miércoles, 20 de mayo de 2009

Iago

Hoxe vouvos a falar do "blog" de Iago, http://hablapormidiceiago.blogspot.com/ un neno que se presenta así:

"O meu nome xa coñecédelo, teño 9 anos, non se como definir a miña minusvalidez, autismo? en parte, hiperactivo? encántame, realmente non se pode definir, din que estou dentro do espectro autista, porque existiron outros factores que puideron afectar no que agora son, polo tanto non pode ser autismo puro.

Teño unha discreta atrofia subcortical, que segundo o médico, moita xente ten, sen que lle pase nada, nacín prematuro, estiven en incubadora e con ventilación asistida, o miña mami o pasou mal no embarazo, tivo perdidas e contraccións, ata se quedou sen liquido, xusto cando decidiron os médicos que debía saír.

Realmente é unha mestura de cousas. Agora mesmo, como xa teredes deducido polo título do blog, non falo, bo, digo palabras, pero dunha nunha, non sei unir 2 palabras, pero se explicar o moi ben, todo o mundo me entende, xa teño unha linguaxe propia, algún día terei unha linguaxe que máis xente entenda. É moi difícil que fale, porque se non o fixen ata agora, é complicado que o faga a partir de xa, pero non descarto falar por signos algún día...

Na actualidade teño 9 anos. No nadal do ano 2008-09 unín por primeira vez dous palabras, e mamá xa cre que poderei falar, pero sen présas!!!Cada día que pasa, mami sabe que o meu autismo é máis claro e evidente. Ninguén podería negar un diagnóstico de autismo, mami vai máis lonxe, diría que de autismo severo. Pero cada día que pasa tamén aprendemos máis e máis cousas e formas de levalo o mellor posible. O balance é positivo, pesan máis as cousas boas. Estamos moi contentos."

Un "blog" moi interesante onde podemos coñecer un pouquiño máis sobre o "autismo"

Iago participa nun concurso de curtos sobre "os dereitos do neno". Participa no dereito 10: "dereito a non ser discriminado" . Podedes entrar picando na imaxe e ver o video. Para poder votar, teneís que picar nas estrelas que hai despois do video.

Tamén hai outros videos moi interesantes sobre os dereitos do neno.

viernes, 15 de mayo de 2009

Pepe Carreiro e "Os Bolechas"



Pepe Carreiro, debuxante e humorista gráfico, estivo hoxe no Colexio e contounos moitas cousas. Os seus pais tiñan un bar en Vigo e aínda era habitual que o reparto das bebidas se fixese con carros tirados por cabalos e por iso uns dos seus primeiros debuxos foron carros tirados por cabalos.
De seguido pasou a acción e cun lapis e un rotulador Pepe Carreiro foi explicando paso a paso como facía cada "Bolecha", os irmáns Carlos, as xemelgas Loli y Pili, Braulio, Sonia, Tatá, xunto ao can Chispa.
Ao final houbo unha quenda de preguntas onde os nenos e nenas "interrogaron" a Pepe Carreiro e pedíronlle que asinasen os seus libros dos "Bolechas"
Unha experiencia que non esqueceremos no Colexio.



jueves, 14 de mayo de 2009

Quéreme asi, por favor

Carta dun fillo á súa nai. Podería servirnos a todos nós para entender un pouco máis os nosos fillos.


  • NON ME DEAS TODO O QUE PIDO. Ás veces só pido para ver ata canto podo coller.
  • NON ME BERRES. Respéctote menos cando o fas, e me ensinas a berrar a min tamén, e eu non quero facelo.
  • NON ME DEAS SEMPRE ORDENES. Se ás veces me pedises as cousas, eu faríao máis rápido e con máis gusto.
  • CUMPRE AS PROMESAS, boas ou malas. Se me prometes un premio, dámelo; pero tamén se é un castigo.
  • NON ME COMPARES CON NINGUÉN, especialmente da família. Se ti me presentas mellor que os demais, alguén vai sufrir; e se me presentas peor que os demais, serei eu quen sufra.
  • NON CAMBIES DE OPINION TAN A MIÚDO sobre o que debo facer, decide e mantén esa decisión.
  • DÉIXAME VALERME POLO MEU MESMO. Se ti fas todo por min, eu nunca poderei aprender.
  • NON DIGAS MENTIRAS diante de min, nin me pidas que as diga por tí aínda que sexa para sacarte dun apuro. Fasme sentir mal e perder a fe no que dis.
  • NON ME ESIXAS QUE TE DIGA O PORQUE CANDO FAGO ALGO MAL. Ás veces nin eu mesmo o sei.
  • ADMITE AS TÚAS EQUIVOCACIÓNS: crecerá a boa opinión que eu teño de tí e ensinarasme a admitir as miñas.
  • TRÁTAME COA MESMA AMABILIDADE QUE AOS TEUS AMIGOS. É que por que sexamos família non podemos tratarnos coa mesma cordialidade que se fosemos amigos?
  • NON ME DIGAS QUE FAGA UNHA COUSA SE TI NON A FAS. Eu aprenderei e farei sempre o que ti fagas aínda que non o digas; pero nunca farei o que ti digas e non o fagas.
  • NON ME DIGAS "NON TEÑO TEMPO" cando che conte un problema meu. Trata de comprenderme e axudarme.
  • E QUÉREME E DIMO. A min gústame oírcho dicir, aínda que ti non creas necesario dicirmo.Con amor, o teu fillo

Autor: Gloria Marsellach http://www.psicoactiva.com/arti/articulo.asp?SiteIdNo=796

lunes, 11 de mayo de 2009

Pais e fillos

O fillo preguntoulle ao seu pai, ¿Papá, formarias parte no maratón comigo?
O pai respondeu, si
Foron ao maratón e completárono xuntos.
Pai e fillo foron xuntos a outros maratóns, o pai sempre dicía "si" ás solicitudes do seu fillo de ir xuntos nas carreiras.
Un día, o fillo preguntoulle ao seu pai, "Papá, imos participar xuntos no "Ironman"
O pai díxolle "si" tamen.
O triatlón Ironman abrangue un 2,4 millas (3,86 quilómetros) nadando nos océanos, seguida por unhas 112 millas (180,2 kilometros) en bicicleta, e rematando cun 26,2 millas (42,195 kilometros) maratón .
IMPRESIONANTE!!!!!!
AGORA VEXAN O VIDEO:


jueves, 7 de mayo de 2009

17 de maio: Día das Letras Galegas

Este ano as Letras Galegas están adicadas a Ramón Piñeiro López , escritor, editor, político e intelectual que significou o elo condutor da cultura galega e o galeguismo entre a xeración Nós e as xeracións da posguerra do século pasado. Tras a disolución do Partido Galeguista, asumiu o traballo cultural como eixo condutor do galeguismo, fundando a editorial Galaxia nos anos 50, en torno á que se mantivo a actividade cultural en galego, e intentou espallar o galeguismo entre todas as ideoloxías políticas que foron agromando na segunda metade do século.

ACTIVIDADES PARA INFANTIL

CANCIÓN PARA AS ACTIVIDADES DE INFANTIL

ACTIVIDADES PARA O PRIMEIRO CICLO

ACTIVIDADES PARA O SEGUNDO CICLO

ACTIVIDADES PARA O TERCEIRO CICLO


SEMINARIO GALAN. Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña)

EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA. No apartado de premios pódense descargar os carteis O IES de Beade xa que foron os gañadores do concurso das "letras galegas"





miércoles, 6 de mayo de 2009

Text de expresión facial de Paul Ekman

Paul Ekman creou unha proba rápida para identificar as emocións na expresión facial.
Este investigador das emocións desenvolveu un método a través do estudo do movemento muscular do rostro para detectar emocións, estados afectivos e mesmo mentiras nas persoas. Este test rápido de expresión facial está baseado no xa famoso programa METT "Micro Expresion Training Tool".

