que tiñan que facer un cartel cun lema referido á importancia de ler e a influencia positiva que exerce na nosa vida.

Mostramos algúns exemplos que os nenos e as nenas fixeron na súa casa coa axuda das nais e pais. Houbo unha receita que truxo un dos alumnos para namorarmonos dos libros que a podedes lela "NO RECANTO DO MIK"
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

O día de hoxe, os nenos e as nenas maiores apadriñaron e amadriñaron dous nenos pequenos e tiveron que lerlles un conto no tempo adicado a lectura; o día de onte, os padriños e madriñas se presentan nas aulas aos seus "afillados" concertando a cita lectora para o día seguinte. A experiencia resultou marabillosa, emocionante e enriquecedora. Esta xente do Mestres Goldar non deixan de impresionarme. Mais información "O RECANTO DE MIK"
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

miércoles, 22 de abril de 2009

Nenos e nenas que só estudian cos pais

1.-¿DE QUE SE TRATA?
Non se poñen a estudiar ata cos seus pais os avisan ou os obrigan
Non fan nada se os pais non están con eles e diríxenlles a tarefa
Necesitan axuda continua
Se os deixan sós, abandonan o lugar de estudio, distráense e hai que reconducilos

2.-POR QUE SE PRODUCE?
Creouse un mal hábito de estudio
Presencia de dificultades de aprendizaxe.

3.-¿COMO ACTUAR?
3.1.-LEVAR A CABO MEDIDAS XERAIS
* Falar co neno e anunciarlle que vamos a ensinarlle a estudiar só
* Elaborar un horario de estudio
* Coidar a alimentación, sono,.....
3.2.-ENSINARLLE ALGUNHAS ESTRATEXIAS BÁSICAS DE ORGANIZACIÓN
* Anotar o traballo escolar que leva cada día para casa
* Preparar o necesario antes de estudiar
* Preparar a carteira para o día seguinte
3.3.-AXUDARLLE A ADQUIRIR UN HÁBITO DE ESTUDIO
* Recordarlle uns minutos antes, que se teñen que preparar para estudiar.
* Revisar con eles a lista das tarefas e marcar aquelas que farán sen axuda
* Podémoslle dicir que nos ensine o que leva realizado cada dous ou tres actividades terminadas. Non llas corriximos a non ser que a súa execución sexa moi deficiente, solo dámoslle o visto bo e animámoslle a seguir
* As primeiras semanas pódense sentar próximos, pero sen ofrecer axuda directa
* Unha vez que realizaron as actividades que pode facer só, lle axudamos nas que presentan algún tipo de dificultade.
* Repetindo este proceso o neno o interiorizará e dependerá cada vez menos de nos

martes, 21 de abril de 2009

Televisión e hiperactividade

Os menores de dous anos que ven a televisión entre tres e catro horas ao día, teñen un risco entre o 30 e o 40% maior de sufrir un trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), unha patoloxía que afecta a entre o 7 e 15% dos nenos en España, segundo a Asociación Española de Pediatría (AEP).
Segundo o pediatra-psiquiatra Paulino Castells, autor do libro "Nunca quieto, sempre distraído. ¿O noso fillo é hiperactivo? " que se acaba de publicar, diversos estudos relacionan a cantidade de horas que pasan os nenos fronte ao televisor e a falta de atención. "Cada hora de consumo de televisión en nenos entre 1 e 3 anos incrementa un 10% as probabilidades de presentar trastornos de atención á idade de 7 anos. Esta cifra aumenta, ao mesmo tempo que o fan as horas de consumo de televisión. Así, nos nenos que ven a televisión de 3 a 4 horas, o risco se sitúa entre o 30% e 40 %respecto aos que non o fan", apuntou.

"Estes datos non serían alarmantes se non fose porque, segundo traballos realizados en Estados Unidos, máis do 35% dos menores dun ano ven a diario a televisión unha ou dúas horas, cifra que se incrementa ao 44% en menores de dous anos," engadiu.

A Asociación Española de Pediatría (AEP), ao igual que outras sociedades científicas como a American Academy of Pediatrics, aconsella que os nenos menores de dous anos non sexan expostos a ningún tipo de pantalla, nin de televisión nin de ordenador.

Factores psicosociais de risco

Xunto á televisión, identificáronse outros posibles factores psicosociais que poden xerar trastornos de atención, como vivir nun medio urbano desfavorecido ou de pobreza, a malnutrición, a exclusión social, os malos coidados nos primeiros días de vida ou problemas familiares ou de violencia doméstica. Así mesmo, na actualidade dáse importancia aos factores alimentarios, como as alerxias, as intolerancias, os aditivos ou os contaminantes, que poderían desencadear un TDAH, e aos tratamentos dietéticos, que poden mellorar este trastorno.

