Con este blog, pretendo dar resposta a toda a Comunidade Educativa. Queremos que o blog convértase nun medio de participación, colaboración e apoio mutuo, así como un motivo para realizar proxectos conxuntos e sentir que os Colexios perténcenos a todos e todas e todos e todas debemos colaborar na súa mellora. Benvidos e esperamos que vos sexa de axuda. Tamén agradeceremos moito que deixedes os vosos comentarios
sábado, 28 de febrero de 2009
sábado, 21 de febrero de 2009
Astronomy stories. ENTROIDO 2009. CEIP "MESTRES GOLDAR"
Como sabeis, o Colexio "MESTRES GOLDAR" é o meu segundo Centro e pódovos asegurar que organizan un entroido espectacular. Cada ano, Toniño sorpréndeme máis, guionando e organizando este macro festival onde é capaz, seguindo un fío condutor, facer saír a todo un colexio, alumnos, profesores e pais ao escenario e facer que gocen todos, artístas e espectadores.Coma sempre nestas datas, mudamos as camisas para celebrar a festa
e botarmos unhas risas.
De todo o que aquí escoitedes non creades unha miga que como andamos de troula contamos moitas mentiras.
Os magos do Mestres Goldar,os reis de todo o sistema solar, ven os planetas e mais as estrelas,
e ao ceo mandan as nosas cometas.
Irán á lúa e tamén a Marte lanzando cohetes dende a ponte de Rande.
Veredes que ben o ides pasar vendo as estrelas no ceo brillar
Terían que chegar as épocas do Renacemento, para que os dous protagonistas da historia que pasamos a relatar, descubriran que a terra non era o centro do Universo.
O noso amigo Copi xa sospeitaba algo que lle confirmaría, máis tarde, o seu camarada Gleo.
Gleo, perfeccionou o incipiente telescopio, e fixo descubrimentos clave para a moderna Astronomía.
Os astrónomos observan o ceo cos seus telescopios e aparecen uns seres galácticos
Os seres galácticos falan cos astrónomos que lles comunican que non os terrícolas non son os amos do ceo, que xiramos en torno ao sol.
Copi e máis Gleo comproban co teslescopio o que dixeron os seres galácticos e observando a Marte miran uns seres verdes e unha "VACA MARELA" que gobernaba en ese planeta
Copi e Gleo publican a información, pero ninguén lles facía caso...e montouse un gran folión...Os gobernantes da IGREXA prenderon a Copi e Gleo para que explicaran o que vían polo ceo. Mais como o que contaban, á Igrexa non lle conviña, obligáronos a dicir que todo era unha mentira.
Copi e Gleo, por defender as verdades chegaron a perder a vida queimados na fogueira en mans das bruxas, mais, para estudio da ciencia quedarían aquelas teorías.
Centos de anos pasaron dende os acontecementos. Nunha vella biblioteca alguén atopou aqueles documentos. No século XXI a ciencia ten novas metas.
Científicos de todo o mundo buscan vida noutros planetas.
Trátase de resolver o enigma que a todos ten preocupados ¿Que pinta unha vaca marela no medio de tantos marcianos?
Os científicos elaboran teorías sobre a presenza dunha vaca en Marte e deciden mandar astronautas a investigar este feito
JAVIER VILLAVERDE, nacido e Castrelos Foi número un da súa promoción de astronautas na NASA ,logo dun rigurosísimo proceso de selección. PEDRO MONTERO, o seu compañeiro de fatigas polos barrios de Castrelos, quixo ser gaiteiro antes que astronauta. Malia que tiña estilo, non tivo moito éxito dominando o fol, e decidiuse polos estudios científicos, formándose nas universidades da NASA e destacando polo seu gran dominio do inglés.
Samuel Abalde seguiu pasos moi diferentes aos dos seus colegas de Castrelos.Superada a xa coñecida proba de capacidade pulmonar...decidiu emprender os camiños da aventura, que o levaron ata Suíza onde aprendeu a dominar o francés con elegancia. Logo de expoñer a súa famosa tese doctoral sobre o “ESTADO DO FIRMAMENTO NA NOITE DE NADAL” foi seleccionado como astronauta número 1 da AXENCIA ESPACIAL EUROPEA. Deste xeito voará a Marte para ver se desvela o misterio da vaca marela.