Instrucións:
  1. Dálle click a un dos números que aparecen na pantallita para ver imaxes de persoas.

  2. Estas imaxes cambiarán rapidamente mostrando unha expresión.

  3. Unha vez que se presentou esta expresión, debes darlle click á palabra que segundo ti, describe a expresión mostrada pola persoa.

  4. Estas son as opcións (por se non entendes inglés):

Fear = Medo

Sad = Tristura

Disgust = Desgusto

Angry = Anoxo

Contempt = Desprezo

Surprise = Sorpresa

Happy = Felicidade

Se non lle atinas, podes elixir outra ata que acertes

Este é o enlace : http://www.cio.com/article/facial-expressions-test


lunes, 4 de mayo de 2009

Reflexións... da Psicoloxía e da Aprendizaxe

Imaxes e texto relativos ás implicacións da psicoloxía nos procesos de aprendizaxe

viernes, 1 de mayo de 2009

miércoles, 29 de abril de 2009

Nenos e nenas lentos

Os nenos e as nenas lentos caracterízanse por:
  • Traballan ben pero a un ritmo moi lento
  • Necesitan moito máis tempo cos demais para realizar as tarefas
  • Se distraen con facilidade ou interrompen continuamente o traballo
  • Necesitan axuda continua
  • As veces, leva asociado dificultades específicas
  • Non ten hora límite para estudiar, o criterio para rematar soe ser “cando as actividades rematan”
    *Coa intención de facelo máis levadeiro, soen traballar con demasiadas distraccións cerca, xoguetes, tv,..
    *Non teñen estratexias para traballar de maneira organizada e sistemática
    *Renden mellor se o fan en tempos breves, repetidos con frecuencia.

¿COMO ACTUAR?

  • FACER UNHA VALORACIÓN DAS SÚAS DIFICULTADES
  • FALAR COS MESTRES
    § Considerar a cantidade de tarefa que levan para casa
    § A posibilidade de non ter que copiar os enunciados
    § Realizar actividades que non sempre sexan de “lápiz e papel”
    § Adecuar o tipo de actividades ao seu nivel de competencia
  • RESPECTAR O SEU HORARIO DE ESTUDIO
    Pódese ampliar un pouco máis pero ten que ter unha hora de comezo e unha hora de fin. A limitación de tempo fai co ritmo de traballo aumente
  • TEMPOS BREVES
    Traballar tempos breves con pequenos descansos.
  • ENSINARLLE ALGUNHA TÉCNICA DE ESTUDIO
  • ADOPTAR AS MEDIDAS XERAIS
    Sobre todo reducir os distractores

lunes, 27 de abril de 2009

Feira do libro

Tamén no Colexio "Otero Pedrayo" celebramos o "día do libro" organizando unha feira. Os nenos e as nenas trouxeron libros para a actividade; por cada libro recibía un bono. Cada Ciclo montou o seu posto cos libros aportados polos alumnos. O día da Feira podían cambiar os bonos por libros e asi levalos para ler. Disfrutaron moito con esta actividade.BubbleShare: Share photos - Find great Clip Art Images.

jueves, 23 de abril de 2009

Día do libro

O CEIP " MESTRES GOLDAR" celebrou o "DÍA DO LIBRO" con diferentes actividades. Unha delas foi a participación das familias que tiñan que facer un cartel cun lema referido á importancia de ler e a influencia positiva que exerce na nosa vida.

Mostramos algúns exemplos que os nenos e as nenas fixeron na súa casa coa axuda das nais e pais. Houbo unha receita que truxo un dos alumnos para namorarmonos dos libros que a podedes lela "NO RECANTO DO MIK"
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

O día de hoxe, os nenos e as nenas maiores apadriñaron e amadriñaron dous nenos pequenos e tiveron que lerlles un conto no tempo adicado a lectura; o día de onte, os padriños e madriñas se presentan nas aulas aos seus "afillados" concertando a cita lectora para o día seguinte. A experiencia resultou marabillosa, emocionante e enriquecedora. Esta xente do Mestres Goldar non deixan de impresionarme. Mais información "O RECANTO DE MIK"
BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

miércoles, 22 de abril de 2009

Nenos e nenas que só estudian cos pais

1.-¿DE QUE SE TRATA?
Non se poñen a estudiar ata cos seus pais os avisan ou os obrigan
Non fan nada se os pais non están con eles e diríxenlles a tarefa
Necesitan axuda continua
Se os deixan sós, abandonan o lugar de estudio, distráense e hai que reconducilos

2.-POR QUE SE PRODUCE?
Creouse un mal hábito de estudio
Presencia de dificultades de aprendizaxe.

3.-¿COMO ACTUAR?
3.1.-LEVAR A CABO MEDIDAS XERAIS
* Falar co neno e anunciarlle que vamos a ensinarlle a estudiar só
* Elaborar un horario de estudio
* Coidar a alimentación, sono,.....
3.2.-ENSINARLLE ALGUNHAS ESTRATEXIAS BÁSICAS DE ORGANIZACIÓN
* Anotar o traballo escolar que leva cada día para casa
* Preparar o necesario antes de estudiar
* Preparar a carteira para o día seguinte
3.3.-AXUDARLLE A ADQUIRIR UN HÁBITO DE ESTUDIO
* Recordarlle uns minutos antes, que se teñen que preparar para estudiar.
* Revisar con eles a lista das tarefas e marcar aquelas que farán sen axuda
* Podémoslle dicir que nos ensine o que leva realizado cada dous ou tres actividades terminadas. Non llas corriximos a non ser que a súa execución sexa moi deficiente, solo dámoslle o visto bo e animámoslle a seguir
* As primeiras semanas pódense sentar próximos, pero sen ofrecer axuda directa
* Unha vez que realizaron as actividades que pode facer só, lle axudamos nas que presentan algún tipo de dificultade.
* Repetindo este proceso o neno o interiorizará e dependerá cada vez menos de nos

martes, 21 de abril de 2009

Televisión e hiperactividade

Os menores de dous anos que ven a televisión entre tres e catro horas ao día, teñen un risco entre o 30 e o 40% maior de sufrir un trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH), unha patoloxía que afecta a entre o 7 e 15% dos nenos en España, segundo a Asociación Española de Pediatría (AEP).
Segundo o pediatra-psiquiatra Paulino Castells, autor do libro "Nunca quieto, sempre distraído. ¿O noso fillo é hiperactivo? " que se acaba de publicar, diversos estudos relacionan a cantidade de horas que pasan os nenos fronte ao televisor e a falta de atención. "Cada hora de consumo de televisión en nenos entre 1 e 3 anos incrementa un 10% as probabilidades de presentar trastornos de atención á idade de 7 anos. Esta cifra aumenta, ao mesmo tempo que o fan as horas de consumo de televisión. Así, nos nenos que ven a televisión de 3 a 4 horas, o risco se sitúa entre o 30% e 40 %respecto aos que non o fan", apuntou.

"Estes datos non serían alarmantes se non fose porque, segundo traballos realizados en Estados Unidos, máis do 35% dos menores dun ano ven a diario a televisión unha ou dúas horas, cifra que se incrementa ao 44% en menores de dous anos," engadiu.

A Asociación Española de Pediatría (AEP), ao igual que outras sociedades científicas como a American Academy of Pediatrics, aconsella que os nenos menores de dous anos non sexan expostos a ningún tipo de pantalla, nin de televisión nin de ordenador.

Factores psicosociais de risco

Xunto á televisión, identificáronse outros posibles factores psicosociais que poden xerar trastornos de atención, como vivir nun medio urbano desfavorecido ou de pobreza, a malnutrición, a exclusión social, os malos coidados nos primeiros días de vida ou problemas familiares ou de violencia doméstica. Así mesmo, na actualidade dáse importancia aos factores alimentarios, como as alerxias, as intolerancias, os aditivos ou os contaminantes, que poderían desencadear un TDAH, e aos tratamentos dietéticos, que poden mellorar este trastorno.

