viernes, 16 de abril de 2010

Charla: Aprender a quererse


Onte, Luisa Jonte brindounos unha interesante charla onde analizamos as diferenzas entre autoestima e autoconcepto, vimos como é a imaxe dun mesmo nas distintas idades, cales son os compoñentes da autoestima, como repercute no rendemento escolar e ao final nos deu dez suxestións para estimular a autoestima

Mostrounos un fermoso conto


E antes de darnos uns documentos e rematar a sesión, ensinounos un gran tesouro que garda dende moi pequena, de verdade que é un belísimo tesouro.



Déixovos os documentos que entregou:

sábado, 10 de abril de 2010

Aprender a quererse

O próximo xoves 15, ás 18 horas haberá no salón de actos do colexio, unha charla impartida por LUISA JONTE pedagoga, especialista en Pedagoxía Emocional e actualmente exercendo a xefatura do Departamento de Orientación nos colexios "Mestres Goldar" e "Sárdoma-Moledo" cuxo título será: APRENDER A QUERERSE” e tratará sobre os seguintes puntos:
  1. Que é a autoestima
  2. A imaxe de si mesmo nas distintas idades.
  3. Cómo repercute a autoestima no rendemento escolar.
  4. Cómo se constrúe a autoestima.
A sesión vai ser interactiva.
Como sempre pedimos que non se traian nenos pequenos.

jueves, 8 de abril de 2010

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, tivo nos últimos anos unha importante difusión tanto en España coma en numerosos países dos cinco continentes. Este ano está previsto que arredor desta data se celebren diversos actos culturais, lúdicos e institucionais (entre eles unha recepción no Parlamento Europeo e en varios parlamentos autonómicos españois).


A comunidade xitana está constituída por máis de 10 millóns de persoas que habitan en numerosos países de todo o mundo. En Europa constitúe a minoría étnica máis importante e numerosa, con máis de 8 millóns de persoas. Precisamente este ano adoptouse por oito gobernos da Europa central e do Leste a "Década para a Inclusión dos Xitanos 2005-2015" auspiciada polo Banco Mundial e a Fundación Soros1.

A celebración do Día Internacional dos Xitanos supuxo nos últimos anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura. Se ben durante un tempo foi unha celebración que pasaba desapercibida, actualmente é conmemorada en países dos cinco continentes, como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións aínda sofre esta comunidade.

No noso Centro temos unha poboación xitana do 5% estando plenamente integrados derrubando todos os prexuízos que tiñamos sobre o mundo xitano


martes, 30 de marzo de 2010

2 de abril: día internacional para a concienciación sobre o autismo

Resolución aprobada por la Asamblea General de la ONU, en la 76ª sesión plenaria 18 de diciembre de 2007 por la que se aprueba que:


“Consciente de que el autismo es una discapacidad permanente del desarrollo que se manifiesta en los tres primeros años de edad y se deriva de un trastorno neurológico que afecta al funcionamiento del cerebro, de que afecta principalmente a los niños de muchos países, con independencia de su sexo, raza o condición socioeconómica, y de que se caracteriza por deficiencias en la interacción social, problemas en la comunicación verbal y no verbal y patrones de comportamiento, intereses y actividades restringidos y repetitivos.
Profundamente preocupada por la prevalencia y la elevada incidencia del autismo en los niños de todas las regiones del mundo y por los consiguientes problemas de desarrollo que afectan a los programas a largo plazo de salud, educación, capacitación e intervención emprendidos por los gobiernos, las organizaciones no gubernamentales y el sector privado, así como por sus terribles consecuencias en los niños, sus familias, las comunidades y la sociedad.
Recordando que el diagnóstico precoz y la investigación y la intervención apropiadas son vitales para el crecimiento y el desarrollo de la persona, decide designar el 2 de abril Día Mundial de Concienciación sobre el Autismo, que se observará todos los años a partir de 2008”.

No blog http://mara.blog.zm.nu/2010/03/24/light-it-up-blue/ nos informa que a noite do 1 de abril diversos edificios emblemáticos en EUA e o mundo, incluíndo o Empire State Building de Nova York e a Torre CN de Toronto, Canadá iluminaranse coa cor azul, co obxecto de sensibilizar sobre o autismo e como conmemoración o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Venres, 2 de abril.
Tamén nos piden que fagamos algunhas cousas para poder concienciar a xente:
  • Use un PIN coa figura da peza dun crebacabezas durante todo o mes de Abril, e fala á xente sobre o significado deste.
  • Cambia a imaxe do teu perfil de Facebook polo logotipo de Light It Up Blue e convence os teus amigos de que fagan o mesmo.
  • Pon un escrito no teu blog sobre este tema para aumentar a difusión
  • Agrega o logotipo de Light It Up Blue en todos os teus correos electrónicos e escribe os teus correos en azul!
  • O 2 de abril leva roupa de cor azul e convence os teus compañeiros de traballo e amigos que vistan de azul tamén. Toma fotos e engádeas á galería de Flickr.  


lunes, 29 de marzo de 2010

A familia e a súa relación coa escola

No blog do meu compañeiro Fran http://franpete.blogspot.com/ vin este interesante post que copio literalmente
A familia constitúe pola súa propia natureza o principal e primeiro núcleo de educación dos fillos. A ela correspóndelle un importante papel educativo aínda que teña que delegar parte das súas tarefas e haxa de compartir a responsabilidade da educación e o crecemento dos fillos con outras institucións, como son os centros educativos.
A sociedade actual esixe dos seus novos membros un tal cúmulo de coñecementos e preparación que dificilmente unha familia é capaz de atendelos só cos seus recursos. É por iso polo que os pais delegan parte das súas funcións educativas na escola, os institutos e a universidade.
Por suposto, tampouco, a escola por se soa pode cubrir todas as necesidades educativas. É absolutamente imprescindible, polo tanto, que entre a familia e a escola haxa un alto grao de comunicación e cooperación nas tarefas educativas.
Nas primeiras etapas educativas a colaboración entre os pais e a escola adoita ser máis alta que en etapas posteriores, se ben isto ten unha clara explicación dada: a maior complexidade dos estudios no instituto, as mesmas esixencias dos fillos, que non se queren ver acompañados polos pais, e, por último, a multiplicidade de profesores que imparten as diferentes materias aos nosos fillos.

Necesidade e importancia da educación familiar.

Razóns de tipo biolóxico, psicolóxico e social, así como de formación da personalidade e o carácter dos fillos xustifican a importancia e a necesidade da función educadora da familia. Pero ademais a familia achega un proxecto vital común onde hai un forte compromiso emocional e unha rede de apoios, que permite á familia aparecer como o mellor lugar para acompañar a persoa na superación dos cambios e dificultades da súa vida.
Os verdadeiros valores humanos e sociais apréndense en familia. Apréndense día a día, minuto a minuto. Os valores do traballo, do esforzo, a capacidade de ser responsables, ... atopan no ambiente familiar o primeiro e máis esencial dos lugares para o seu desenvolvemento.

Que entendo por familia?