Os astronautas reciben as instrucións dos científicos, os da NASA danllas en inglés, os da Axencia Europea en francés
Os astronautas navegan cara a Marte, por unha banda os da NASA e por outro os da Axencia Europea
Os astronautas atópanse en Marte
No encontro, os da NASA falan inglés e o da Axencia Europea en francés
Os astronautas atopan á vaca e establécese un dialogo moi moi curioso; non perder detalle da forma de falar da vaca
Os astronautas fan ver a vaca a importancia de ser galego e descobren que a vaca tamén é galega e éntranlle gañas de voltar.
Voltan a terra coa vaca
Chegan a terra
En primicia: aí van as primeiras verbas da "VACA MARELA" unha vez chegada a terra
E como non podía ser doutra forma na terra faise un baile e unha festa para celebrar o regreso dos nosos heroes
F I N
Se queres ver fotos do festival só tes que picar na fotografía xa que o rato MIK xa as colgou no seu blog "o recanto de Mik"

viernes, 20 de febrero de 2009
ENTROIDO OTERO PEDRAYO 2009
Hoxe celebramos o entroido no colexio. O tema elixido este ano foi "O CINEMA" e todos os cursos se disfrazaron con motivos de películas famosas.
En primeiro lugar desfilaron os nenos e nenas de Infantil. A película que elixiron foi "101 DÁLMATAS"
Os nenos e nenas do primeiro ciclo foron disfrazados con motivos da película "Buscando a Nemo" que seguro que todos a coñecedes
Logo desfilaron os nenos e nenas de terceiro coa película de Astérix e Obélix
O Charlestón foi interpretado polos alumnos e alumnas de cuarto
Pasamos moito medo cos monstruos de quinto A
Os alumnos e alumnas de quinto B fixéronnos recordar as películas de "Piratas do Caribe"
Sexto bailó ao son da película GREEASE
Despois do desfile houbo baile e festa rachada ademáis de degustar as ricas orellas que trouxeron as nais
lunes, 16 de febrero de 2009
EQUIVÓCANSE
Di :
- que a calidade do ensino non é directamente proporcional ao número de días e de horas que os alumnos pasan na escola
- que a educación non son servizos asistenciais, o colexio non é unha gardaría
- que as condicións laborais dos docentes non son envexables
- que cada hora de atención directa ao alumnado ten necesariamente detrás outras moitas horas de traballo e formación
- que os problemas da educación non se solucionan adoptando medidas populistas
Se queres ler o artígo completo pica:
domingo, 15 de febrero de 2009
"CRIATURAS DOUTRO PLANETA"
É unha cita que acabo de ler no Faro de Vigo de Elisabet Pedrosa e que me chegou, de verdade, á alma.
Elisabet Pedrosa, guionista do programa L 'ofici de viure de Catalunya Ràdio, é a nai de Gina, unha nena de 5 anos coa síndrome de Rett. A súa enfermidade é moi descoñecida.
A efectos prácticos implica que o enfermo non pode falar, non pode camiñar, non pode utilizar as mans, ten escoliose (unha desviación das costas motivadas por non ter un control postural). Tamén os dedos perden habilidade porque non poden utilizarse. As nenas Rett ten unha esperanza de vida normal, pero a raíz destes pequenos problemas a súa calidade de vida diminúe moi rapidamente. É a forma máis severa de autismoElisabet Pedrosa escribiu un libro para dar a coñecer a síndrome de Rett. Titúlase "Criatures d 'un altre planeta" e o 100% dos dereitos de autor destinaranse á investigación.
Trátase dun libro extraordinario polo testemuño persoal de superación diaria da minusvalidez e tamén polo proceso de transformación persoal daqueles que conviven con Gina, especialmente de Elisabet, a súa nai.
Mañá, día 16 Elisabet dará unha conferencia en Vigo, organizada polo Club Faro de Vigo
lunes, 9 de febrero de 2009
VISITA DA MAGA
Fixeron amizade con Mowgli, con Baloo e con Bagheera, visitaron a cova de Raskha e recibiron a visita da MAGA DA SELVA, quen lles fixo algún truco de maxia e os converteu en animais da selva. Agora teñen un carné para seren Magas e Magos da selva…..veremos se o conseguen.