Detectáronse tamén factores biolóxicos que poden actuar negativamente, como as complicacións no embarazo e no parto. 'É fundamental coñecelos para poder previr, na medida do posible, este trastorno. A detección adóitase atrasar ata o momento da escolarización, a partir dos cinco anos, xa que é nesa fase cando a posible conduta de impulsividade, hiperactividade e a falta de atención se manifesta clara', concluíu.



lunes, 20 de abril de 2009

Causas do fracaso escolar

Existen diversas e numerosas causas do fracaso escolar, pois este pode darse por cuestións:
  • persoais, tanto do neno coma do mestre;

  • funcionais, métodos e programas levados a cabo polo centro escolar;

  • ou materiais, se neno e aula contan ou non co equipamento e as instalacións axeitadas para a correcta aprendizaxe.
Pero, ¿cando podemos falar realmente de fracaso escolar? Moita xente tende a identificar o fracaso escolar cos suspensos, idea totalmente errónea, posto que se existe unha consonancia entre as capacidades intelectuais e o rendemento persoal, non se pode falar de fracaso escolar, aínda que as notas sexan baixas.Podemos falar de fracaso escolar cando o alumno non consegue as competencias básicas propostas para o seu nivel e idade e existe un desaproveitamento real dos seus recursos intelectuais. Isto, inevitablemente adoita ter como consecuencia unha aptitude negativa ante a aprendizaxe.

O fracaso escolar tamén pode darse como consecuencia das dificultades na aprendizaxe acumuladas polo neno ao longo de varios cursos; e mesmo pode ser un síntoma claro da inadaptación do neno ao centro escolar. Por iso, se queremos achar a causa ou causas do fracaso escolar, teremos que realizar unha análise profunda do neno, a nivel persoal, familiar, social, cultural, económico e como non, escolar.

Causas endóxenas

Son as causas persoais ou que afectan ao neno case de xeito exclusivo. Entre elas encontramos as seguintes causas:.
  • Orgánicas: son as que afectan ao neno de xeito físico ou sensorial, como problemas visuais ou auditivos (miopía, hipoacusia, etc.), problemas de orientación espazo-temporal, ou problemas como a dislalia, a dislexia, etc. En ocasións, un problema físico que provoque certo grao de absentismo escolar ou unha enfermidade crónica que provoque certo grao de cansazo no neno, pode obstaculizar o seu correcto rendemento escolar. Tamén está comprobado que aqueles nenos que dormen pouco ou mal, e os que non son alimentados correctamente, especialmente no almorzo, renden menos do que sería desexable.
  • Intelectuais: xorden como consecuencia dun desaxuste entre a idade cronolóxica e a intelectual, e dáse tanto en nenos con algún tipo de deficiencia mental, que dende o principio da súa escolarización irán sufrindo atrasos respecto aos seus compañeiros, como en nenos superdotados, que ao non se sentir motivados acaban perdendo interese pola clase. Tamén pode darse como consecuencia dunha falta de base sólida nos cursos anteriores.

  • Afectivas: adoita darse tanto en nenos con carencias afectivas como en nenos excesivamente sobreprotexidos, así como en nenos hiperactivos, inseguros ou con exceso de fantasía ou algún sentimento de inferioridade, nenos que sufrisen a perdida dun ou ambos os dous proxenitores, nenos con pais moi severos, etc.
Causas exóxenas
Son todas aquelas causas que rodean o neno pero que son alleas a el, como a familia, a propia escola ou a sociedade en xeral.
  • Programación inadecuada: en ocasións existen fallos na programación, pois se esixe ao neno tarefas moi difíciles para o seu nivel de maduración intelectual. Os temarios adoitan ser longos, polo que é habitual que estes queden inacabados ou mirados de pasada.

  • Rixidez do sistema: esíxese a todos os nenos do curso escolar por igual, sen ter en conta se naceron en xaneiro ou decembro, debería haber unha maior flexibilidade no sistema.

  • Falta de motivación: non existe unha correlación real entre os contidos impartidos pola escola e as necesidades reais da nosa cambiante sociedade. Isto é coñecido perfectamente polos nosos alumnos, saben que moitos dos seus esforzos realizados durante a aprendizaxe non lles vai servir de nada na vida real, que o éxito académico non lles asegura en absoluto o éxito na súa vida profesional futura. Todo iso unido ás elevadas taxas de paro xuvenil, é unha causa máis que evidente de desinterese escolar, abrigo a idades máis avanzadas.

  • Falta de método: moitos son os escolares que realmente non saben como estudar, ninguén lles ensina como se traballa ou como se estuda.

  • Falta de coordinación: en ocasións existe unha falta de coordinación entre os distintos cursos ou ciclos escolares, ou discrepancias moi manifestas entre os distintos educadores, ou entre os educadores e os pais, que poden chegar a confundir o neno.

  • Instalacións inadecuadas: aínda que se avanzou moito neste sentido, seguen existindo colexios que sofren escaseza de materiais ou cuxas instalacións necesitan unha reforma (mala iluminación, pouca ventilación, zonas de recreo reducidas... etc.).

  • O profesorado: en ocasións, o mestre, xa sexa de xeito intencionado ou non, pode transmitir ao alumno sentimentos de inseguridade e infravaloración de si mesmo, hai que ter en conta que a sensación de fracaso é unha vivencia moi subxectiva. Non debemos esquecer que en ocasións o profesorado se ve desbordado por clases moi numerosas, nin que moitas veces non están preparados nin se ven avalados por especialistas que lles axuden a resolver, ou mellor dito, a axudar a aqueles nenos con problemas ou dificultades na aprendizaxe. Moitas veces a confianza do titor no alumno pode chegar a determinar o posible éxito ou fracaso deste.

Artículo publicado por YOLANDA BARBERÁN / MUJERACTUAL

sábado, 18 de abril de 2009

Oito desexos

MIK, dende "O RECANTO DE MIK", achéganos esta fermosa cadea creativa dos oito desexos. Él foi convidado por Mario Aller, dende CONTOMUNDI que recibiu o convite da profesora Fátima Campilho, do blog Blogstórias Essenciais, e antes do escritor, músico e arte-educador Marcelo Maluf, do blog Labirintos no Sótão. E, antes, Marcelo Maluf fora invitado por… E así vaise enchendo a blogosfera de desexos e fantasía.

O primeiro paso desta encomenda é expresar os oito desexos e aquí van os meus:


  1. Que soñemos e que os nosos soños se fagan realidade

  2. Que as nosas palabras, sexan sinónimas de verdade

  3. Que desfrutemos da alegría dos fillos

  4. Que os recordos nos traian felicidade

  5. Que se nos toca chorar, sexa de felicidade

  6. Que leamos un libro e sintamos a necesidade de compartir a lectura

  7. Que non nos sintamos sós

  8. Que os nosos desexos e os nosos sonos nos leven onde o corazón lle gustaría estar

E agora eu convido aos seguintes blogs para que continúen a cadea:


E só nos queda:

  • Comentar no blog de quen nos convidou.

  • Comentar no blog dos nosos(as) convidados(as), para que saiban da "convocatoria".

  • Mencionar as regras.

jueves, 16 de abril de 2009

Nenos e nenas que non queren estudiar

No mes de marzo, posteamos COMO AXUDAR A ESTUDIAR AOS NOSOS FILLOS E FILLAS? onde poñiamos unhas recomendacións para axudar aos nosos fillos e fillas a estudar. Hoxe poñemos unhas recomendacións para aplicar aos nenos que non queren estudar

  1. Os nenos e nenas que non queren estudiar teñen as seguintes características:
  2. *Poñen escusas continuamente. Din que non teñen deberes, nin exames,..