Familia é cando un home e unha muller casan e teñen fillos. Esta non é unha definición válida, o que define unha familia non se a súa composición nin os lazos biolóxicos, senón as relacións de afecto e coidado mutuo que se dan no seu seo. É a asociación creada polas leis da natureza.
A necesidade da colaboración familia - centro educativo no proceso educativo.
A difícil tarefa, que a ambos os dous nos atinxe: a educación dos fillos, seranos máis proveitosa e satisfactoria se partimos dunha predisposición á colaboración e apoio mutuo. Esa relación de colaboración que debe existir entre o centro educativo e familia esixe unha forte coordinación, un intenso intercambio de información e apoios continuados.
A participación dos pais no proceso educativo dos seus fillos, ademais de repercutir de forma beneficiosa sobre o neno, ten grandes vantaxes para os propios pais, pois, ademais de facerlles coñecer e comprender mellor ao seu fillo, failles sentirse útiles ante el ao ser capaces de axudalos a afrontar os seus problemas.

Formas de colaborar.
1.-Co titor e por suposto co resto do profesorado. Para
  • Intercambio de información.
  • Seguimento do proceso educativo.
  • Colaboración para a mellora do rendemento.
  • Corrección de malos hábitos de estudio ou aprendizaxes non alcanzadas.
O podemos facer:
  • Realizando visitas periódicas ao titor, ou chamándoo por teléfono.
  • Tomando co titor ou o profesor acordos de traballo a realizar polo alumno e realizando o seu seguimento.
2.-Co traballo na casa para:
  •  Control do horario de estudio diario.
  • Facilitación das condicións desexables de estudio.
  • Seguimento das tarefas de estudio. Revisión dos seus cadernos e da súa axenda.
O podemos facer:
  • Revisando todos os días o seu horario de clase, preguntándolle polo realizado e polo que lle queda por facer.
  • Contactando con frecuencia co profesorado para coñecer as dificultades e necesidades de estudio do fillo.
3.-Coas actividades complementarias para:
  • Facilitación de oportunidades de enriquecemento cultural e formativo.
  • Seguimento e control destas.
O podemos facer:
  • Apuntándoo a asociacións ou clubs (deportivos e culturais).
  • Aproveitando as ocasións de visita a exposicións e actos culturais.
4.-Co resto da familia.
  • Cunha actitude de asesoramento e apoio permanente
  • Responsabilizándoos nas tarefas de casa.
O podemos facer:
  •  Establecendo co alumno un diálogo continuado sobre as súas preocupacións e desexos.
  • Obrigándoo a responsabilizarse de colaborar nalgunha tarefa da casa.

jueves, 25 de marzo de 2010

Trastornos da aprendizaxe

Os trastornos da aprendizaxe defínense en base a un rendemento escolar por debaixo do esperado nas capacidades para a lectura, o cálculo e/ou a expresión escrita tendo en conta:
*a idade cronolóxica do alumno/a
*a súa escolarización
*o seu nivel intelectual

O TRASTORNO DA LECTURA
Inclúe as dificultades de acceso ás competencias lectoras que se dan nestes tres aspectos:
  1. Na exactitude lectora, tanto dificultyades relativas ao código lingüístico (confusións, omisións, adicións, inversións, alteracións no proceso lector) como as que fan referencia á mecánica lectora (soletreo, detencións, atascos, saltos de liñas)
  2. Na velocidade lectora
  3. Na comprensión lectora,

O TRASTORNO DO CÁLCULO

É a dificultade de acceso ás competencias matemáticas en relación a:

  1. Os procesos básicos, relativos á comprensión da conservación, reversibilidade, realización de clasificacións, seriacións e outras operacións lóxicas matemáticas
  2. O sistema numérico, en canto ás dificultades nos principios de estabilidade dos números, á cardinalidade, á abstracción, á irrelevancia da orde e ás dificultades no sistema de numeración
  3. A realización de cálculos numéricos, tales como comprensión das operacións, a mecánicadas operacións e as vinculadas aos erros conceptuais
  4. A lectura simbólica numérica
  5. A resolución de problemas matemáticos

O TRASTORNO DA ESCRITURA
Fai referencia ás dificultades no acceso ás competencias gráficas nos seguintes aspectos:

  1. Proceso grafomotriz ou disgrafía, en referencia aos sinistroxiros, déficits na presión, dificultades na direccionalidade, regularidade e lexibilidade dos grafismos e ao emprego do espazo gráfico
  2. Ortofrafía ou disortografía, realizar substitucións, omisións, engadir e/ou invertir os grafemas, facer unións, separacións inadecuadas de sílabas, palabras ou frases, e erros na ortografía regrada.
  3. Procesos de expresión e composición, dificultades relativas ao formato da escritura, expresividade e dominio das técnicas de expresión: descrición, narración, exposición, ...

Orientación e respostas educaticas. ALUMNADO CON TRASTORNOS DA APRENDIZAXE. Xunta de Galicia

jueves, 18 de marzo de 2010

Avaliación educativa

A avaliación é o proceso sistemático e continuo mediante o cal se determina o grao en que se están a lograr os obxectivos de aprendizaxe. O devandito proceso ten unha función primordial dentro do proceso de ensino-aprendizaxe, pois por medio dela se retroalimentar o devandito proceso.
Se como resultado da avaliación descubrimos que os obxectivos se están a alcanzar nun grao moito menor que o esperado ou que non se están a alcanzar, inmediatamente xurdirá unha revisión da programación, das actividades que se están a realizar, da actitude do mestre, da actitude dos alumnos e da oportunidade dos obxectivos que se están a pretender. Todo este movemento traerá como resultado un reaxuste, unha adecuación que fortalecerá o proceso ensino-aprendizaxe, que se vén realizando; é así como a avaliación desempeña a súa función retroalimentadora.
Avaliar, noutras palabras, é reunir todas as evidencias posibles que en forma obxectiva poidamos encontrar a favor ou en contra de cada unha das actividades que se están a desenvolver dentro do proceso ensino-aprendizaxe.
A avaliación é un proceso que implica descricións cuantitativas e cualitativas da conduta do alumno, a interpretación das devanditas descricións e por último a formulación de xuízos de valor baseados na interpretación das descricións.

Hay diferentes tipos de avaliación:
*Según a súa finalidade e función: formativa e sumativa
*Según a súa extensión: global e parcial
*Según os axentes avaliadores: interna (autoavaliación, heteroavaliación, coavaliación) e externa
*Según o momento da aplicación: inicial, procesual e final
*Según o criterio de comparación: autoreferencia, heteroreferencia (criterial e normativa)

Pero.......como agora na escola traballamos con oito competencias básicas, estas competencias básicas ¿pódense avaliar?

Agora que na escola traballamos as oito competencias básicas

sábado, 6 de marzo de 2010

Habilidades sociais

As habilidades sociais son as condutas necesarias para interactuar e relacionarse cos demais de forma efectiva e mutuamente satisfactoria.
Polo tanto é importante destacar que:
- Trátase de condutas, isto quere dicir que son aspectos observables, medibles e modificables; non é un trazo innato dun suxeito, determinado polo seu código xenético
- Entra en xogo o outro. Non se refiren a habilidades de autonomía persoal como lavar os dentes ou manexar o caixeiro automático, senón a aquelas situacións nas que participan polo menos dúas persoas
- Esta relación co outro é efectiva e mutuamente satisfactoria. A persoa con habilidades sociais defende o que quere e expresa o seu acordo ou desacordo sen xerar malestar na outra persoa.

Pero non só é importante ter habilidades sociais, senón poñelas en práctica na situación axeitada. Esta adecuación das condutas ao contexto é o que se denomina Competencia social.

