sábado, 24 de enero de 2009

30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O venres día 30 celebramos o día escolar da paz e a non violencia.
Foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación No-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.
Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Paquistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter millóns de indios.

Os poño o anuncio de televisión da campaña "Tus mans son para protexer"; campaña contra o castigo físico impulsada polo Consello de Europa coa colaboración do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte.


Por último déixovos unhas frases sobre a Paz:

  • Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.Isaac Newton (1642-1727) Matemático e físico británico
  • Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.
  • Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: A paz.Albert Einstein (1879-1955) Científico alemán nacionalizado estadounidense.
  • A paz comeza cun sorriso.Nai Teresa de Calcuta (1910-1997) Misioneira iugoslava nacionalizada india.
  • Non abonda con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila.Eleanor Roosevelt (1884-1962) Defensora dos dereitos sociais, diplomática
  • Que ninguén se faga ilusións de que a simple ausencia de guerra, aínda sendo tan desexada, sexa sinónimo dunha paz verdadeira. Non hai verdadeira paz senón vén acompañada de equidade, verdade, xustiza, e solidariedade.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
  • O mantemento da paz comeza coa autosatisfacción de cada individuo.Dalai Lama
  • Se non estamos en paz connosco mesmos, non podemos guiar outros na busca da paz.Confucio (551 AC-478 AC) Filósofo chinés.
  • Se queremos un mundo de paz e de xustiza hai que poñer decididamente a intelixencia ao servizo do amor.Antoine de Saint-Exupery (1900-1944) Escritor francés.
  • Por iso América: se queres a paz, traballa pola xustiza. Se queres a xustiza defende a vida. Se queres a vida, abraza a verdade, a verdade revelada por Deus.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
  • A paz é para o mundo o que o fermento para a masa.O Talmud
  • Se queremos gozar a paz, debemos velar ben as armas; se depoñemos as armas non teremos xamais paz.Marco Tulio Cicerón (106 AC-43 AC) Escritor, orador e político romano.
  • Non hai paz sen xustiza, non hai xustiza sen perdón.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
  • A paz esixe catro condicións esenciais: Verdade, xustiza, amor e liberdade.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
  • A paz máis desvantaxosa é mellor que a guerra máis xusta.Erasmo de Rotterdam (1469-1536) Humanista neerlandés.
  • En asuntos internacionais, a paz é un período de trampas entre dúas loitas.Ambrose Bierce (1842-1914) Escritor estadounidense.
  • Non haberá paz na terra mentres perduren as opresións dos pobos, as inxustizas e os desequilibrios económicos que aínda existen.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
  • Nunca leves os teus mellores pantalóns cando salgas a loitar pola paz e a liberdade.Henrik Johan Ibsen (1828-1906) Dramaturgo noruegués.
  • Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca.Antonio Mingote (1919-?) Debuxante e humorista español.
  • Hai algo tan necesario como o pan de cada día, e é a paz de cada día; a paz sen a cal o mesmo pan é amargo.Amado Nervo (1870-1919) Poeta, novelista e ensaísta mexicano.
  • A paz na terra, suprema aspiración de toda a humanidade a través da historia, é indubidable que non pode establecerse nin se consolidar se non se respecta fielmente a orde establecida por Deus.Juan XXIII (1881-1963) Papa da igrexa católica.
  • A primeira condición para a paz é a vontade de lograla.Juan Luis Vives (1492-1540) Humanista e filósofo español.
  • Se queres a paz, non falas cos teus amigos. Falas cos teus inimigos.Moshe Dayan (1915-1981) Militar e político israelí.
  • Existe unha tentación extremadamente sutil e perigosa de confundir a paz coa simple ausencia de guerra, como estar tentados de confundir a saúde coa ausencia de enfermidade, ou a liberdade con non estar preso. A terminoloxía é ás veces enganosa. Por exemplo, a expresión "coexistencia pacífica" significa ausencia de guerra e non verdadeira paz.Dominique Pire (1910-1969) Sacerdote e sociologo belga
  • Máis vale unha paz relativa que unha guerra gañada.María Teresa I de Austria (1717-1780) Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico.
  • A paz obtida na punta da espada, non é máis que unha tregua.Pierre Joseph Proudhon (1809-1865) Filósofo francés.
  • Ata que os que ocupan postos de responsabilidade non acepten cuestionarse con valentía o seu modo de administrar o poder e de procurar o benestar dos seus pobos, será difícil imaxinar que se poida progresar verdadeiramente cara á paz.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
  • Ou camiñamos todos xuntos cara á paz, ou nunca a atoparemos.Benjamin Franklin (1706-1790) Estadista e científico estadounidense.
  • Mesmo a paz se pode comprar a un prezo demasiado alto.Benjamin Franklin (1706-1790) Estadista e científico estadounidense

    Agora podes deixar o teu lema sobre a "PAZ"

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.