*Os resultados escolares xeralmente son negativos

  1. *O comportamento na escola non soe ser adecuado: non atende, non traballa, molesta

*Outros deciden abertamente non estudiar aínda que acudan ao colexio.

*Son nenos que non teñen ningunha dificultade a nivel intelectual

FACTORES QUE SOEN ESTAR PRESENTES NESTES CASOS

*O neno non chegou a adquirir un hábito de estudio
*Hai pouco seguimento pola banda dos pais
*Falta organización na vida do neno e o ambiente do neno soe ser estresante
*As pautas educativas, as normas de casa e o nivel de esixencia efectivo é inadecuado
*Son nenos con pouca capacidade de esforzo e de aprazar a recompensa
*Pode haber problemas emocionais sen resolver

¿COMO ACTUAR?

Cambien algunhas actitudes como pais

  • Fagan un seguimento máis estricto dos estudios do seu fillo e afronten o problema evitando culpabilizar aos demais
  • Non se deixen enganar polo neno. É fácil saber se o neno ten tarefa ou non. Só teñen que querelo saber: falando co mestre, revisando os cadernos, ou chamando por teléfono a outros pais.
  • Melloren a organización da vida do neno e a da propia familia. Revisen a escala de preferencias e sexan consecuentes.
  • Melloren a capacidade de esforzo do neno. Se están acostumados a conseguir cousas sen esforzo, deberán cambialas.

Falen cos mestres

Falen co neno ou nena

Traten as dificultades de aprendizaxe

Non traten de "comprar" ao neno

Elabaren un horario

  • As primeiras semanas comecen con tempos breves pero a diario
  • Progresivamente iranse aumentando

Establezan un hábito de estudio

Supervisen e eloxien

Adopten medidas se non estudia

  • Non permitir outra actividade alternativa durante o tempo previsto para estudiar.
  • Retírenlle algún privilexio a curto prazo

Aumente o contacto co colexio

E se nada funciona. Consulte a un especialista

Cómo axudar a los niños en los estudios. Jesús Jarque García

domingo, 12 de abril de 2009

O fracaso escolar, ¿cuestión de sexo?

No país dixital, do 12-04-2009, publican unha reportaxe onde se preguntan se o fracaso escolar é cuestión de sexo.

O profesor Antonio Matamala, pedagogo, director de Bacharelato do colexio Liceo Europeo de Madrid, afirma que o problema é que boa parte dos alumnos varóns se mostran incapaces de cumprir con esas esixencias mínimas.


Di que o desastre do elevado fracaso educativo español (30,8% en 2006) e o abandono escolar temperán son un asunto esencialmente masculino. Sen a avultada contribución dos varóns a esa desfeita, no que a inmigración contribúe só nunha porción mínima, as alumnas españolas non estarían moi por debaixo da media educativa dos países da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), establecida no Informe PISA. E o que temos, na antesala da sociedade do coñecemento, é que máis do 36% dos rapaces e o 25% das rapazas saen do sistema escolar sen nin sequera cubrir o Ensino Secundario Obrigatoria (ESO).
Nos últimos anos, a porcentaxe de licenciaturas universitarias conseguida polas mulleres sitúase en torno ao 61%.

O Centro de Matamala, que cobre os catro cursos da ESO e os dous de Bacharelato, mostra que nos seis exercicios académicos o número de varóns suspendidos en máis de tres materias superou sempre o das rapazas. Os propios estudos do Ministerio de Educación establecen que entre os estudantes que rematan a ESO a porcentaxe de varóns repetidores (49%) dobra, practicamente, ao das mulleres (26%).

Pero é que, ademais, os premios extraordinarios por rendemento académico ou esforzo persoal pertencen ás mulleres de forma tan abafadora que, nalgúns centros, se priman os méritos masculinos para evitar que os varóns se sentan convidados de pedra na festa

A porcentaxe de rapazas que se gradúan no ensino postobrigatorio (Bacharelato, na rama académica) supera en 12 puntos o dos homes. O 58,25% dos alumnos que se matricularon na Universidade en 2007 foron mulleres

Enquisas levadas a cabo nunha serie de institutos mostran que na ESO e o Bacharelato os rapaces estudan unha media de tres horas semanais, mentres que as rapazas dedican a esa tarefa ao redor de oito. Á vista destes datos, está claro que demasiados nenos pasan demasiado tempo cos videoxogos e matan as horas ante o televisor en lugar de facer os seus deberes e tamén que as rapazas traballan e se esforzan máis.

Os estudos do colexio Montessori e a experiencia doutros centros mostran que máis do 80% dos alumnos conflitivos adoitan ser chicos. Eles acaparan os partes de incidencia e as expulsións, protagonizan a gran maioría dos actos de indisciplina e as agresións. En contraste con esa característica física, algúns pedagogos detectan entre as rapazas unha "agresividade psicolóxica alta" de efecto igualmente pernicioso

O que parece claro é que o dominio temperán da lectura e a escritura -de acordo cunha serie de informes, nestas materias, as mulleres chegan a acumular unha vantaxe de ata ano e medio-, contribúe poderosamente ao mellor rendemento continuado. Segundo o Informe PISA 2006, as alumnas españolas avantaxan en 35 puntos aos rapaces na área de escritura, lingua e comprensión lectora, fronte aos nove puntos de atraso que arrastran en matemáticas.

Ficha do artículo
Titulo: El fracaso escolar, ¿cuestión de sexo? Autor: JOSÉ LUIS BARBERÍA


Se queres ver o artigo completo pica no anagrama do país

viernes, 10 de abril de 2009

Psicomotricidade

Todos sabemos ca intelixencia comeza coa actividade motora coordinada e intencional e que toda a estructura do coñecemento e a configuración da personalidade se sustentan na interacción co outro e no permanente diálogo tónico-postural-emocional que posibilita a adaptación ao medio.
Moitas das dificultades da aprendizaxe son debidas en boa parte, dunha estruturación incorrecta do esquema e a imaxe corporais, e concretanse en fallas en coordinación, movementos finos e percepción espacial e temporal.

Para evitar estes problemas de aprendizaxe, os colexios de infantil introducen na aula "a psicomotricidade" impartindo esta materia nun espazo específico e cuns materiais axeitados.

Os trastornos psicomotrices exprésanse de maneiras diferentes e deberían ser tratadas por un psicomotricista profesional. Os cadros psicomotrices son:
  1. Dispraxias: Os nenos con dispraxia son incapaces de vestirse sós, de abrocharse a roupa, de atarse os cordóns dos zapatos. Adoitan escribir dunha forma ilexible ou ben lexible e fracasar en todo o resto das actividades de coordinación óculo-manual. Polo xeral confunden a dereita coa esquerda, pola súa total desorganización no tempo e o espazo e sobre todo na construción do seu esquema corporal. Caracterízanse por "o non podo"

  2. Torpeza motriz Os nenos con esta problemática non poden accionar co seu corpo eficazmente, todos os obxectos caen das súas mans, tropezan a cada momento, lévanse as cousas por diante, adoitan golpearse moito, viven con moratones e croques. Como todo lles sae mal, viven pendentes de ser obxecto das burlas dos seus compañeiros, séntense frustrados, avergonzados e polo tanto evitan xogar e confrontarse cos outros

  3. Inhibición psicomotriz Advírtese a inhibición na posibilidade de poñer en xogo o corpo, non utilizándoo activamente. Non participan en xogos grupales, non corren, non saltan, non queren ir ao parque a xogar. Adoitan ser nenos introvertidos e tristes e caracterízanse por "non" dar "traballo". Dedícanse a "actividades pasivas" como xogos

  4. Inestabilidades psicomotoras: Son nenos que se moven todo o tempo, tocan todo ao seu arredor, cústalles realizar calquera tarefa. Non logran deterse nas súas actividades e non logran concentrase. Non poden gozar do descanso e a quietude, cústalles integrase aos grupos pola súa falta de capacidade de espera, a súa carencia de realizacións e o seu continuo ir e vir fanos isoportables e ata agresivos para os demais

martes, 7 de abril de 2009

Selo violeta

O blog "O RECANTO DE MIK" regalounos un selo moi especial, "o selo violeta" que representa, segundo os seus creadores, “as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Gracias Mik por lembrarte deste pequeno recuncho.