Cando a persoa carece de habilidades sociais pode que afronte as situacións de dúas maneiras diferentes:
- Evitando as situacións ou accedendo ás demandas dos demais coa finalidade de non se expoñer a enfrontamentos -conduta pasiva-.
- Elixindo por outros e infrinxindo os dereitos dos demais para obter as súas metas -conduta agresiva-.

As habilidades sociais ou o que tecnicamente se coñece como conduta asertiva consiste en pedir o que queres e negarte ao que non queres dun modo axeitado. Conseguir as túas metas sen danar a outros. Expresar sentimentos e pensamentos, realizar eleccións persoais e sentirse ben conun mesmo.

lunes, 1 de marzo de 2010

O fracaso educativo según Gavilondo

O meu bo amigo Oscar fíxome chegar este video que resume, en dous minutos, tódolos debates sobre educación

miércoles, 24 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

Contos infantis



Na páxina do Departamento de Orientación Andújar preséntanos unha serie de contos proporcionados polo Ministerio de Educación para potenciar o desenvolvemento das habilidades lingüísticas, á súa vez traballan valores culturais e sociais, como a sensibilidade cara ás persoas con minusvalidez e as persoas maiores.

Picando na foto abriranos unha presentación dos contos indicándonos os obxectivos que se pretenden, as idades axeitadas e os obxectivos específicos de cada conto.







Os contos son: (picando na imaxe ábrese o conto)



viernes, 19 de febrero de 2010

Quince máximas para que un niño sea feliz

No blog "en la escuela caben todos" a Seño Vane posteou estas máximas tan sinxelas para que os nosos fillos sexan felices


domingo, 14 de febrero de 2010

Intelixencia emocional

O grupo de traballo "aprender a ser" no seu blog vannos mostrando as experiencias que levaron a cabo cos alumnos sobre "a intelixencia emocional" durante o curso pasado.
Na súa memoria expoñen o traballo feiro durante o curso 08-09 que consta das seguintes partes:
1.-Marco teórico da intelixencia emocional
1.1..Cronoloxia do constructo
1.2.-Modelos da intelixencia emocional
1.3.-Definicións da IE
1.4.-Referencia legal
1.5.-Experiencias
2.-Glosario de termos
3.-Actividades prácticas
3.1.-Actividades de autoestima
3.1.1.-O protagonista do día
3.1.2.-Cualidades
3.1.3.-Nos podemos tocaar sen hostilidade
3.1.4.-Estou orgulloso de.....
3.1.5.-A pelota mensaxeira
3.1.6.-Eu son....
3.1.7.-Estou pensando en alguén
3.1.8.-Que dín de nós
3.1.9.-Que te gusta de min?
3.2.-Actividades de empatía
3.2.1.-Empatía cara aos pais
3.2.2.-Empatía cara aos compañeiros
3.3.-Actividades de emocións e sentimentos
3.4.-Actividades diversas para realizar en clase
3.5.-Listaxe de páxinas web
4.-Actividades realizadas na aula
4.1.-Experiencia realizada no 2º Ciclo. Identidade
4.2.-Experiencia realizada en 2ºno CEIP Pazo de Mercé das Neves
4.3.-Experiencia realizada en 4º no CPI de Mondariz. Como nos sentimos?
4.4.-Experiencia realizada en 3º no CEIP Pazo Marquesa da Mercé no ámbito da E. Artística
5.-Emocionómetro
6.-Bibliografía

Sin dúbidas: un gran traballo
Todo este documento podedes velo no enlace: http://www.scribd.com/doc/15600303/DOCUMENTODEFINITIVOGT
O blog onde expoñian as súas experiencias é: http://intelixenciaemocionalnaescola.blogspot.com/

lunes, 8 de febrero de 2010

A repetición si serve para aprender se se está motivado

Un estudo cerebral feito en Sevilla mostra que "a repetición"é un método de aprendizaxe voluntaria é eficaz para consolidar a memoria.
No PAIS publican un artigo onde expoñen os resultados dunha investigación dirixida por José León-Carrión, profesor de Psicología Básica de la Universidad de Sevilla.

"A aprendizaxe é un cambio na fortaleza de certos circuítos neuronais en función de procedementos de práctica", comentan os investigadores. "Estes cambios neuronais son diferentes dos producidos polo adestramento non motivado".

León-Carrión advirte que non se debe esquecer que aprender é un proceso voluntario, no que o individuo debe tomar certa parte activa e poñer algún esforzo. Polo tanto, hai que estar motivado, e repetir o que se quere aprender constitúe o método máis eficaz para facelo, para memorizar e acordarse das cousas moito tempo despois.

Ler o artigo completo:
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/repeticion/sirve/aprender/elpepusoc/20100208elpepusoc_12/Tes

sábado, 6 de febrero de 2010

Ordenadores no colexio

Pareceume unha reflexión excelente sobre a polémica introdución de ordenadores nas escolas. En ton xocoso toca todos os temas que a pais e educadores se lles pasan pola cabeza.
Non atopei o autor ou autora, en todo caso, grazas.

Chámome Marta e son alumna de 5º de primaria.

A semana pasada trouxéronnos un montón de ordenadores, para todos menos para o profesor. Puxémonos moi contentos porque pensamos que tamén nos poñerían aire acondicionado en verán (morrémonos de calor) e que traerían unha pizarra nova, sen reflexos e na que se poida escribir sen que o xiz esvare, cadeiras e mesas novas adecuadas á nosa estatura, estantes e un despacho para nosas cousas.

Pero non, só trouxeron ordenadores. E sen lupa porque son moi pequenos, pero iso dá igual.

Polo menos regaláronnolo enterito, porque o meu primo de Ripolletdi que os meus tíos tiveron que pagar a metade do portátil, por iso de ser cataláns. Isto non o entendo moi ben.

O primeiro día non fixemos nada con eles porque ten un sistema que é diferente ao que temos na casa, un tal Linux, e que o mestre non coñece. En realidade non sabe nada de informática. Dixo que xa miraría algo, pero María, outra empollona, contestoulle que ela podía ensinalo, pois na súa casa ten un ordenador e sabe manexalo. Todos rimos, pero o mestre, non.

O mestre tamén dixo que eran para nós e que nolos podiamos levar á casa. Eu collín o meu e gardeino na mochila, pero a miña amiga Mati caeulle e rompéuselle todo -o mestre fíxolle unha foto-. A Luis roubáronllo uns canallas mentres volvía á casa e a Santi rompeullo Mateo, o neno que nos pega a todos.

En clase os que máis usan o ordenador son Toni e Andrés. Son dous nenos un pouco atrasados e que antes só molestaban. Agora co portátil póñenlles unha película de debuxos e están máis calados.

Onte explicáronnos como sacar información de internet e mandáronnos deberes para buscar na casa. O meu papá, que agora non traballa, di que non temos diñeiro para internet, por iso non puiden facer os deberes esta semana e xa rifáronme no cole. Por iso, ademais dos libros e cadernos, tamén cargo co ordenador. Agora xa non uso mochila senón o troler de mamá de cando podiamos ir de finde ou de viaxe

Ao meu irmán maior no insti tamén lle van dar un e el está moi contento pois di que poderá colgar fotos e chatear coas rapazas.Tamén me dixo que, a partir de agora, non terá que fixarse nas faltas de ortografía pois o ordenador corríxeas automaticamente.

É marabilloso, tamén, porque antes as clases eran pesadas e longas e agora duran 10 minutos ou menos. A moitos compañeiros non lles funciona; a outros tárdalles tanto en poñerse en marcha que para cando oconsegue soa o timbre de saída.

