lunes, 5 de enero de 2009

LOITAS POLO PODER

No anterior artigo, a primeira intención que propoñiamos para o 2009 era "NON INVOLUCRARSE NAS LOITAS POLO PODER".

As loitas de poder prodúcense cando alguén cre que perdeu autoridade e quere recuperar a sensación de control. Traen como resultado sentimentos negativos e é bastante difícil chegar a unha solución satisfactoria, se non imposible. Os pais pretenden controlar os seus fillos e logo séntense culpables por perder a paciencia. Os nenos enfádanse, deprímense e fantasían sobre o xeito de retomar o control sobre os seus pais.

Os pais poden evitar as loitas de poder sendo sinceros sobre o que non lles gusta de si mesmos. Comprenderse a si mesmo a través da conciencia dun mesmo mellora o noso labor como pais.

Para resolver as loitas de poder tome nota dos seguintes consellos:
  1. Faga preguntas en lugar de ordes.

  2. Teña un lugar onde se esconder cando se desencadee unha loita de poder. (Non entre nas refiegas)

  3. Proporcione ao seu fillo máis dunha opción para elixir.

  4. A persoa a quen vostede ten que controlar é a si mesmo, non ao seu fillo.

  5. Soltar unha gargallada en metade dunha loita de poder consegue parala.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.