As regras son as seguintes:

  • Exhibir o Selo Violeta no seu blog coas regras

  • Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo
  • Avisar aos indicados, non te esquezas diso!

  • Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs violetas elexidos son:
Dificultades de Aprendizaje e Intervención Psicopedagógica

Mi mami es logopeda

Estimulación temprana y desarrollo infantil

Departamento de Orientación de Andujar

El blog de los maestros de audición y lenguaje

Aprendemos junto a nuestro alumnado

Departamento de OrientaciónI.E.S. "García Barbón" de VerínOurense -GALICIA-

Os poderes máxicos que me virían de marabilla aqueles que sexan capaces de cambiar a vida dos demais facendo desaparecer as súas dificultades e teñan unha vida máis plena e feliz

lunes, 6 de abril de 2009

Comprensión lectora

A Consellaría de Educación da Xunta de Andalucía ten un programa FONDO LECTOR de desenvolvemento da lectura comprensiva dirixido a alumnos que se encontran en fase de desenvolvemento da aprendizaxe lector e sobre todo a aqueles que teñen problemas de comprensión lectora.

Consta de tres niveis: básico, intermedio e avanzado graduándose a dificultade dos exercicios nestes.

Os exercicios que desenvolve nos niveis básico e internedio son de seis tipos e están orientados a aqueles alumnos que comezan a ler ou aqueles outros que presentan dificultades coa comprensión lectora


  • Ordenar as palabras dunha frase

  • Ordenar unha secuencia de frases

  • Responder a preguntas dunha lectura

  • Relacionar unha palabra co seu sinónimo

  • Relacionar unha palabra co seu antónimo

  • Encontrar unha palabra que non garda relación coas demais

No nivel avanzado desenvólvense cinco tipos de exercicios, orientados ao perfeccionamento da comprensión lectora, polo que poderá utilizar calquera alumno con certo desenvolvemento da lectura comprensiva:



  • Palabras polisémicas

  • Sinalar o significado dunha frase feita

  • Sinalar a idea principal dun texto

  • Frases con diferentes sentidos das palabras polisémicas

  • Sinalar o significado dun refrán

O programa leva incluídos uns 1000 exercicios nos niveis básico e intermedio. Sendo unha caracteristica fundamental deste o feito de que estea aberta, o que significa que calquera profesor pode introducirlle máis exercicios ou modificar os que leva incluídos.


No nivel avanzado inclúense uns 400 exercicios.

Pica no logotipo para acceder á páxina

martes, 31 de marzo de 2009

Contos para durmir

Na páxina http://cuentosparadormir.com/ atoparás centos de contos infantís para educar en valores.

Os contos están clasificados por valores: alegría amabilidad amistad amor aprendizaje autocontrol bondad buen ejemplo buen humor buenos modales caridad colaboracion compañerismo compartir comprension compromiso comunicacion confianza consideracion constancia creatividad cuidado cuidar la naturaleza deportividad discrecion educacion envidia esfuerzo esperanza franqueza generosidad gratitud honestidad honradez humildad ilusion imaginacion ingenio integracion libertad limpieza miedo obediencia optimismo orden paciencia paz perdon perseverancia positividad respeto responsabilidad sinceridad superacion tenacidad timidez tolerancia trabajo en equipo urbanidad valentia

Tamén están clasificados por personaxes e elementos: abuelitas alumnos amigos ancianos animales arboles aventuras bosques brujas brujos caballeros caperucita castillos cazadores clases colegios colores concursos cuevas deportes el-campo el-mar elefantes fantasía hadas hechizos hormigas insectos instrumentos-musicales juegos juguetes la-selva lobos maestras maestros magia magos mamas monos monstruos niñas niños nubes padres pajaros papas patos peces pobres princesas principes profesores ríos ratones reinos reyes ricos sabios tesoros verduras

Ten diferentes apartados: cuentos clasificados por valores Lista de cuentos Últimos publicados Cuentos más valorados Colecciones Audiocuentos Cuentos clásicos Educar con cuentos Ideas y Trucos para educar

En definitiva, unha páxina moi, pero que moi interesante

sábado, 28 de marzo de 2009

O MEU PRIMEIRO SUSPENSO

Un día calquera poden romperse os sonos de os pais respecto de os seus fillos. Isto é o que sucede cando o fillo trae o primeiro suspenso.


Pode que ata agora as notas escolares do fillo terían sido excelentes e de súpeto chega primeiro suspenso. Rómpese cunha costume, tal vez unha rutina positiva no comportamento do fillo, que os pais non rematan de entender e encaixar como é debido.

O máis probable é que ese primeiro suspenso poida estar causado por moi diversos motivos:
  • porque o neno descoidouse na preparación desa materia;
  • porque, sinxelamente,non se entende con a profesora;
  • porque non tivo a sorte suficiente nas preguntas que lle fixeron na última avaliación;
  • ou acaso porque esa materia non lle gusta, bloquéase cando se pon a estudala.

Outras veces o suspenso aparece no fillo no marco dun rendemento académico moito máis pobre. É, dende logo, o primeiro suspenso, pero...non o único nesta primeira avaliación. Ese suspenso vén trabado a outros, sexan estes moitos ou poucos, sen que os pais saiban a que aterse. O seu fillo, dende logo, é intelixente, simpático, dócil e parecía moi aplicado. Enténdese menos, por iso, o fatal resultado de esta primeira avaliación.De aquí que os pais decidan consultar cos profesores do seu fillo, por se tivese algún trastorno que explique ese desastre escolar, e así tratar de poñerlle remedio. Son pais que oíron falar de dislexia, atraso mental, trastornos da atención, hiperactividade,etc., e comezan a sospeitar se non estará aí a causa de que o seu fillo suspenda.

Noutros fillos, o primeiro suspenso aparece moito máis tarde. É o caso, por exemplo, do fillo maior que sempre obtivo moi boas notas e deu co seu modo de conducirse un bo exemplo aos seus irmáns: tamén nisto do estudo. Pero un día inesperado preséntase na casa co primeiro suspenso. Aos pais estráñalles moito este resultado, pero non acertan a entender -despois de preguntar o fillo unha e outra vez acerca do que pasou-, cal poida ser a súa causa. É posible que ese fillo tivese un conflito cos seus compañeiros, se namorase ou tal vez lle deixase a rapaza coa que saía.

Que é o que sucede na familia cando os fillos suspenden? Como responden os pais ante o suspenso dun fillo? As respostas e comportamentos a estes sucesos adoitan ser moi variadas e non todas elas se dirixen como debesen á solución do problema.
Cando os fillos suspenden, a familia polo xeral se alborota, entra en conflito e se enrarece. As reprensións, os "sermóns", os castigos, os xestos desaboridos, as malas caras, as correccións en público sucédense como un torrente que se precipita sobre o fillo que suspendeu, que queda así anegado, culpabilizado e confundido. En realidade, o fillo suspendido non sabe como responder, dado que unha parte do seu corazón o fai notar que os seus pais teñen razón. Pero, ao mesmo tempo, dóese deses excesos aos que tal vez considera, por ser esaxerados, como inxustos.
A dor dos pais ante o primeiro suspenso dun fillo ten moito de obxectivo, certamente, pero tamén está cargado de moitas consideracións subxectivas, non sempre acertadas.