E sen esquecer que os electricistas nos deixaron tres días no patio poñendo enchufes porque a batería non dura nada e nos facemos unha leade cables na clase que podemos xogar ao enredos.

Como as cousas que trae o mestre non se poden abrir, di que poñeráas notas segundo lle molestemos máis ou menos e segundo o tempo que tardemos en abrir o invento.

Rematouse estudar, a calculadora e as regras. E sacar punta, ter boa letra e ter un caderno de dez. É fantástico. Pobrecillosos que aínda están en 4º porque os vexo moi estresados.Eu pásome a mañá co Google Earth. Xa mo sei de memoria e non teño outra cousa que facer.En matemáticas, é o mellor: só tes que elixir entre tres respostas e ademais danche outras tres oportunidades. E se en lingua non sáete algo, o buscas en internet e xa está.

Finalmente todos sacaremos sobresaínte porque ler xa sabemos, pero imos aprender a comprender. O mestre di que é unha competencia básica.

É xenial.Marta

jueves, 4 de febrero de 2010

Que menores ven os menores en televisión

Un informe elaborado pola Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC) onde trata de identificar cales son as imaxes que a programación televisiva ofrece dos nenos e adolescentes e determinar que valores, positivos ou negativos, se desprenden das devanditas imaxes no que se analizaron 87 espazos televisivos durante oito meses conclue que:

*A programación dirixida ao público máis infantil presenta unha visión excesivamente autónoma da infancia, na que os menores se relacionan basicamente entre eles, coma se vivisen nun mundo autosuficiente e eternamente infantil no que os adultos están ausentes ou aparecen de modo secundario e, ademais, ameazante dese mundo idílico.

*A figura do menor é utilizada moitas veces como coartada, como escusa para ofrecer puntos de vista adultos de crítica social ou costumista. No grupo de series con estes "falsos nenos", ás veces de gran calidade, poden mencionarse produtos como Shin Chan, Malcom in the Middle ou Los Simpsons, pero o especialmente preocupante é a emisión de debuxos animados claramente de adultos emitidos en horario de protección infantil e moi seguidos polos adolescentes e mesmo por nenos e nenas (Padre de Familia ou American Dad).

*O medo tradicional asociado a protagonistas infantís, propio dos contos e cun propósito "domesticador", perdeu relevancia nos últimos tempos, aínda que volve a través de series como El Internado ou Hay alguén aí. Máis común é ver os menores como vítimas das turbulencias emocionais dos adultos ou dos seus irmáns adolescentes.

*A violencia é moi intensa e explícita nas series xaponesas ("Bóla de Dragón" e as súas derivacións, Naruto, Goku, Sarxento Keroro...), fronte á violencia clásica edulcorada e humorística das producións anglosaxonas. En ambos os dous casos o tratamento desa violencia banalízaa e, ademais, abórdase dende o punto de vista do agresor (que se identifica co menor), e non se desenvolve ningunha empatía cara á vítima. Anímeos xaponeses presentan personaxes zoomórficos, superheroes con mutacións, máquinas, etc. e abordan, moitas veces con fatalismo, aspectos como a valentía, a competitividade, a amizade, a sinceridade, o éxito e o fracaso, a honra, o ben e o mal...

*En canto á imaxe dos adolescentes, o estudo pon de relevo unha serie de paradoxos e contradicións: o recurso a unha estética e linguaxe transgresoras contrasta cunha visión moi convencional dos roles de xénero.

*Aparece tamén unha contradición entre a visión "politicamente correcta" moderna e solidaria na formulación de determinados temas, como a homosexualidade, a discriminación, o pacifismo, o medioambiente, a igualdade de sexos e unha defensa con decisión do individualismo e da competitividade nos comportamentos cotiáns deses mesmos adolescentes.

*Trivializa se o tratamento de aspectos como as relacións sexuais dos adolescentes, mesmo con adultos(profesores) ou o consumo de drogas, especialmente o alcohol, que se converten nun trazo imprescindible (e rutineiro) das relacións entre iguais, sen que adoiten aparecer referencias ás consecuencias que poden provocar estas prácticas. Estes aspectos reflíctense claramente en series como "Física e Química", "HKM" ou Gossip Girl.

*Tanto na programación infantil coma na xuvenil, aparece un cuestionamento da figura paterna e dos adultos en xeral, especialmente das figuras masculinas. Moitos pais son presentados como inmaturos, egoístas e ignorantes (Os Simpson, HKM, Pai de familia...). As súas normas e límites son presentados como regras máis ou menos arbitrarias que poden e deben transgredirse. Preséntase a adulto como un "adolescente añoso" e as relacións entre este e o menor son horizontais, simbióticas, mesmo (como indicabamos), no plano sexual. O paso á idade adulta non é percibido polos adolescentes como un proceso de maduración senón simplemente de "paso do tempo"

*A iso contribúe o feito de que a imaxe que se ofrece dos adolescentes se caracteriza polo narcisismo e a omnipotencia polo que non hai límites á hora de transgredir as normas.

Das principais conclusións do estudo pódese deducir que a imaxe que os menores reciben de si mesmos a través da televisión, ademais de estar claramente nesgada dende unha determinada visión adulta, se orienta claramente a satisfacer os intereses do negocio audiovisual e da marchandizaxe, supeditando a eses intereses as necesidades psicolóxicas, sociais e pedagóxicas deses menores.

Tampouco se prové os menores dunhas normas de consumo e uso crítico da televisión, unha alfabetización mediática que lles permita filtrar as mensaxes que reciben polo que a influencia que poidan ter sobre eles os estereotipos que transmiten os distintos programas é moi elevada.

Traducido da páxina da AUC
http://www.auc.es/Documentos/Comunicados%20Prensa/docnot2009/jun03.pdf

domingo, 31 de enero de 2010

Como aprenden os nosos fillos condutas agresivas

Da páxina de Francisco José Fernández obtiven este interesante documento:
POR QUE OS NOSOS FILLOS APRENDEN A SER AGRESIVOS ?
  • Os nenos aprenden a comportarse agresivamente por observación doutros modelos agresivos
  • Os pais que castigan os seus fillos mediante violencia verbal ou física convértense en modelos agresivos para estes.
  • O neno que está exposto a modelos de comportamento agresivo como a TV, o cine ou persoas adultas representativas para el tende a ser agresivo.
  • Se ante unha mesma conduta agresiva reaccionamos de diferente modo dependendo do noso estado de ánimo esa conduta se reforza.
  • Os pais pouco esixentes que fan sempre o que o fillo quere, acceden ás súas demandas e permítenlle unha gran cantidade de liberdade están a fomentar futuros comportamentos agresivos.
  • Os pais que desaproban constantemente o fillo, que non adoitan darlle afecto, comprensión ou explicacións ao tempo que nunca dan razóns cando exercen a súa autoridade, están a fomentarpoderosamente os comportamentos agresivos.
  • Cando o pai rifa o fillo por un comportamento agresivo e a nai non, ou viceversa, ese comportamento tenderá a repetirse.
  • Os pais que desaproban os comportamentos agresivos dirixidos cara a eles pero á vez ignoran as condutas agresivas dos seus fillos cara a outras persoas, están a fomentar ditas condutas.
  • As relacións deterioradas entre os propios pais provocan tensións que poden inducir o neno a comportamentos agresivos.
  • Restricións non razoables e excesivos "fai isto e non fagas aquilo" provocan unha atmosfera opresiva que induce ao neno acomportamentos agresivos.
  • Residir nun barrio ou pertencer a un grupo onde a agresividade é vista como un atributo moi apreciado, tende a potenciar a agresividade.
  • Ausencia de estratexias verbais para afrontar un conflito xera frustración o que a miúdo conduce a condutas agresivas.
  • Os nenos que teñen moi pouco desenvolvidas as habilidades sociais básicas adoitan tender a comportamentos agresivos nos seus relacións sociais.

lunes, 25 de enero de 2010

¿Sabes poñer límites aos teus fillos?

