domingo, 4 de enero de 2009

INTENCIÓNS PARA O NOVO ANO

Aí déixovos unha serie de intencións para que os papás e as mamás intentedes levar a cabo este novo ano 2009:
  1. Non se involucre en loitas de poder das que é probable que ninguén saia vitorioso.
  2. Diga cousas agradables aos seus fillos de cando en vez, sobre todo se non o esperan.
  3. É importante ser raro. Non deixe que os fillos pensen que son máis raros que os seus pais.
  4. Non faga cousas polos seus fillos que eles sexan capaces de facer por si mesmos, a menos que estea seguro de que lle devolverán o favor.
  5. Hai que ter unha autoestima alta. Se o pai non a ten, os seus fillos tampouco.
  6. Aprenda a pedir desculpas cando non cumpra as súas propias cotas de esixencia ao tratar os seus fillos.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.