Detectáronse tamén factores biolóxicos que poden actuar negativamente, como as complicacións no embarazo e no parto. 'É fundamental coñecelos para poder previr, na medida do posible, este trastorno. A detección adóitase atrasar ata o momento da escolarización, a partir dos cinco anos, xa que é nesa fase cando a posible conduta de impulsividade, hiperactividade e a falta de atención se manifesta clara', concluíu.



lunes, 20 de abril de 2009

Causas do fracaso escolar

Existen diversas e numerosas causas do fracaso escolar, pois este pode darse por cuestións:
  • persoais, tanto do neno coma do mestre;

  • funcionais, métodos e programas levados a cabo polo centro escolar;

  • ou materiais, se neno e aula contan ou non co equipamento e as instalacións axeitadas para a correcta aprendizaxe.
Pero, ¿cando podemos falar realmente de fracaso escolar? Moita xente tende a identificar o fracaso escolar cos suspensos, idea totalmente errónea, posto que se existe unha consonancia entre as capacidades intelectuais e o rendemento persoal, non se pode falar de fracaso escolar, aínda que as notas sexan baixas.Podemos falar de fracaso escolar cando o alumno non consegue as competencias básicas propostas para o seu nivel e idade e existe un desaproveitamento real dos seus recursos intelectuais. Isto, inevitablemente adoita ter como consecuencia unha aptitude negativa ante a aprendizaxe.

O fracaso escolar tamén pode darse como consecuencia das dificultades na aprendizaxe acumuladas polo neno ao longo de varios cursos; e mesmo pode ser un síntoma claro da inadaptación do neno ao centro escolar. Por iso, se queremos achar a causa ou causas do fracaso escolar, teremos que realizar unha análise profunda do neno, a nivel persoal, familiar, social, cultural, económico e como non, escolar.

Causas endóxenas

Son as causas persoais ou que afectan ao neno case de xeito exclusivo. Entre elas encontramos as seguintes causas:.
  • Orgánicas: son as que afectan ao neno de xeito físico ou sensorial, como problemas visuais ou auditivos (miopía, hipoacusia, etc.), problemas de orientación espazo-temporal, ou problemas como a dislalia, a dislexia, etc. En ocasións, un problema físico que provoque certo grao de absentismo escolar ou unha enfermidade crónica que provoque certo grao de cansazo no neno, pode obstaculizar o seu correcto rendemento escolar. Tamén está comprobado que aqueles nenos que dormen pouco ou mal, e os que non son alimentados correctamente, especialmente no almorzo, renden menos do que sería desexable.
  • Intelectuais: xorden como consecuencia dun desaxuste entre a idade cronolóxica e a intelectual, e dáse tanto en nenos con algún tipo de deficiencia mental, que dende o principio da súa escolarización irán sufrindo atrasos respecto aos seus compañeiros, como en nenos superdotados, que ao non se sentir motivados acaban perdendo interese pola clase. Tamén pode darse como consecuencia dunha falta de base sólida nos cursos anteriores.

  • Afectivas: adoita darse tanto en nenos con carencias afectivas como en nenos excesivamente sobreprotexidos, así como en nenos hiperactivos, inseguros ou con exceso de fantasía ou algún sentimento de inferioridade, nenos que sufrisen a perdida dun ou ambos os dous proxenitores, nenos con pais moi severos, etc.
Causas exóxenas
Son todas aquelas causas que rodean o neno pero que son alleas a el, como a familia, a propia escola ou a sociedade en xeral.
  • Programación inadecuada: en ocasións existen fallos na programación, pois se esixe ao neno tarefas moi difíciles para o seu nivel de maduración intelectual. Os temarios adoitan ser longos, polo que é habitual que estes queden inacabados ou mirados de pasada.

  • Rixidez do sistema: esíxese a todos os nenos do curso escolar por igual, sen ter en conta se naceron en xaneiro ou decembro, debería haber unha maior flexibilidade no sistema.

  • Falta de motivación: non existe unha correlación real entre os contidos impartidos pola escola e as necesidades reais da nosa cambiante sociedade. Isto é coñecido perfectamente polos nosos alumnos, saben que moitos dos seus esforzos realizados durante a aprendizaxe non lles vai servir de nada na vida real, que o éxito académico non lles asegura en absoluto o éxito na súa vida profesional futura. Todo iso unido ás elevadas taxas de paro xuvenil, é unha causa máis que evidente de desinterese escolar, abrigo a idades máis avanzadas.