Se o suspenso acontece no fillo maior, os pais pensarán que, con toda urxencia, han de esforzarse en corrixilo, co fin de que os demais fillos non sigan o mal exemplo.
A imaxinación dos pais adoita magnificar a importancia do primeiro suspenso. Hai pais que o viven como unha deshonra ou unha desgracia familiar. O suspenso do fillo -así pensan algúns pais- arruína o prestixio da familia. Son pais que poden chegar a avergonzarse dos seus fillos, probablemente porque con anterioridade se adornaran coas cousas boas deles.
Nese caso, son pais que viven, a causa dese suspenso, unha gran traxedia. E proxectan no futuro unha mera anécdota curricular -que dende logo hai que tratar de corrixir-, da que non hai que sacar tan funestas consecuencias.
Un fillo non debería ser medido polos seus pais por só as cualificacións que obteña. Sen dúbida ningunha, as notas son algo importante, porque máis alá das súas limitacións, constitúen un indicador, relativamente obxectivo, de como vai ese fillo (se se esforza por traballar ou non, se é constante ou non no que se propón, se dispón de capacidade para vencerse a si mesmo, se tolera ou non as frustracións, etc.).Pero as cualificacións non son o único modo de manifestar o que o fillo é. As cualificacións non constitúen a mellor fotografía -e a máis completa- da persoa do fillo.Valorar o fillo unicamente polas notas que obtén é un tremendo erro. As notas escolares hai que tomalas polo que son e valen: un aspecto, sempre parcial, que manifesta certas peculiaridades do fillo, da vida dun fillo, por outra parte, en continua evolución. Facer das notas o único criterio para a cualificación do fillo constitúe un erro tan xigante coma se os fillos cualificasen os seus respectivos pais unicamente pola contía dos seus ingresos económicos.

Doutra parte, a familia non debe presentarse ante a comunidade como un todo único, cuxo prestixio resultante sexa a suma dos prestigios ou desprestixios académicos de cada unha das persoas que a integran. A familia non é unha "sociedade de bombos mutuos" e moito menos unha empresa cuxos valores -sobre todo os académicos, que son os máis difíciles de evadir e ocultar ante a mirada de curiosos e estraños- coticen na bolsa cultural.
Ante o primeiro suspenso o que os pais han de facer ante todo é non dramatizar, non apelar a "os sacrificios que fai o teu pai para que ti estudes", non descualificar de forma absoluta o fillo e culpabilizar o en extremo. Cando se procede así, os pais equivócanse: tomaron a parte (o rendemento escolar ou académico) polo todo (a enteira persoa do seu fillo); contribuíron a que o fillo diminúa a súa autoestima e empobreza o seu nivel de aspiracións; e é probable que estean a condicionar no fillo a aparición dun concepto negativo de si mesmo (autoconcepto).

O postulado economicista e erróneo de "tanta vales canto tes" foi aquí substituído polo de "tanto vales canto valen as túas cualificacións" e, de momento, en nada máis. Este reducionismo no que se incorre non se compadece do fillo, nin lle fai xustiza, nin lle axuda a resolver.

O primeiro suspenso -estamos de acordo niso sería mellor que nunca se tivese producido. Pero unha vez que a súa aparición constitúe un feito irremediable, hai que tratar de sacar del o mellor partido posible. Son moitas as vantaxes que do primeiro suspenso poden derivarse tanto para o futuro profesional do fillo e a súa enteira persoa coma para a totalidade da familia e a sociedade.
O primeiro suspenso constitúe, que dúbida cabe, unha das primeiras e máis importantes situacións en que o fillo se encontra ante unha frustración persoal. Un suspenso non é outra cousa que a avaliación negativa acerca dunha aprendizaxe determinada sobre unha materia, cuantificada de forma numérica e convencional e, polo momento,nada máis.Este é o seu significado obxectivo. Pero sacar un suspenso é tamén moito máis que iso para o alumno que o obtén (significado subxectivo). Suspender é sinónimo de ser valorado de forma negativa na aprendizaxe realizada (criterio obxectivo), por cuxa virtude a mesma persoa queda cualificada en algo parcial -non na súa totalidade- de forma negativa (criterio subxectivo). Suspender unha materia é por iso en certo modo suspender parcialmente o propio Yo, ese Yo que cada persoa ama por enriba de calquera outra cousa.
Importa moito para o fillo que os pais o ensinen a afrontar esa experiencia frustrante. Para iso é moi conveniente que se individúen e illen ata chegar a identificar as causas por cales se produciu o suspenso. Este é o primeiro paso que hai que dar para a resolución do conflito En segundo lugar, é conveniente ensinalo o fillo a distinguir entre o suspenso na aprendizaxe desa materia e outras moitas cousas máis importantes que esa, que en nada han de cambiar por iso. Refírome, claro está, ao que o fillo vale por si mesmo, aos seus numerosos trazos positivos (xenerosidade, preocupación polos demais, espírito de sacrificio, amizade, etc.), e ao moito que os seus pais lle queren, con independencia do resultado escolar obtido.

A persoa é sempre moito máis que o que as súas accións e omisións valen. A persoa dispón sempre no seu haber de máis trazos positivos que negativos. Por iso constitúe un rudo erro pedagóxico magnificar os segundos e que se lle esquecen os primeiros. Grazas precisamente a eses variados e numerosos trazos positivos de que dispón é como o neno pode superarse a si mesmo, ao tratar de superar na seguinte avaliación ou convocatoria o actual suspenso. Un suspenso, dende esta perspectiva, é apenas un obstáculo, unha nova meta que se lle presenta, un reto que é preciso afrontar e alcanzar a resolver, co fin de crecer e madurar, é dicir, co fin de ser un mesmo, de sacar de si mesmo a mellor persoa posible.
Doutra parte, hai que entender o feito de que os pais se contraríen ante a chegada do suspenso. Pero sen xamais confundir esa contrariedade co afecto que experimentan polos seus fillos, afecto que en modo ningún han de ser alcanzados por este suceso. Sinxelamente, porque eses afectos son incondicionados e non poden estar subordinados ás cualificacións que obteñan os fillos.

Os pais poden servirse tamén do primeiro suspenso para crecer en tanto que pais. É posible que se tivesen estado máis atentos ás tarefas de aprendizaxe dese fillo, tal suspenso non se tivese producido.Como pais teñen deber de saber que é o que aprenden os seus fillos e que dificultades encontran nesas aprendizaxes. Non se trata tanto de que o pai substitúa o profesor na tarefa de ensinar o seu fillo, coma de que os pais se ocupen tamén -en lugar de só se preocupar- destes aspectos. Cada un ha de responder do cumprimento da súa misión.

Ao profesor corresponde o ensino desa materia, pero tamén o seguimento da aprendizaxe de cada alumno e tratar de motivar máis a quen máis necesidade teñen diso. Pero estas funcións dos profesores en modo ningún exclúen ou substitúen as que son propias dos pais.Os pais, en cambio, han de acompañar os seus fillos nas aprendizaxes que realizan; os pais han de compartir con eles os seus obstáculos e dificultades e axudalos a resolvelas na medida das súas posibilidades; os pais han de dar tamén exemplo aos seus fillos, estudando algunha que outra vez -en presenza dos fillos para mellorar así o desempeño das actividades profesionais en que se ocupan. Isto demostra que os pais non o saben todo, ao mesmo tempo que no fogar crea un clima favorable para o estudo. O ideal é que tamén os pais teñan que estudar de cando en vez, e que nisto sexan tamén un exemplo próximo e frecuente para os seus fillos.