Da páxina psicoactiva.com os deixo este test para realizar on line e e comprobedes se sabedes poñer límites aos vosos fillos

miércoles, 20 de enero de 2010

Decreto de plurilingüismo no ensino non universitario

Como sabedes, a Consellería quere aprobar o Decreto de plurilingüismo (pica na imaxe para leelo)



O 91% do profesorado do Centro está en contra deste Decreto e mañá vai facer folga para esixir que se retiren as Bases.
Pica na imaxe se queres achegar a túa adhesión á "Plataforma Cidadá Queremos Galego"

martes, 19 de enero de 2010

Fillos maltratadores

Javier Urra, psicólogo que saltou á fama cando foi nomeado defensor do menor na Comunidade de Madrid, escribiu "o pequeno ditador" onde afirma que existen moitos máis casos de fillos acosadores dos que cabe imaxinar. Nenos consentidos, sen conciencia dos límites, que organizan a vida familiar, dan ordes aos seus pais e chantaxean a todo aquel que intenta frealos; mozos que enganan, ridiculizan aos seus maiores e ás veces rouban; adolescentes agresivos que desenvolven condutas violentas. En definitiva, fillos desafiantes que rematan impoñendo a súa propia lei.

Javier Urra dí que as causas da tiranía son:
  1. Unha sociedade permisiva que educa aos nenos nos seus dereitos pero non nos seus deberes. Para non traumatizalos, se lles cede, permite e ofrece todo aquelo que non tiveron seus pais ou avós
  2. Uns medios de comunicación cunha cascada de actos violentos que difuminan a gravidade dos feitos. Ademáis a televisión é utilizada por moitos pais como "canguro" o que invita ocasionalmente á violencia gratuita e amoral.
  3. O gran cambio que se produciu na forma de vida. Os nenos pasan moito tempo sós; non viven ao seu ritmo; non hai tempo para escoitar, contar contos, ou xogar cos fillos
  4. Unha estructura familiar que se modificou: familias cun fillo ao que non lle pode faltar as "zapatillas de marca"; moita desestructuración de parellas de adultos que revirten negativamente nos fillos.
  5. Diferencias educativas entre pais e profesores; normalmente o mestre controla e contén aos nenos; o que a nai non consigue cos máis pequenos a mestra o soluciona sin problemas: recoller xoguetes, poñerse o abrigo. Socialmente non se recoñece a labor dos colexios

Estas son algunhas das causas para Javier Urra das conductas tiránicas co cal eu estou de acordo.

Un bo libro para comprender este problema social

viernes, 15 de enero de 2010

Intelixencia

Cando falamos de intelixencia adoitamos falar da intelixencia xeral ou abstracta. Cando dicimos que unha persoa é intelixente a que nos referimos?. Normalmente referímonos ao éxito nos estudos ou ao éxito na vida.
Cales son as intelixencias existentes? A chegada dos primeiros test que medían a intelixencia baseábanse na capacidade do individuo para operar sobre información constituída por números, letras, palabras, figuras, seriacións, etc
Pouco a pouco aparecen novas formulacións sobre o que debería entenderse por intelixencia e empeza a aparecer expresións como: intelixencia social, intelixencia práctica, intelixencia conductual, intelixencia moral, intelixencia exitosa, entre outras
Howard Gardner, coñecido fundamentalmente pola súa teoría das intelixencias múltiples, que sinala que non existe unha intelixencia única no ser humano, senón unha diversidade de intelixencias que marcan as potencialidades e acentos significativos de cada individuo. Cada persoa ten polo menos oito intelixencias, habilidades cognoscitivas. Estas intelixencias traballan xuntas, aínda que como entidades semi-autónomas. Cada persoa desenvolve unhas máis que outras.


Daniel Goleman popularizou en 1995, co seu célebre libro Emotional Intelligence, a intelixencia emocional que a entende como a capacidade para recoñecer sentimentos propios e alleos, e o coñecemento para manexalos.

Goleman estima que a intelixencia emocional se pode organizar en cinco capacidades: coñecer as emocións e sentimentos propios, manexalos, recoñecelos, crear a propia motivación, e xestionar as relacións.



miércoles, 13 de enero de 2010

lunes, 28 de diciembre de 2009

Fixar límites

Cando se di que os nenos necesitan pautas, límites, normas, regras, hábitos, non se di co ánimo de anulalos, senón todo o contrario, grazas a este modelo educativo, o neno de hoxe poderá ser un adulto autenticamente libre.
MacKenzie, fala dos pais con límites firmes e pais con límites laxos.

PAIS CON LÍMITES FIRMES
*As caracteríaticas dos pais :
  • Indicacións claras, directas, cara a condutas concretas
  • Palabras apoiadas con accións
  • Esixencia de obediencia
  • Dar suficiente información para tomar decisións aceptables e cooperar
  • Proporcionar responsabilidade

*Posibles resultados:

  • Cooperación
  • Diminución do incumprimento de límites
  • Comprensión das normas e expectativas
  • Respecto ás palabras dos pais

*Repercusión nos nenos

  • "non" significa "non"
  • Esperan e esíxenme que cumpra as normas
  • As normas habémolas de cumprir todos
  • Responsabilidade ante a miña conduta
  • Os adultos son consecuentes co que establecen

PAIS CON LÍMITES LAXOS

*As características dos pais

  • Indicacións sen claridade. Dobres mensaxes
  • Regras sen apoio nas accións
  • Non esixir obediencia; esta é opcional
  • Falta de información para tomar decisións aceptables
  • Falta de responsabilidade

*Posibles resultados

  • Resistencia
  • Aumento dos intentos de saltarse os límites
  • Desobediencia, loita de poder
  • Ignoran as palabras dos pais

*Repercusión nos nenos

  • "non" significa " si" "quizais"
  • Non esperan que cumpra as normas
  • As normas non son para o min
  • Os adultos son responsables dos meus actos
  • Os adultos non son consecuentes co que establecen

NADA DESCONCERTA MÁIS OS NENOS QUE A AUSENCIA DE NORMAS

martes, 22 de diciembre de 2009

Unha pequena guía para comprar xoguetes en Nadal

Pica nesta imaxe para ver a guía de infantil







Pica nesta imaxe para ver a guía do 1º Ciclo de Primaria




sábado, 19 de diciembre de 2009

Internet

O pasado xoves tivemos a charla sobre Internet pero acudiron poucas nais. Déixovos algúns dos videos que vimos














martes, 15 de diciembre de 2009

Internet: mellor educar

O vindeiro xoves, día 17 ás 16,30 no salón de actos do colexio, haberá unha charla a cargo do Orientador sobre Internet e os mozos e mozas.


