viernes, 9 de enero de 2009

5ª INTENCIÓN. TER UNHA BOA AUTOESTIMA

A maioría dos bos pais preocúpase pola autoestima dos seus fillos e estarán dispostos a facer calquera cousa para fomentala. Case sempre terán que aumentar primeiro a súa propia.
A autoestima poderiamos definila como a experiencia de andar pola vida cun sentimento de benestar e satisfacción. Polo tanto o mellor xeito de aumentar a autoestima é buscar máis experiencias que produzan benestar e satisfacción.
Para sentirse satisfeito como pai, hai algúns sentimentos básicos que hai que procurar experimentar:
  • Hai que procurar divertirse.
  • Hai que confiar en que os seus fillos estean sans e sexan felices.
  • Hai que crer que os demais lle respectan a un como pai.
  • Hai que sentirse satisfeito co traballo que se realiza.
  • Hai que loitar contra o exceso de ansiedade.
  • Hai que crer que os fillos agradecen as contribucións dos pais aos seus propios triunfos.

Atopar formas para experimentar máis satisfacción na vida familiar e no labor de pais non é ningún misterio. Os bos pais tenden a facer cousas que a maioría dos pais non fan. Seguidamente enumerareilles unha lista de suxestións que funcionaron con outros pais. Se funcionan no seu caso particular, a súa autoestima aumentará porque obterá máis pracer e satisfacción na súa propia casa.

  • Pase tempo a soas con cada un dos seus fillos sempre que poida para que non o distraian as necesidades dos outros membros da familia.
  • Teña cofres con chave para cada membro da familia (incluído vostede mesmo) para que os "tesouros" privados de cada un estean a salvo da curiosidade dos demais.
  • Pase tempo todas as semanas a soas co seu esposa/ou, sen nenos nin outras distraccións.
  • Permita que a casa estea desordenada durante o día, mentres todos estean a cumprir coas súas obrigas pero esixa que participen logo da limpeza polas noites. Á fin e ó cabo, a casa é de todos.
  • Teña sempre algo dispoñible para comer que guste á súa familia porque a comida é un factor importante de seguridade.
  • Aprenda a planificar para non desaproveitar as oportunidades satisfactorias pola aparición de acontecementos imprevistos.
  • Estableza tradicións familiares cada semana, mes ou ano.
  • Bote a todos os demais de casa de vez en cando para ter a sensación de que a súa casa é o seu castelo.
  • Se non ten amigos, consiga algúns rapidamente. A longo prazo, non se pode depender da familia para satisfacer todas as necesidades sociais.
  • Teña un calendario na cociña para establecer unha valoración de cada día. Defina a súa propia escala. Isto obrigarao a avaliar a calidade de cada día e a atopar maneiras de mellorar.
  • Divida as súas metas en etapas para que avance todos os días na dirección axeitada.
  • Se prefire non se enfrontar a membros da familia verbalmente sobre algo que lle molesta, déixelles notas.
  • Escolla un día cada dous semanas e propóñase non berrar durante todo o día.
  • Desenvolva a súa propia lista de cousas que pode facer para aumentar a súa autoestima.
  • Aprenda a dicir "non".

"Como ser mellores pais" de Gloria Marsellach

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.