  • Falta de método: moitos son os escolares que realmente non saben como estudar, ninguén lles ensina como se traballa ou como se estuda.

  • Falta de coordinación: en ocasións existe unha falta de coordinación entre os distintos cursos ou ciclos escolares, ou discrepancias moi manifestas entre os distintos educadores, ou entre os educadores e os pais, que poden chegar a confundir o neno.

  • Instalacións inadecuadas: aínda que se avanzou moito neste sentido, seguen existindo colexios que sofren escaseza de materiais ou cuxas instalacións necesitan unha reforma (mala iluminación, pouca ventilación, zonas de recreo reducidas... etc.).

  • O profesorado: en ocasións, o mestre, xa sexa de xeito intencionado ou non, pode transmitir ao alumno sentimentos de inseguridade e infravaloración de si mesmo, hai que ter en conta que a sensación de fracaso é unha vivencia moi subxectiva. Non debemos esquecer que en ocasións o profesorado se ve desbordado por clases moi numerosas, nin que moitas veces non están preparados nin se ven avalados por especialistas que lles axuden a resolver, ou mellor dito, a axudar a aqueles nenos con problemas ou dificultades na aprendizaxe. Moitas veces a confianza do titor no alumno pode chegar a determinar o posible éxito ou fracaso deste.

Artículo publicado por YOLANDA BARBERÁN / MUJERACTUAL

sábado, 18 de abril de 2009

Oito desexos

MIK, dende "O RECANTO DE MIK", achéganos esta fermosa cadea creativa dos oito desexos. Él foi convidado por Mario Aller, dende CONTOMUNDI que recibiu o convite da profesora Fátima Campilho, do blog Blogstórias Essenciais, e antes do escritor, músico e arte-educador Marcelo Maluf, do blog Labirintos no Sótão. E, antes, Marcelo Maluf fora invitado por… E así vaise enchendo a blogosfera de desexos e fantasía.

O primeiro paso desta encomenda é expresar os oito desexos e aquí van os meus:


  1. Que soñemos e que os nosos soños se fagan realidade

  2. Que as nosas palabras, sexan sinónimas de verdade

  3. Que desfrutemos da alegría dos fillos

  4. Que os recordos nos traian felicidade

  5. Que se nos toca chorar, sexa de felicidade

  6. Que leamos un libro e sintamos a necesidade de compartir a lectura

  7. Que non nos sintamos sós

  8. Que os nosos desexos e os nosos sonos nos leven onde o corazón lle gustaría estar

E agora eu convido aos seguintes blogs para que continúen a cadea:


E só nos queda:

  • Comentar no blog de quen nos convidou.

  • Comentar no blog dos nosos(as) convidados(as), para que saiban da "convocatoria".

  • Mencionar as regras.

jueves, 16 de abril de 2009

Nenos e nenas que non queren estudiar

No mes de marzo, posteamos COMO AXUDAR A ESTUDIAR AOS NOSOS FILLOS E FILLAS? onde poñiamos unhas recomendacións para axudar aos nosos fillos e fillas a estudar. Hoxe poñemos unhas recomendacións para aplicar aos nenos que non queren estudar

  1. Os nenos e nenas que non queren estudiar teñen as seguintes características:
  2. *Poñen escusas continuamente. Din que non teñen deberes, nin exames,..

*Os resultados escolares xeralmente son negativos

  1. *O comportamento na escola non soe ser adecuado: non atende, non traballa, molesta

*Outros deciden abertamente non estudiar aínda que acudan ao colexio.

*Son nenos que non teñen ningunha dificultade a nivel intelectual

FACTORES QUE SOEN ESTAR PRESENTES NESTES CASOS

*O neno non chegou a adquirir un hábito de estudio
*Hai pouco seguimento pola banda dos pais
*Falta organización na vida do neno e o ambiente do neno soe ser estresante
*As pautas educativas, as normas de casa e o nivel de esixencia efectivo é inadecuado
*Son nenos con pouca capacidade de esforzo e de aprazar a recompensa
*Pode haber problemas emocionais sen resolver

¿COMO ACTUAR?

Cambien algunhas actitudes como pais

  • Fagan un seguimento máis estricto dos estudios do seu fillo e afronten o problema evitando culpabilizar aos demais
  • Non se deixen enganar polo neno. É fácil saber se o neno ten tarefa ou non. Só teñen que querelo saber: falando co mestre, revisando os cadernos, ou chamando por teléfono a outros pais.
  • Melloren a organización da vida do neno e a da propia familia. Revisen a escala de preferencias e sexan consecuentes.
  • Melloren a capacidade de esforzo do neno. Se están acostumados a conseguir cousas sen esforzo, deberán cambialas.