Grazas, a mestra de Audición e Linguaxe, María por ilusionar aos nenos e nenas co seu traballo
NENOS E NENAS DESOBEDIENTES
- ¿Como se comporta o neno desobediente?
- ¿Cando un neno ten que ser obediente?
- ¿Por que os nenos desobedecen?
- Pautas educativas inadecuadas que fan aos nenos desobedientes
- Características dos ambiéntes familiares que se asocian coa desobediencia.
- Tratamento sistematico por parte dos pais para evitar a desobediencia
- Estratexias a utilizar con nenos desobedientes
sábado, 7 de febrero de 2009
ENIGMA
O pai de Antón era mais vello que o seu avó. ¿Como puido ser?
lunes, 2 de febrero de 2009
Where the Hell is Matt? (2008)
Matt Harding é un estadounidense de Seattle de 31 anos. Un bo día decidiu abandonar o seu traballo como programador de videoxogos en Brisbane (Australia) e gastar todo o diñeiro que gañara en dar a volta ao mundo. No camiño coñeceu un compañeiro de viaxe coa que facía un baile apto para torpes. Este amigo suxeriulle que gravase o seu baile. E iso foi o que fixo. Matt decidiu inmortalizarse coa súa cámara de vídeo facendo o seu peculiar baile diante dos monumentos que foi visitando. Cando chegou á súa casa montou o vídeo e colgouno en Internet. O resultado foi un éxito irresistible. Miles de persoas metéronse en Youtube para ver o extravagante bambeo das súas cadeiras
Fran Piñeiro, mestre do Colexio do Chouzo, baseándose en Matt Harding, foi capaz de facer bailar toda unha comunidade educativa con este "baile da amizade".
O único obxectivo de Fran facendo este video foi arrancar un sorriso a todos os que o viron, aínda que eu creo que hai outros obxectivos moito máis profundos. Parabén Fran por ser capaz de poñer de acordo a todos e todas.
http://chouzouno.blogspot.com/sábado, 31 de enero de 2009
ACTIVIDADES REALIZADAS NO DÍA DA PAZ
Os nenos e as neas traballaron a "PAZ" nas súas aulas durantes estes últimos días.
Todo o alumnado participou na elaboración do mural colectivo: unha pomba recuberta coas mans en papel dos nenos e das nenas do centro.
Tamén participaron na elaboración dunha guirnalda de corazóns con mensaxes para a paz.
Os alumnos e alumnas do 3º ciclo asistiron ós actos que tiveron lugar no Centro Social de Beade
O día 30, no ximnasio do colexio realizamos as seguintes actividades:
- Lectura dun poema a cargo dunha representación do alumnado en cada curso
- Cantamos a cantiga "Color esperanza"
- Lanzamos globos con mensaxes dentro.
COLOR ESPERANZA DE DIEGO TORRES
jueves, 29 de enero de 2009
¿COMO FACER NENOS DESOBEDIENTES?
1º.-Que na casa non haxa normas claras e concretas, así o neno non sabe claramente o que ten que facer e o que non, o permitido e o prohibido.
2º.-Incoherencia dos pais. Din unha cousa e fan outra, un día non permiten unha conduta e ao día seguinte si, agora din non e logo se. Os nenos non saben a que aterse.
3º.-O mal comportamento do neno cambie as decisións dos pais. Desta forma é o neno quen pon as normas.
4º.- As condutas negativas non teñen consecuencias. Así o neno incumpre normas, elude responsabilidades e os comportamentos negativos non teñen consecuencias.
5º.-Falta de constancia por parte dos pais.
6º.-Os pais non son un bo exemplo para os nenos. O neno aprende imitando e os pais son o principal modelo
7º.-A falta de acordo na parella.
8.-Prestar especial atención cando o neno se porta mal. Hai nenos que só conseguen que se lle atenda cando se portan mal e se isto acontece, utilizará o seu mal comportamento para atraer a atención dos seus pais
9.-Falta de rutinas no neno. A rutina é un elemento positivo e necesario para o desenvolvemento do neno e o seu equilibrio.
10.- A sensación de stress dos pais
11.-Cambios frecuentes de coidador. Así é difícil manter unhas pautas educativas uniformes
sábado, 24 de enero de 2009
30 DE XANEIRO. DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación No-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz.
Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O día 30 de Xaneiro conmemórase ademáis a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista.
Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta (a súa filosofía, de base relixiosa, tiña por principio fundamental a non violencia) contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa.
Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns que se produciron tras a independencia en agosto de 1947 (os colonialistas británicos impuxeron como condición para retirar as súas tropas, a división da India en dous estados, India e Paquistán, un hindú e outro musulmán). Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter millóns de indios.
Os poño o anuncio de televisión da campaña "Tus mans son para protexer"; campaña contra o castigo físico impulsada polo Consello de Europa coa colaboración do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte.
Por último déixovos unhas frases sobre a Paz:
- Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.Isaac Newton (1642-1727) Matemático e físico británico
- Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.Mahatma Gandhi (1869-1948) Político e pensador indio.
- Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: A paz.Albert Einstein (1879-1955) Científico alemán nacionalizado estadounidense.
- A paz comeza cun sorriso.Nai Teresa de Calcuta (1910-1997) Misioneira iugoslava nacionalizada india.
- Non abonda con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila.Eleanor Roosevelt (1884-1962) Defensora dos dereitos sociais, diplomática
- Que ninguén se faga ilusións de que a simple ausencia de guerra, aínda sendo tan desexada, sexa sinónimo dunha paz verdadeira. Non hai verdadeira paz senón vén acompañada de equidade, verdade, xustiza, e solidariedade.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
- O mantemento da paz comeza coa autosatisfacción de cada individuo.Dalai Lama
- Se non estamos en paz connosco mesmos, non podemos guiar outros na busca da paz.Confucio (551 AC-478 AC) Filósofo chinés.
- Se queremos un mundo de paz e de xustiza hai que poñer decididamente a intelixencia ao servizo do amor.Antoine de Saint-Exupery (1900-1944) Escritor francés.
- Por iso América: se queres a paz, traballa pola xustiza. Se queres a xustiza defende a vida. Se queres a vida, abraza a verdade, a verdade revelada por Deus.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
- A paz é para o mundo o que o fermento para a masa.O Talmud
- Se queremos gozar a paz, debemos velar ben as armas; se depoñemos as armas non teremos xamais paz.Marco Tulio Cicerón (106 AC-43 AC) Escritor, orador e político romano.
- Non hai paz sen xustiza, non hai xustiza sen perdón.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
- A paz esixe catro condicións esenciais: Verdade, xustiza, amor e liberdade.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
- A paz máis desvantaxosa é mellor que a guerra máis xusta.Erasmo de Rotterdam (1469-1536) Humanista neerlandés.
- En asuntos internacionais, a paz é un período de trampas entre dúas loitas.Ambrose Bierce (1842-1914) Escritor estadounidense.
- Non haberá paz na terra mentres perduren as opresións dos pobos, as inxustizas e os desequilibrios económicos que aínda existen.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
- Nunca leves os teus mellores pantalóns cando salgas a loitar pola paz e a liberdade.Henrik Johan Ibsen (1828-1906) Dramaturgo noruegués.
- Todos queren a paz, e para asegurala, fabrican máis armas que nunca.Antonio Mingote (1919-?) Debuxante e humorista español.
- Hai algo tan necesario como o pan de cada día, e é a paz de cada día; a paz sen a cal o mesmo pan é amargo.Amado Nervo (1870-1919) Poeta, novelista e ensaísta mexicano.
- A paz na terra, suprema aspiración de toda a humanidade a través da historia, é indubidable que non pode establecerse nin se consolidar se non se respecta fielmente a orde establecida por Deus.Juan XXIII (1881-1963) Papa da igrexa católica.
- A primeira condición para a paz é a vontade de lograla.Juan Luis Vives (1492-1540) Humanista e filósofo español.
- Se queres a paz, non falas cos teus amigos. Falas cos teus inimigos.Moshe Dayan (1915-1981) Militar e político israelí.
- Existe unha tentación extremadamente sutil e perigosa de confundir a paz coa simple ausencia de guerra, como estar tentados de confundir a saúde coa ausencia de enfermidade, ou a liberdade con non estar preso. A terminoloxía é ás veces enganosa. Por exemplo, a expresión "coexistencia pacífica" significa ausencia de guerra e non verdadeira paz.Dominique Pire (1910-1969) Sacerdote e sociologo belga
- Máis vale unha paz relativa que unha guerra gañada.María Teresa I de Austria (1717-1780) Emperatriz do Sacro Imperio Romano Xermánico.