A charla centrarase en catro grandes bloques:

1º.-Os mozos é internet
*Diferenzas entre un mozo e un adulto ante internet
*Para que utilizan internet
*Que aprenden en internet

2º.-Vantaxas de internet
*Ferramenta indispensable
*Axuda nos estudios
*Formación on-line
*Posibilidades de comunicación

3º.-Perigros de internet
*Mínimo control sobre os contidos
*Poden ser víctimas
*Ciberbullyng, grooming, troleo
*Risco para a seguridade
*Persoas con malas intencións
*Aillamento
*Inferir noutras actividades
*Risco de adicción

4º.-Como axudalos a disfrutar de Internet dun xeito seguro
*Dispoñer coñecementos básicos
*Medidas de seguridade
*Dialogar e informar aos nenos
*Colocalo nun lugar común
*Navegar con eles
*Entar con finalidade
*Controlar o tempo
*Supervisar os contidos que visita
*Comprobar o historial

jueves, 10 de diciembre de 2009

10 de decembro: día dos dereitos humanos

O día 10 de decembro a Asamblea das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos e pediu a todos os Países Membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose "distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".

Na "cova de Don Sapoconcho" hai uns videos moi interesantes onde expican cada un dos 30 dereitos humanos

Pica en Don Sapoconcho para ir a súa cova.

sábado, 5 de diciembre de 2009

Tipos de profesores segundo os alumnos

Visto en "A pie de aula".


Os alumnos teñen moi ben catalogados aos mestres. Os números mostran as dificultais de aprobar según o tipo de mestre
SUPLENTES (9). Adoitan ser novos. Con facerlles un pouco a pelota sobre o moderno que visten e o guay que conectan convosco tédesvos gañado o aprobado en xuño

SEVEROS (2). Caracterízanse por estar de mal humor todo o día e non deixar pasar nin unha

DESPISTADOS (10). Do grupo dos que molan. É doado encontralos un festivo polos corredores do centro e os días de exame adoitan esquecerse as preguntas na casa

ENRROLLADOS (5)Estes son dos peores, nunca sabes de que pau van. Caracterízanse polo seu xeito de achegarse a ti cunha linguaxe "colegón"

MARCIANOS (6). As súas técnicas educativas provocan sorpresa en cada clase. Ensinan debuxo técnico sen usar unha regra ou matemáticas coma se fose unha clase de ioga

SÁDICOS (3). Baixo unha linguaxe amable encóntrase un personaxe desconcertante. Adoita xogar cun clip co que escarva uñas e dentes

DESCONFIADOS (4). O pesadelo do alumno. Cren que todo o mundo ten "chuletas" ou saca os apuntamentos nos exames. Por sorte só son esixentes antes das probas

NOVATOS (7). Dubidan ata da súa sombra. A rodaxe que lles falta convérteos en inseguros permanentes. O mesmo che plantan un exame sorpresa que vos manda saír ao patio media hora antes

INQUIETANTES (8) . Falan pouco. Mostran un gusto peculiar pola roupa negra e teñen a especial manía de dar as clases con lentes e sol


E ti que tipo de mestre eres ou que tipo de mestre ten o teu fillo ou ti?

jueves, 3 de diciembre de 2009

3 de decembro: Día internacional das persoas con discapacidade

Non saberás o que poden facer ata que lles deixes facelo.

Se queres ver como fixeron o vídeo pica no enlace:

http://www.dejanoshacerlo.org/home.php

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Nenos sobreprotexidos

Ultimamente están acudindo moitas nais ao meu despacho que sobreprotexen aos seus fillos ou fillas.
Pero que é un pai ou nai sobreprotector.
Déixovos un pequeno resumo de http://www.youtube.com/user/hectoramadormatehual e un vídeo dun programa de televisión da República Dominicana, que aínda que ten algún ton machista, dános bastantes claves sobre este tema

"Os pais sobreprotectores son aqueles que se pasan horas cavilando e preocupándose dos seus fillos. Non é necesariamente consentir a un fillo, é unha implicación emocional intensa e excesiva, e que, ademais, leva á necesidade de controlar ao fillo. Todo isto leva a unha dependencia tanto dos pais cara aos fillos como dos fillos cara aos pais, aínda que aparentemente poida parecer unha relación estupenda, isto pode traer graves problemas no futuro dos fillos, que se manifestará de forma palpable na súa idade adulta, aínda que ninguén saberá cales foron as causas desas características, que poden chegar a converterse en problemas de personalidade"

Os pais pensan que amar, é facer o camiño máis fácil aos fillos, cando en realidade ademais de amor os nenos necesitan:
  • Adaptación e recoñecemento do que realmente son
  • Respecto e tolerancia das súas ideas e sentimentos
  • Liberdade para tomar decisións
  • Apontoar as calidades e aceptar as limitacións
  • Potenciar a creatividade
  • Sentimento de contribuír a facer algo
  • .....

¿Que leva a un pai a sobreprotexer ao seu fillo?

  • Para apoiar a súa propia autoestima: unha persoa que nunca se sinte ben consigo mesmo intenta compensarse demostrando que pode ser un bo paai ou unha boa nai
  • Compensar unha privación anterior: unha típica frase "non quero que o meu fillo sufra todo o que eu sufrín"
  • Aliviar a culpa: as veces as fustracións do neno levan aos pais a revivir os seus propios fracasos e tratan de evitar esas frustracións ao neno
  • "Dar" para encher o vacio interior. Moitas veces matrimonios que fracasan vólcanse nos seus fillos para darlles todo aquelo que lles falta ou lles faltou na súa infancia
  • Para compensar a ausencia do outro pai. Un dos pais pode ser alcohólico, estar enfermo, ser indiferente, tratar mal ao neno, ...entón o outro sentese culpable e teme que o neno creza con problemas emocionais se esta falta non é compensada
  • Dar para compensar a propia ausencia. Os pais están moi ocupados no traballo e pasan pouco tempo na casa; para compensar esta ausencia os colman de agasallos e conséntenlles en exceso
  • Dar a cambio do comportamento do neno. Cada vez que o neno ten unha rabecha, para tranquilizalos e non escoitalos conséntelle o que quere. Así o neno aprende a cambiar o seu comportamento a cambio de subornos e aprende a manipular aos seus pais; cada vez as rabechas serán máis grandes para conseguir máis.

Se un neno sofre enfermidade, discapacidade ou calquera outro problema non é razón para pensar que hai que actuar con el de forma diferente, porque independentemente do problema que o neno sufra, pode levar unha vida saudable, conseguir a súa independencia e autonomía como outro neno calquera



jueves, 19 de noviembre de 2009

25 de novembro: día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Contra a violencia de xénero desde os ollos dos homes

Alén do "012 muller" non só está o fin dos malos tratos; está a vida que deixaches de vivir

martes, 17 de noviembre de 2009

Internet

Na páxina http://www.protegeles.com/ hai un estudo realizado polas ONGs ACPI (Acción Contra a Pornografía Infantil) e PROTEGELES para o Defensor do Menor.