Falen cos mestres

Falen co neno ou nena

Traten as dificultades de aprendizaxe

Non traten de "comprar" ao neno

Elabaren un horario

  • As primeiras semanas comecen con tempos breves pero a diario
  • Progresivamente iranse aumentando

Establezan un hábito de estudio

Supervisen e eloxien

Adopten medidas se non estudia

  • Non permitir outra actividade alternativa durante o tempo previsto para estudiar.
  • Retírenlle algún privilexio a curto prazo

Aumente o contacto co colexio

E se nada funciona. Consulte a un especialista

Cómo axudar a los niños en los estudios. Jesús Jarque García

domingo, 12 de abril de 2009

O fracaso escolar, ¿cuestión de sexo?

No país dixital, do 12-04-2009, publican unha reportaxe onde se preguntan se o fracaso escolar é cuestión de sexo.

O profesor Antonio Matamala, pedagogo, director de Bacharelato do colexio Liceo Europeo de Madrid, afirma que o problema é que boa parte dos alumnos varóns se mostran incapaces de cumprir con esas esixencias mínimas.


Di que o desastre do elevado fracaso educativo español (30,8% en 2006) e o abandono escolar temperán son un asunto esencialmente masculino. Sen a avultada contribución dos varóns a esa desfeita, no que a inmigración contribúe só nunha porción mínima, as alumnas españolas non estarían moi por debaixo da media educativa dos países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), establecida no Informe PISA. E o que temos, na antesala da sociedade do coñecemento, é que máis do 36% dos rapaces e o 25% das rapazas saen do sistema escolar sen nin sequera cubrir o Ensino Secundario Obrigatoria (ESO).
Nos últimos anos, a porcentaxe de licenciaturas universitarias conseguida polas mulleres sitúase en torno ao 61%.

O Centro de Matamala, que cobre os catro cursos da ESO e os dous de Bacharelato, mostra que nos seis exercicios académicos o número de varóns suspendidos en máis de tres materias superou sempre o das rapazas. Os propios estudos do Ministerio de Educación establecen que entre os estudantes que rematan a ESO a porcentaxe de varóns repetidores (49%) dobra, practicamente, ao das mulleres (26%).

Pero é que, ademais, os premios extraordinarios por rendemento académico ou esforzo persoal pertencen ás mulleres de forma tan abafadora que, nalgúns centros, se priman os méritos masculinos para evitar que os varóns se sentan convidados de pedra na festa

A porcentaxe de rapazas que se gradúan no ensino postobrigatorio (Bacharelato, na rama académica) supera en 12 puntos o dos homes. O 58,25% dos alumnos que se matricularon na Universidade en 2007 foron mulleres

Enquisas levadas a cabo nunha serie de institutos mostran que na ESO e o Bacharelato os rapaces estudan unha media de tres horas semanais, mentres que as rapazas dedican a esa tarefa ao redor de oito. Á vista destes datos, está claro que demasiados nenos pasan demasiado tempo cos videoxogos e matan as horas ante o televisor en lugar de facer os seus deberes e tamén que as rapazas traballan e se esforzan máis.

Os estudos do colexio Montessori e a experiencia doutros centros mostran que máis do 80% dos alumnos conflitivos adoitan ser chicos. Eles acaparan os partes de incidencia e as expulsións, protagonizan a gran maioría dos actos de indisciplina e as agresións. En contraste con esa característica física, algúns pedagogos detectan entre as rapazas unha "agresividade psicolóxica alta" de efecto igualmente pernicioso

O que parece claro é que o dominio temperán da lectura e a escritura -de acordo cunha serie de informes, nestas materias, as mulleres chegan a acumular unha vantaxe de ata ano e medio-, contribúe poderosamente ao mellor rendemento continuado. Segundo o Informe PISA 2006, as alumnas españolas avantaxan en 35 puntos aos rapaces na área de escritura, lingua e comprensión lectora, fronte aos nove puntos de atraso que arrastran en matemáticas.

Ficha do artículo
Titulo: El fracaso escolar, ¿cuestión de sexo? Autor: JOSÉ LUIS BARBERÍA


Se queres ver o artigo completo pica no anagrama do país

viernes, 10 de abril de 2009

Psicomotricidade

Todos sabemos ca intelixencia comeza coa actividade motora coordinada e intencional e que toda a estructura do coñecemento e a configuración da personalidade se sustentan na interacción co outro e no permanente diálogo tónico-postural-emocional que posibilita a adaptación ao medio.
Moitas das dificultades da aprendizaxe son debidas en boa parte, dunha estruturación incorrecta do esquema e a imaxe corporais, e concretanse en fallas en coordinación, movementos finos e percepción espacial e temporal.