- A paz obtida na punta da espada, non é máis que unha tregua.Pierre Joseph Proudhon (1809-1865) Filósofo francés.
- Ata que os que ocupan postos de responsabilidade non acepten cuestionarse con valentía o seu modo de administrar o poder e de procurar o benestar dos seus pobos, será difícil imaxinar que se poida progresar verdadeiramente cara á paz.Juan Pablo II (1920-2005) Papa da igrexa católica.
- Ou camiñamos todos xuntos cara á paz, ou nunca a atoparemos.Benjamin Franklin (1706-1790) Estadista e científico estadounidense.
jueves, 22 de enero de 2009
TAL COMO ERES
miércoles, 21 de enero de 2009
XOGOS POPULARES
Recordar que puxen algúns xogos.
Laura, agora che deixo un vídeo da Consellería de Educación que pretende recuperar a práctica dos xogos populares nos recreos, reivindicando o seu valor pedagóxico e cultural.
martes, 20 de enero de 2009
ESTRATEXIAS BÁSICAS PARA A ALIMENTACIÓN

1º.-ESTABLECER UN RITUAL
*Comer ás mesmas horas
*Establecer momentos previos centrados no que vai ser a comida: poñer mantel, pratos, cubertos
2º.-FACER DA COMIDA UN MOMENTO AGRADABLE
*Comer en familia é unha prioridade
*Se tódala familia non come xunta, polo menos un membro coma co neno
*Procurar o tempo necesario para que se faga con tranquilidade
*Desterrar a discusión a conta do que o neno come, as ameazas, facer comentarios ou descualificalo
*Converter nun momento privilexiado para falar e comentar a xornada, o colexio, os xogos, os amigos..
3º.-OFRECER POUCAS CANTIDADES
4º.-NON PICAR ANTES NIN BEBER REFRESCOS DURANTE A COMIDA
*Se pica antes de comer perderá o apetito, ademais que os doces e lambetadas anulan os sabores da comida
*Os refrescos soen conter grandes cantidades de azucre e darán sensación de estar saciado
5º.-OFRECERLLES O ALIMENTO PERO NON O FORZAR
6º.-DAR BO EXEMPLO
*Variedade de alimentos
*Facer o ritual da comida
*Bos modales
*Valorar o esforzo de preparar a comida
*Non abusar de alimentos inadecuados
*Non pedir pratos alternativos
7º.-COMER SEN DISTRACCIÓNS
8º.-VARIEDADE DE ALIMENTOS
*Que toda a familia os tome e os valore
*Ofrecersellos sen obligarlle
*Preparación actractiva
*Elaboración dun menú semanal
9º.-LIMITAR O TEMPO
10º.-MENÚ COMÚN PARA TODOS
La alimentación infantil y sus dificultades. Jesús Jarque García
domingo, 18 de enero de 2009
MUSEO DA ESCOLA
sábado, 17 de enero de 2009
CELOS
miércoles, 14 de enero de 2009
XESTO DE AMOR E XENEROSIDADE
sábado, 10 de enero de 2009
6ª INTENCIÓN: APRENDER A PEDIR DISCULPAS
Os nenos deben educarse nunha sociedade moito máis complexa e perigosa que aquela na que foron educados os seus pais. Para aguantar e superar estes desafíos, os nenos teñen que estar seguros de si mesmos.
Temos que esquecer a crenza de que pedir desculpas aos fillos implicará que somos demasiado brandos ou que eles terán un carácter débil. O mundo necesita máis persoas fortes pero benevolentes. Os bos pais conségueno e esa é unha razón pola cal os seus fillos se elevarán por enriba da norma cando sexan adultos. Os pais que cren que o único xeito de educar ben os seus fillos é ter un control absoluto sobre eles case nunca piden desculpas por cometer algunha ofensa. Os pais que necesitan manter o control custe o que custe son cegos con respecto ao seu propio sentido da irresponsabilidade. Antes ou despois, os seus fillos aprenderán que os seus pais carecen de credibilidade a pesar das temibles mostras de enfado.
Negarse a pedir desculpas cando un se equivocou reflexa unha actitude paterna disfuncional. Non vale desculparse se se utiliza como un truco para suavizar as cousas. Debe ser un acto sincero.