En cambio, sería un erro supoñer que con cada exame que cada fillo realiza -e terán que realizar miles ao longo das súas vidas-, toda a familia se examina e resulta aprobada ou suspendida. Isto en absoluto é certo, por moito arraigamento social que tal práctica aínda teña nalgunhas familias. Doutra parte, é lóxico que na familia se note eses períodos de maior tensión xeneralizada, como consecuencia dos exames que realizan os fillos. Pero, enténdase ben, son os fillos e só eles os que se examinan.
Aos pais -nestes períodos en que ás veces se produce unha especial tensión- son outras as obrigas que lles corresponde. Así, por exemplo, a de descargar a atmosfera de traxedia que, con farta frecuencia, envolve a estas situacións; animalos a que conseguirán o resultado que se propoñen alcanzar, porque valen e están a traballar forte; evitarlles toda sensación de angustia, temor ou rexeitamento ante as probas que van realizar; afirmalos no que valen e confiar neles, ofrecéndolles a seguridade da que tanto necesitan nesas circunstancias; ter algún detalle nas comidas ou na sobremesa, que aos fillos lles guste e aprecien, de maneira que produza certo alivio na ansiedade flotante que invade o fogar.

Aínda que os fillos que suspenden teñan que abreviar as súas vacacións, a causa dos suspensos obtidos a familia na súa integridade non ha de castigarse a ela mesma e quedar sen vacacións. Ademais, en moitas situacións, non é conveniente que os fillos "queden sen vacacións". Tamén é conveniente que eles descansen, aínda que máis brevemente sen teñen de emprender de novo a preparación dunha materia.
O ideal é axudalos a organizarse mellor, de maneira que descansen uns días e que -unha vez foron motivados para comezar a estudar outra vez- reemprendan os seus traballos. Ao que se aprecia, tamén os suspensos poden axudar a crecer a fillos e pais.
Trátase de non dramatizar o que apenas é unha anécdota, importante si, pero á fin unha mera anécdota, na vida de fillos e pais. Os suspensos son cousas dun instante; o crecemento e a madureza persoal asunto de toda a vida; a sabedoría dos pais como educadores unha cuestión para a eternidade.

CONSEJERÍA DE LA FAMILIA Y ASUNTOS SOCIALES DE LA COMUNIDAD DE MADRID
GUIAS DE LA FAMILIA EN MOMENTOS DIFÍCILES
AUTOR: DEPARTAMENTO DE PSICOLOGÍA DE LA UNIVERSIDAD DE SAN PABLO
DIRIXIDO: CATEDRÁTICO DE PSICOPATOLOXÍA: AQUILINO POLAINO-LORENTE

miércoles, 18 de marzo de 2009

UN SOÑO IMPOSIBLE

Un video para reflexionar.
Unha muller soña que todos os membros da súa familia colaboran por igual
PARTE I

PARTE II

lunes, 16 de marzo de 2009

APRENDER A ESTUDIAR

Raúl Martínez, mestre do colexio "Villa de Móstoles" ten unha páxina impresionante na que "ensina a estudiar".
A páxina é moi interactiva e contén os seguintes apartados:
  1. Consellos xerais

  2. Test: estudias ben?

  3. Estudiar letras e naturais

  4. Estudiar mates e idiomas

  5. Como tomar apuntes

  6. Técnicas de lectura

  7. Subliñar e anotar

  8. Esquemas e resumos

  9. Técnicas sobre a memoria

  10. Concentración e motivación

  11. Chega o exame

  12. Elaborar traballos

  13. Exposicións orais

  14. Conseguir información

  15. Selectividade, reválidas,..

  16. Xogo dos 7 erros

  17. Aprobar sen estudiar

  18. Pais e mestres

  19. Enlaces e bibliografía

  20. Imprimir e descargar

  21. Mellorar a lectura

As que están en negrita conteñen actividades prácticas

Pica na imaxe para chegar a páxina de Raúl Martínez


viernes, 13 de marzo de 2009

COMPETENCIAS BÁSICAS

Nos últimos tempos, a nosa sociedade sufriu importantes cambios que demandan tamén respostas diferentes na formación dos futuros cidadáns. Dentro do marco europeo conseguiuse un consenso sobre as finalidades dos sistemas educativos: os nosos alumnos e alumnas deben alcanzar ao rematar a súa escolaridade obrigatoria unha serie de competencias fundamentais para desenvolverse nunha sociedade cambiante e para construír un futuro participativo e democrático: AS COMPETENCIAS BÁSICAS
Esta nova orientación pode, e debe, mellorar o curriculo e os procesos de ensino e aprendizaxe, e supón un reto ineludible para os docentes, que comeza por un novo proceso de formación e reflexión sobre o traballo que se está a desenvolver nas aulas.
Nos centros educativos se está a reflexionar en torno ao traballo en competencias básicas:

  • como traballalas,

  • como afectará ao currículo,

  • como avalialas

  • que incidencia terá na organización escolar...

Dende este Blog, queremos facilitar esta reflexión a través dos videos da Conferencia de José Moya (profesor da Facultade de Educación na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e participante en multitude de programas de investigación ) no CEP de Granada (Centro do Profesorado de Granada).



¿Poden as Competencias Básicas mellorar o currículo real dos centros educativos?



¿Qué podemos entender por competencia?



Criterios para chegar a un acordo: oito tipos de aprendizaxe.



Competencias básicas y comportamientos.



¿Unha competencia pódese adquirir no ámbito educativo?



Avaliación das Competencias Básicas

martes, 10 de marzo de 2009

COMO AXUDAR A ESTUDIAR AOS NOSOS FILLOS E FILLAS? (I)

Alimentación, sono, outros
1º.- Que os nenos durman o suficiente
*Tres anos…………10-14 horas
*4-5 anos……………9-13 horas
*+6 años………………9-12 horas
2º.-Almorzo apropiado
*Levantarse con tempo suficiente
*Converter o almorzo en rutina familiar
*Mandar algo de comida para o recreo
3º.-Outros. (provocan fatiga, falta de concentración)
*Vixiar a visión neno/nena
*Controlar a postura

Manter unha boa comunicación co neno/a
Escoitar e falar sobre os estudios. Manter un equilibrio entre a confianza e a esixencia evitando caer na presión continua ou a permisividade. Para conseguir isto se aconsella:
1º.-Que sexa un tema de conversación máis.
*Prestarlle atención sempre que nos fale do tema.
*Facerlle preguntas abertas. ¿Qué tal hoxe no cole? ¿Cómo levas os estudios? ¿Qué asignaturas te gustan máis? ¿Qué tal os teus compañeiros?..
2º.-Abordar o tema dende a confianza e o cariño
*Os estudios son unha responsabilidade co neno/a ten que asumir progresivamente
*A posición dos pais debe ser a confianza e o cariño
*Falar deste tema co neno non debe ser só para ameazar ou corrixir; moitas veces deberemos esixir, tomar medidas pero sempre dende actitudes positivas.

Valorar os estudios
COMO?
1º.-Enviar mensaxes positivas sobre eles e non só formulalos como unha pesada obriga sen sentido
2º.-Axudarlle a dar valor e aplicación ao que aprende
3º.-Prestar atención a todas as súas preocupacións e logros sobre os seus estudios
4º.-Valorar o seu esforzo e dedicación
5º.-Esixir de palabra e co exemplo o valor do “traballo ben feito”
6º.-Ser un bo exemplo. Os pais seguen formándose no seu traballo o nos seus intereses.
7º.-Situar os estudios nun lugar preferente á hora de organizar o tempo do neno

Implicación da parella
Os estudios no poden ser “cousa da nai” ou “cousa do pai”. Debe ser un traballo conxunto, onde reciba a mesma mensaxe e perciba a implicación de ambos membros da parella

A responsabilidade é do neno/a
A comunicación tamén serve para transmitirlle dende pequeno cos estudios son da súa responsabilidade, que os ten que afrontar e non os pais. Para elo:
1º.- Recordarlle que cada un ten unha responsabilidade na casa e as cumpre
2º. -Animando e esixíndolle ca leve a cabo e non substituíla polos pais
3º.-. Adoptar medidas sen non cumpre as reiteradamente as súas responsabilidades