Nota dos autores do estudo:" É importante recordar que a porcentaxe de menores de 18 anos que utiliza internet de forma habitual en España apenas supera o 25%. Os datos que se facilitan neste estudo son relativos só aos costumes dese 25% de menores, e non ao total dos menores españois" .
Dos datos do estudio dedúcese:

  • Un 87'5% dos menores realiza accesos desde a súa propia casa.
  • Mais dunha terceira parte: un 36%, accede tamén desde cibercentros.
  • O 44% accede desde casa dun amigo/a.
  • Só 18'5% un accede desde o seu centro escolar, como primeira ou segunda opción.
  • Á hora de buscar e atopar información para realizar os seus traballos escolares, a metade dos menores ( 49'5 %) atopa con facilidade a información necesaria para realizar os seus traballos. Pola contra un 42 % atópaa só ás veces e outro 8'5 % conségueo en poucas ocasións.
  • Só un 40'5 % dos alumnos enquisados atopa con frecuencia e facilidade páxinas para menores en internet, fronte a un 37'5 % que só o consegue ás veces e un 22 % que o logra só en poucas ocasións.
  • Un 28% dos menores entra en páxinas pornográficas : un 19% en ocasións e un 9% con frecuencia.
  • Un 38 % dos menores entra en páxinas de violencia: un 30% en ocasións e un 8% con frecuencia.
  • Un 16 % dos menores entra en páxinas de contido racista e/ou xenófobo: un 13% en ocasións e un 3% con frecuencia.
  • O 45 % dos menores utiliza os chats varias veces á semana : un 27% case a diario e un 18% varias veces por semana. Do resto un 17 % faio unha vez á semana e outro 38 % en menos ocasións aínda: 2 ó 3 veces ao mes. O chat é probablemente a ferramenta de internet máis utilizada polos menores.
  • Un 56%, conéctase a chats específicos para a súa idade . Outro 28% faio en ocasións e un 17% nunca utiliza este tipo de salas.
  • O 18% dos menores accede a chats específicos sobre sexo , porcentaxe ao que hai que engadir outro 8% de menores que entraron nalgunha ocasión .
  • O 30% dos menores que habitualmente utiliza internet facilitou xa o seu número de teléfono nalgunha ocasión durante as súas conexións, e que ata un 17% afirma habelo feito en varias ocasións.
  • O 16% dos menores enquisados facilitou a súa dirección a través de internet . Un 9% afirma ata habelo feito en varias ocasións.
  • O 14'5% dos menores enquisados concertou unha cita cun descoñecido a través de internet e outro 8% fíxoo en máis dunha ocasión . puidemos constatar que un 10% dos menores, ademais de acudir á cita, presentouse só; e que outro 7% nin tan sequera aviso a outras persoas sobre a súa intención de acudir a devandita cita . A maior parte dos menores que acode á cita, o 9% dos enquisados, recoñece que se atopou cunha persoa que non resultou ser como esperaba, e un 2% sinala que ademais se trataba dun adulto . Outro 4% acudiu á cita e non atopou a ninguén.
  • O 54'5% dos menores non recibiu información algunha sobre as normas básicas de seguridade á hora de utilizar internet.
  • O 86% dos menores accede aos contidos que circulan por internet desde computadores que non dispón de sistemas de filtrado.
  • Un 44% dos menores que navega con regularidade, sentiuse acosado/a sexualmente en internet nalgunha ocasión . De entre eles, un 11% recoñece ser vítima desta situación en diversas ocasións.
  • Neste sentido un 11% dos menores que habitualmente utiliza internet foi vítima de insultos por parte doutros internautas, un 4% recibiu correos non solicitados con contidos desagradables e outro 1'5% afirma sentir medo nalgunha ocasión.
  • Centrándonos na conduta delituosa máis xeneralizada e cuxa ilegalidade adoita ser tamén descoñecida pola maioría dos menores: a copia de determinados materiais protexidos por dereitos como o dereito de autor e outros, observamos que unha porcentaxe cada vez maior de menores copia fundamentalmente música, discos enteiros, utilizando determinados programas que o posibilitan. Un 40% dos menores que se conectan a internet con regularidade recoñece buscar música a través da Rede , tendencia que vai aumentando coa idade
  • Un 37% dos menores que se conecta habitualmente a internet recoñece "sentir a necesidade de conectarse a internet con frecuencia".
  • O 23% dos menores que se conectan con regularidade xoga en case todas as conexións que realiza. Outro 17'5% na metade das ocasións, un 12% nunha de cada tres e finalmente un 44% nunha cuarta parte das conexións que realiza. Doutra banda hai que sinalar que un 3'5% afirma non xogar nunca a través de internet.



viernes, 13 de noviembre de 2009

Por que non cumpren as normas?

A maioría de nós ten moi claro como queremos que se funcione na casa. Non desexamos berros, nin pelexas, nin que se tiren as cousas, nin que haxa que estar detrás de todo o mundo recordándolle o que ten que facer...

Sabemos o que queremos, pero ¿como conseguimos que sexa aceptado por todos?, ¿que podemos facer para que se converta realmente nunha norma?

Na maioría dos casos as normas non se cumpren por algunha das seguintes causas (ou por varias delas):
  • Porque non houbo consecuencias positivas nin negativas. Imaxínate que dinche no teu traballo que non se pode fumar. Acendes o primeiro cigarro e ninguén te di nada. ¿Que fas coa norma? Esquecela e seguir como ata ese momento.

  • Porque os modelos de referencia non as cumpren. Supón que na túa casa establecedes a norma de que hai que ducharse todos os días, pero ti non o fas. Para os teus fillos deixará de ser unha norma porque alguén tan importante como a túa nai non acumpre.

  • Porque hai unha contradición entre normas. Se a túa parella di que na casa non se berra, pero ti falo continuamente, ou se ti decides que hai que comerse todo o do prato, pero a túa parella retírallo cando o neno di que non quere máis, entón non existe unha norma clara, polo que deixará de ter efecto sobre o teu fillo.

  • Porque a norma é inconsistente, é dicir, só hai que cumprila en determinados casos. Como agora estou cansa para insistir, permito que o meu fillo se levante da mesa; pero mañá non o deixo erguerse ata que non o coma todo. Esta inconsistencia ensina ao neno que as normas non son importantes, porque todo depende de como se encontren papá ou mamá nese momento.

O teu fillo debe saber que as normas axudan porque:.

  • Facilitan a convivencia.

  • Permiten que nos levemos ben e que non haxa discusións.

  • Axúdannos a crecer e a facernos maiores.

  • Déixannos tempo para facer cousas divertidas.

Los niños vienen sin manual de instrucciones. Montserrat Giménez

martes, 10 de noviembre de 2009

sábado, 7 de noviembre de 2009

Coñece o teu fillo/a

OS NENOS E NENAS ENTRE TRES E CATRO ANOS
Comprensión das normas
Adquire nocións sobre o que é axeitado e o que non, fundamentalmente a partir das consecuencias dea súa acción (premio e castigo). A loanza e o reforzo teñen un gran valor a esta idade. Segue adquirindo capacidade para controlar a súa conduta e aprende que existen normas para estar en casa, no colexio, no parque...
Autonomía persoal
Segue avanzando na arte de vestirse, algo que xa pode facer practicamente só. Sabe como deben poñerse as pezas (distingue o dereito do revés), abrocharse os botóns, etc. Vai só, ao baño e perfecciona o seu capacidade para lavar a cara, as mans, os dentes...Come sen problemas utilizando os cubertos (culler e garfo).
A relación cos demais
Demanda estar con outros nenos; ten capacidade para esperar a súa quenda e cooperar no xogo. Gústalle observar ao adulto ao que imita constantemente.
Pode
ordenar e gardar a súa roupa e os seus xoguetes, poñer a mesa (panos da mesa, pratos, cubertos, etc.), facer pequenos recados (por exemplo, levar algunha nota ao profesor), coidar das plantas ou dalgún animal, etc.