Desculparse pode ensinar aos fillos moitas leccións importantes, ao mesmo tempo que axuda a manter con eles unha relación sincera e realista. Aquí vai unha lista do que poden aprender:
- Aprenden que non teñen por que ter sempre razón e que, aínda que estean equivocados, seguen sendo boas persoas.
- Aprenden que hai que admitir un erro antes de poder corrixilo, e que corrixir erros é importante.
- Descobren que pedir difícil, e que hai que ser forte para facelo.
- Ven unha mostra de sinceridade, que talvez non vexan noutra parte.
- Aprenden que unha boa familia repara os malos sentimentos que se producen entre os seus membros.
- Aprenden a virtude de perdoar os demais cando perden temporalmente o control.
- Aprenden que a desculpa é unha forma de recoñecer que outra persoa é digna de respecto.
- Aprenden que non é necesario alimentar rancores porque un se sinta culpable por algo que fixo. Todo o mundo empeza a odiar a persoa cara á que alberga un sentimento de culpa.
- Aprenden a pedir desculpas aos seus pais cando lles ofenderon, e a resolver os seus remordementos e o seu complexo de culpa.
"Como ser mellores pais" de Gloria Marsellach resumidas as intencións pola psicóloga Gloria Marsellach Umbert
viernes, 9 de enero de 2009
5ª INTENCIÓN. TER UNHA BOA AUTOESTIMA
A autoestima poderiamos definila como a experiencia de andar pola vida cun sentimento de benestar e satisfacción. Polo tanto o mellor xeito de aumentar a autoestima é buscar máis experiencias que produzan benestar e satisfacción.
Para sentirse satisfeito como pai, hai algúns sentimentos básicos que hai que procurar experimentar:
- Hai que procurar divertirse.
- Hai que confiar en que os seus fillos estean sans e sexan felices.
- Hai que crer que os demais lle respectan a un como pai.
- Hai que sentirse satisfeito co traballo que se realiza.
- Hai que loitar contra o exceso de ansiedade.
- Hai que crer que os fillos agradecen as contribucións dos pais aos seus propios triunfos.
Atopar formas para experimentar máis satisfacción na vida familiar e no labor de pais non é ningún misterio. Os bos pais tenden a facer cousas que a maioría dos pais non fan. Seguidamente enumerareilles unha lista de suxestións que funcionaron con outros pais. Se funcionan no seu caso particular, a súa autoestima aumentará porque obterá máis pracer e satisfacción na súa propia casa.
- Pase tempo a soas con cada un dos seus fillos sempre que poida para que non o distraian as necesidades dos outros membros da familia.
- Teña cofres con chave para cada membro da familia (incluído vostede mesmo) para que os "tesouros" privados de cada un estean a salvo da curiosidade dos demais.
- Pase tempo todas as semanas a soas co seu esposa/ou, sen nenos nin outras distraccións.
- Permita que a casa estea desordenada durante o día, mentres todos estean a cumprir coas súas obrigas pero esixa que participen logo da limpeza polas noites. Á fin e ó cabo, a casa é de todos.
- Teña sempre algo dispoñible para comer que guste á súa familia porque a comida é un factor importante de seguridade.
- Aprenda a planificar para non desaproveitar as oportunidades satisfactorias pola aparición de acontecementos imprevistos.
- Estableza tradicións familiares cada semana, mes ou ano.
- Bote a todos os demais de casa de vez en cando para ter a sensación de que a súa casa é o seu castelo.
- Se non ten amigos, consiga algúns rapidamente. A longo prazo, non se pode depender da familia para satisfacer todas as necesidades sociais.
- Teña un calendario na cociña para establecer unha valoración de cada día. Defina a súa propia escala. Isto obrigarao a avaliar a calidade de cada día e a atopar maneiras de mellorar.
- Divida as súas metas en etapas para que avance todos os días na dirección axeitada.
- Se prefire non se enfrontar a membros da familia verbalmente sobre algo que lle molesta, déixelles notas.
- Escolla un día cada dous semanas e propóñase non berrar durante todo o día.
- Desenvolva a súa propia lista de cousas que pode facer para aumentar a súa autoestima.
- Aprenda a dicir "non".
"Como ser mellores pais" de Gloria Marsellach