Os nenos deben educarse nunha sociedade moito máis complexa e perigosa que aquela na que foron educados os seus pais. Para aguantar e superar estes desafíos, os nenos teñen que estar seguros de si mesmos.
Temos que esquecer a crenza de que pedir desculpas aos fillos implicará que somos demasiado brandos ou que eles terán un carácter débil. O mundo necesita máis persoas fortes pero benevolentes. Os bos pais conségueno e esa é unha razón pola cal os seus fillos se elevarán por enriba da norma cando sexan adultos. Os pais que cren que o único xeito de educar ben os seus fillos é ter un control absoluto sobre eles case nunca piden desculpas por cometer algunha ofensa. Os pais que necesitan manter o control custe o que custe son cegos con respecto ao seu propio sentido da irresponsabilidade. Antes ou despois, os seus fillos aprenderán que os seus pais carecen de credibilidade a pesar das temibles mostras de enfado.
Negarse a pedir desculpas cando un se equivocou reflexa unha actitude paterna disfuncional. Non vale desculparse se se utiliza como un truco para suavizar as cousas. Debe ser un acto sincero.
Desculparse pode ensinar aos fillos moitas leccións importantes, ao mesmo tempo que axuda a manter con eles unha relación sincera e realista. Aquí vai unha lista do que poden aprender:
- Aprenden que non teñen por que ter sempre razón e que, aínda que estean equivocados, seguen sendo boas persoas.
- Aprenden que hai que admitir un erro antes de poder corrixilo, e que corrixir erros é importante.
- Descobren que pedir difícil, e que hai que ser forte para facelo.
- Ven unha mostra de sinceridade, que talvez non vexan noutra parte.
- Aprenden que unha boa familia repara os malos sentimentos que se producen entre os seus membros.
- Aprenden a virtude de perdoar os demais cando perden temporalmente o control.
- Aprenden que a desculpa é unha forma de recoñecer que outra persoa é digna de respecto.
- Aprenden que non é necesario alimentar rancores porque un se sinta culpable por algo que fixo. Todo o mundo empeza a odiar a persoa cara á que alberga un sentimento de culpa.
- Aprenden a pedir desculpas aos seus pais cando lles ofenderon, e a resolver os seus remordementos e o seu complexo de culpa.
"Como ser mellores pais" de Gloria Marsellach resumidas as intencións pola psicóloga Gloria Marsellach Umbert
No hay comentarios:
Publicar un comentario