ENTRE OS CATRO E OS CINCO ANOS
Comprensión das normas
Distingue entre as accións boas e as malas a partir da información que recibe dos adultos (é unha boa conduta se recibe aprobación e mala, se é reprendida), aínda que ás veces ten dificultades ante situacións concretas. Cando actúa deforma inadecuada pode responder que el non foise se lle pregunta directamente. É capaz de entender instrucións claras e sinxelas áhora de realizar diferentes actividades, aínda que ás veces responda cun "non quero".
Autonomía persoal
É capaz de asearse e vestirse só. Pode mesmo participar no baño se o adulto está preto para dalas indicacións. Áhora de comer pode empezar a utilizar o coitelo para cortar pezas sinxelas.
A relación cos demais
Empeza a entender o sentido da amizade e gústalle ter amigos. Xorde o xogo de regras, aínda que non o entende moi ben e enfádase se non gaña.
Pode
ordenar e gardar a súa roupa, xoguetes, libros..., preparar os obxectos que necesita para unha actividade determinada ou realizar recados sinxelos atendendo á súa idade e ao ámbito (ir á casa de un veciño a pedir algo, por exemplo).

ENTRE OS 6 E OS 8 ANOS
Desenvolvemento cognitivo
O seu pensamento permítelle falar do que non está presente, transformar situacións e pensar sobre elas, integrar toda a información que coñece, así como entender que existen puntos de vista diferentes ao seu. Interésalle o mundo que o rodea. Antes de dar unha resposta esfórzase por reflexionar e comprender a lóxica das situacións e dos obxectos. Cada vez é máis consciente do seu propia identidade, de quen e como é el.
As relacións cos demais
A súa familia seguirá sendo importante para el/ela como tamén empezan a selo outras persoas(compañeiros, profesores...). Empézanse a formar as primeiras cuadrillas ou grupos de amigos, máis ou menos estructurados, e son moi frecuentes os xogos de equipo. Xoga cos nenos e nenas que hai ao seu arredor, pero se trata de unións bastante fráxiles que poden romper por calquera incidente. A partir dos 6 anos o/a neno/a cambia o concepto de amizade: o amigo é aquel que comprácenos, que fai cousas que gústannos. Son frecuentes os enfados durante o xogo.
Comprensión das normas
O seu afán de coñecer e o desenvolvemento da súa autonomía lle permiten explorar o medio que o rodea dunha forma máis independente. Subordina a xustiza á autoridade adulta: as cousas fanse ou non porque os maiores dino. Coñece que existen normas e intenta seguilas. Ás veces fai trampas para saírse coa súa, pero sábeo e adoita sentirse mal por iso. Adquire as primeiras nocións de xustiza e a miúdo recorrerá a este concepto para que se lle trate como aos demais. Non aceptará que se lle castigue cando hai feito as cousas sen querer.
Pode
ordenar e coidar os obxectos da casa (aínda que se mostra despistado en ocasións), facer recados sinxelos (atendendo ás características deo seu ámbito), asumir responsabilidades en casa (encargarse do lixo, de poñer ou recoller a mesa, etc.).

ENTRE OS 8 E OS 10 ANOS
Desenvolvemento cognitivo
A atención e a memoria seguen mellorando. Pode estar máis tempo concentrado na tarefa e melloran as estratexias para memorizar: agrupa os elementos dunha lista en categorías para poder recordalos mellor, sabe que é máis doado comprender un texto para poder memorizalo, etc. A súa emotividade equilíbrase: os temores empezan a desaparecer e é capaz de controlar os seus impulsos (aínda que pódese enfadar con frecuencia). Os cambios cognitivos lle permitirán ir formando unha imaxe de si mesmo e empeza a facelo comparándose cos demais.
As relacións cos demais
A familia e outros adultos (profesores) seguen sendo referentes importantes. Implícase no xogo colectivo. Establece cos demais normas e é consciente de que, para ser admitido no grupo, debe respectalas. Entende a amizade como algo bidireccional, é dicir, que ambas as dúas partes deben implicarse para agradar ao outro. Aínda non a concibe como algo perdurable que haxa que coidar en todo momento. Aínda que cognitiva e socialmentevai logrando independencia, segue necesitando a aprobación dos adultos para formar unha imaxe positiva de si mesmo.
Comprensión das normas
Entende que as normas son necesarias, aínda que é normal que proteste ou enfádese cando non as cumpre. Empeza a distinguir entre o que está ben e o que está mal porque reflexinou sobre iso. Comprende os conceptos de verdade e mentira, xustiza e inxustiza, e é capaz de aplicalos a súa vida cotiá.
Pode
coidar das súas cousas e das da casa, tomar decisións razoadas, realizar recados (ir comprar a unha tenda próxima, por exemplo) ou algún arranxo sinxelo, etc.

ENTRE OS 10 E OS 12 ANOS
Desenvolvemento cognitivo
Xa non se deixa levar pola primeira impresión. Aumentan as preguntas sobre o funcionamento das cousas, as causas que orixinan os cambios, as consecuencias das transformacións...A súa capacidade de atención e memoria melloran notablemente. Utiliza estratexias máis elaboradas para memorizar como intentar repetir unha lección que hai aprendido cos seus propias palabras. É capaz de entender que existen diferentes puntos de vista e opinións diferentes á súa. Emocionalmente é capaz de apoiarse nas normas para controlar as seus emocións.
As relacións cos demais
Empeza a entender a amizade como algo recíproco entre dous persoas que comparten gustos e intereses e, sobretodo, que pode prolongarse no tempo. Valora a fidelidade e moléstalle que o amigo lle faga dano de forma intencionada. Tanto uns como outros, cando están en cuadrilla, poden actuar de forma rechamante para captar a atención, sobretodo a do sexo contrario.
Comprensión das normas
En canto ás normas, empeza a comprender que se fundamentan no respecto mutuo e que son necesarias para a convivencia en sociedade. Pode reflexionar sobre elas, discutir acerca da súa utilidade e flexibilizalas para adaptarse ás diferentes situacións. Por iso tamén é máis crítico consigo mesmo e con quen rodéano.
Pode
coidar dese mesmo (aínda que ás veces actúa de forma perezosa e descoidada), realizar recados máis complexos, asumir responsabilidades na casa de forma totalmente autónoma, coidar dos seus irmáns menores, etc.

miércoles, 4 de noviembre de 2009

Modelado

O modelado é un proceso de aprendizaxe observacional, no que a conduta dun individuo ou un grupo (o modelo), actúa como estímulo para xerar condutas, pensamentos ou actitudes semellantes, noutras persoas que observan a actuación do modelo.

Os nenos desenvolven un modelo e tratar de ser como eles, se esa persoa está constantemente influíndo neles. No caso da maioría dos nenos o modelo é o seu pai, a súa nai ou ambos os dous.


Os nenos aprenden a desenvolver afinidade a determinadas calidades e identificalos inmediatamente nas persoas. Dado que os pais ou os profesores son os máis próximos de persoas que interactuar con eles a diario son máis propensas a desenvolver modelos deles. A importancia do modelo na psicoloxía é enorme, xa que identifica o tipo de persoa e tamén o xeito de pensar.



martes, 3 de noviembre de 2009

Outro blog do colexio

As profes de Educación Infantil decidiron crear un blog para contarnos todas as cousas que están a facer nas clases. O blog chámase "ola piruletas"
Benvidas ao mundo Bloguero.
Pica na imaxe para ir ao blog "ola piruletas"

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.