Elaborar un horario de estudio
1º.-¿A que idade?
*De maneira sistemática a partir dos 6 anos
*Nenos de 3 a 5 anos o horario é moito máis flexible. Trátase de acostumbralo  a dedicar un tempo a algunhas tarefas relacionadas coa aprendizaxe, pero que lle resulten agradables: pintar, colorear, recortar....
2º.-¿Quen fai o horario?
*Dende os 6 anos debe ser algo acordado co neno. Mellor facelo con il que impoñelo
*A partir dos 10-11 anos será o rapaz quen o confeccione e os pais o supervisan.
3º.-¿Canto tempo hai que dedicar aos estudios?
*O estudio ten un tempo limitado: con principio e fin.
*Non pode interromper outras actividades básicas: aseo, comida, sono, relación con outros rapaces, ocio, xogo diario.
4º.-Idades e tempos:
*3-4 anos. Breve, o que o neno queira pero diario
*5 anos. 20-30 minutos
*6-7 anos. 40 minutos
*8-9 anos. 1 hora
*10-12. 1,30 horas
5º.-¿Pódese descansar?
*O tempo non ten que ser continuo
*Depende das características do neno. Os nenos inquietos necesitan pausas con máis frecuencia.
*As pausas son de moi poucos minutos (2-3 minutos)
6º.-¿Que días da semana ten que estudiar?
*Tódolos días de luns a venres e un día do fin de semana.
7º.-¿A que hora?
Algo persoal pero hai que ter en conta:
*Deixar un tempo prudencial despois das clases (unhas dous horas)
*O ideal é manter unha hora fixa, senón é posible mantelo máis regular posible.
*A hora de comezo debería estar entre as 4 e as 7 da tarde.
*Procurade que non coincida con actividades moi atractivas para o neno (ex programa de tv)
8º.-¿E se non ten nada que facer?
*Pode facer resumos do tema
*Facer exercicios de entrenamento
*Ler e afondar sobre os contidos

AXUDARLLE A ESTABLECER UN HÁBITO DE ESTUDIO
1º.-Dos tres aos cinco anos. Trátase de acostumalos a dedicar un tempo breve “ás cousas do cole”
2º.-Dende os 6 anos. Xa ten que ser algo sistemático.

*Comezar a hora prevista
*Preparalo comezo. Pequeno ritual 10 minutos antes.
3º.-Comezar cunha actividade agradable
4º.-Os primeiros minutos. Deben ser sen interrupcións para centrarse na tarefa.
5º.-Reforzar ao neno. Con visitas de cando en vez, animarlles e eloxiar o seu traballo


GARANTIR UNHAS CONDICIÓNS AMBIENTAIS IDÓNEAS
1º.-Estudar cunha temperatura adecuada. 20-24 grados
2º.-Convenientemente iluminado
3º.-Illada de ruídos excesivamente molestos
4º.-Sen televisión
5º.-Sen distractores cerca
6º.-Cun mobiliario adecuado
7º.-Evitar interrupcións

SUPERVISAR E ELOXIAR
1º.-¿Qué supervisar?
*Que cumpre o horario de estudio pactado
*Que realmente aproveita o tempo
*Que realiza os deberes e as tarefas escolares que mandan
2º.-¿Cómo supervisar?
*Visitalo varias veces mentres estudia para animalo e comprobar que está traballando
*Revisar co neno os cadernos periodicamente
3º.-Eloxialo cando está cumprindo a súa responsabilidade

ADOPTAR MEDIDAS SE NON ESTUDIA
1º.-Falar con el
2º.-Non permitirlle alternativas
3º.-Retirada de privilexios
*Debe adoptarse canto antes
*É eficaz se dura un tempo breve
*Cumprir as medidas que propoñemos
4º.-Situacións nas que non deben tomarse medidas
*Baixo rendemento a pesar de traballar

MANTER CONTACTO E COLABORAR CO COLEXIO
Importante para que:
1º.-O neno comprobe de maneira concreta que valoramos todo o que ten relación co seu traballo escolar e que temos interese por el.
2º.-Manternos informados do seu rendemento e actitudes
3º.-Colaborar e apoiar a aprendizaxe do noso fillo
4º.-Recibir orientacións sobre a forma de axudar de maneira concreta ao fillo na casa

Para colaborar co colexio debemos manter as seguintes pautas de actuación:
1º.-Acudir ás convocatorias.
*Damos un bo exemplo ao neno/a
*Transmitimos que valoramos os seus estudios
*Coñecemos o funcionamento do centro
2º.-Entrevistarse periodicamente co titor.
*O titor pasa moitas horas co neno
*Coñece moitos aspectos do neno como traballo escolar, relacións cos demais, conducta
*Como traballa con moitos nenos da súa idade, o sitúan comparativamente dentro do promedio
3º.-Informar aos profesores
*Se o neno chega a casa con moitos deberes
*Se unha porcentaxe de tarefa non sabe facela o require axuda dos seus pais
4º.-Apoiar ao centro escolar ante o neno. O neno debe recibir a mesma mensaxe dende casa que dende a escola. Non podemos criticar o descalificar en presencia do neno as actuacións do centro ou dos seus mestres.

PROPORCIONAR AXUDA DIRECTA
1º.-Axudar non é sustituir
*Comprender ou interpretar unha idea ou actividade concreta co neno ten que realizar
*Facilitarlle ou recordarlle información previa que necesita para a tarefa
*Buscar información
*Comprobar se un contido foi asimilado
2º.-A axuda pode dificultar máis
*Cando ao neno se lle ensinou un procedemento e os pais lle ensinan outro
3º.-Pedir orientacións concretas
*O mellor é preguntarlle ao profesor
4º.-Proporcionar axuda especializada cndo existan dificultais

ENSINAR ALGUNHA TÉCNICA DE ESTUDIO
1º.-Ensinarlle a preparar o necesario para estudiar
*Acostumalo a que prepare a carteira para o día seguinte (+6 anos)
*Mostrarlle como organizar os seus cadernos
*Ensinarlle a preparar o necesario antes de realizar unha tarefa
2º.-Utilizar axendas e planning
3º.-Traballar de maneira ordenada
4º.-Buscar información

*Buscando información nos propios materiais, títulos, subtítulos,palabras en negrita,..
*Utilizando diccionarios e enciclopedias
*Aprendendo a utilizar a biblioteca
*Busca en internet
5º.-Ensinarlle a asimilar contidos.
*Seleccionando a información máis importante. Subliñado
*Aprendendo a dividir o contido en anacos máis pequenos. Resumir
*Comprender antes de memorizar
6º.-Ensinarlle estratexias para os exames
*Ler tódolos exercicios do exame antes de empezar a contestar
*Comezar a contestar as preguntas que mellor se sabe, lendo ben o enunciado
*Revisar o escrito antes de entregar o exame

POTENCIAR OUTROS ASPECTOS
1º.-Visitas culturais
2º.-Asistencia a actos culturais
3º.-Acceso ás novas tecnoloxías
4º.-Aprendizaxe dos idiomas
5º.-Favorecer o hábito lector
*Que a familia lea
*Que viva a lectura como un pracer
*Valorar a lectura
6º.-Favorecer o gusto pola música
7º.-Estimular as capacidades perceptivas e espaciais (debuxo, puzzles, construccións...)
8º.-Desarrollar estratexias cognitivas(xogos de mesa..parchis, xadrez, sopas de letras,...)
9º.-Práctica do deporte

PROCURAR O BENESTAR PSICOLÓXICO DO NENO
1º.-Proporcionar apoio afectivo
2º.-Procurar un ambiente sereno no fogar

*Privilexiar a comunicación entre todos, buscando e creando momentos para elo
*Reducir no posible o estrés e as presas
*Resolver os conflictos de maneira adecuada, sen gritos, sen descalificacións.
*Establecer unha rutina diaria na vida do neno
3º.-Non esixirlle máis do que é capaz
4º.-Garantir o tempo de lecer

Cómo axudar a los niños en los estudios. Jesús Jarque García
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.