Para evitar estes problemas de aprendizaxe, os colexios de infantil introducen na aula "a psicomotricidade" impartindo esta materia nun espazo específico e cuns materiais axeitados.

Os trastornos psicomotrices exprésanse de maneiras diferentes e deberían ser tratadas por un psicomotricista profesional. Os cadros psicomotrices son:
  1. Dispraxias: Os nenos con dispraxia son incapaces de vestirse sós, de abrocharse a roupa, de atarse os cordóns dos zapatos. Adoitan escribir dunha forma ilexible ou ben lexible e fracasar en todo o resto das actividades de coordinación óculo-manual. Polo xeral confunden a dereita coa esquerda, pola súa total desorganización no tempo e o espazo e sobre todo na construción do seu esquema corporal. Caracterízanse por "o non podo"

  2. Torpeza motriz Os nenos con esta problemática non poden accionar co seu corpo eficazmente, todos os obxectos caen das súas mans, tropezan a cada momento, lévanse as cousas por diante, adoitan golpearse moito, viven con moratones e croques. Como todo lles sae mal, viven pendentes de ser obxecto das burlas dos seus compañeiros, séntense frustrados, avergonzados e polo tanto evitan xogar e confrontarse cos outros

  3. Inhibición psicomotriz Advírtese a inhibición na posibilidade de poñer en xogo o corpo, non utilizándoo activamente. Non participan en xogos grupales, non corren, non saltan, non queren ir ao parque a xogar. Adoitan ser nenos introvertidos e tristes e caracterízanse por "non" dar "traballo". Dedícanse a "actividades pasivas" como xogos

  4. Inestabilidades psicomotoras: Son nenos que se moven todo o tempo, tocan todo ao seu arredor, cústalles realizar calquera tarefa. Non logran deterse nas súas actividades e non logran concentrase. Non poden gozar do descanso e a quietude, cústalles integrase aos grupos pola súa falta de capacidade de espera, a súa carencia de realizacións e o seu continuo ir e vir fanos isoportables e ata agresivos para os demais

martes, 7 de abril de 2009

Selo violeta

O blog "O RECANTO DE MIK" regalounos un selo moi especial, "o selo violeta" que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Gracias Mik por lembrarte deste pequeno recuncho.



As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras

  • Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo
  • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!

  • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elexidos son:
Dificultades de Aprendizaje e Intervención Psicopedagógica

Mi mami es logopeda

Estimulación temprana y desarrollo infantil

Departamento de Orientación de Andujar

El blog de los maestros de audición y lenguaje

Aprendemos junto a nuestro alumnado

Departamento de OrientaciónI.E.S. "García Barbón" de VerínOurense -GALICIA-

Os poderes máxicos que me virían de marabilla aqueles que sexan capaces de cambiar a vida dos demais facendo desaparecer as súas dificultades e teñan unha vida máis plena e feliz

lunes, 6 de abril de 2009

Comprensión lectora

A Consellaría de Educación da Xunta de Andalucía ten un programa FONDO LECTOR de desenvolvemento da lectura comprensiva dirixido a alumnos que se encontran en fase de desenvolvemento da aprendizaxe lector e sobre todo a aqueles que teñen problemas de comprensión lectora.

Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado graduándose a dificultade dos exercicios nestes.

Os exercicios que desenvolve nos niveis básico e internedio son de seis tipos e están orientados a aqueles alumnos que comezan a ler ou aqueles outros que presentan dificultades coa comprensión lectora


  • Ordenar as palabras dunha frase

  • Ordenar unha secuencia de frases

  • Responder a preguntas dunha lectura

  • Relacionar unha palabra co seu sinónimo

  • Relacionar unha palabra co seu antónimo

  • Encontrar unha palabra que non garda relación coas demais

No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao perfeccionamento da comprensión lectora, polo que poderá utilizar calquera alumno con certo desenvolvemento da lectura comprensiva:



  • Palabras polisémicas

  • Sinalar o significado dunha frase feita

  • Sinalar a idea principal dun texto

  • Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas

  • Sinalar o significado dun refrán

O programa leva incluídos uns 1000 exercicios nos niveis básico e intermedio. Sendo unha caracteristica fundamental deste o feito de que estea aberta, o que significa que calquera profesor pode introducirlle máis exercicios ou modificar os que leva incluídos.


No nivel avanzado inclúense uns 400 exercicios.

Pica no logotipo para acceder á páxina

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.